1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O Concelleiro Juan Carlos Canosa contemplando as labouras de extinción do incendio

Cando un concelleiro está ao que hai que estar, centrado no seu traballo, pendente de axudar aos seus conveciños e non perdido en loitas de poder dentro do seu partido político que só afectan aos directamente interesados, reclamando a grandes voces o dereito do seu xefe a un salario digno a conta do contribuinte, entón é o primeiro en presentarse en calquer pequeno incidente que aconteza dentro da súa xurisdicción electoral. Para non ir máis lonxe este domingo 28 de xullo de 2013, sobre as 17:00 horas, declarouse un incendio no Barrio da Portela, en Camelle. Axiña se puxo en marcha un dispositivo de emerxencias que levaba ata o lugar do suceso á Protección Civil de Camariñas, a unha brigada forestal e á Garda Civil, así como aos concelleiros Juan Carlos Canosa Marcote e a Sergio Caamaño, os cales se presentaban raudos no citado enclave camellán para comprobar in situ o estado da situación.

O incendio, tampouco nos imos enganar, non foi aquel que devastou San Francisco en 1906 nin o que reducío a cinzas Moscú en 1812, pero con todo nun primeiro instante presentaba unha certa virulencia e vaian vostedes a saber o que podía pasar se os equipos de emerxencias non houberan apurado a xogada. Ao final todo quedou reducido a un alpendre que pasou a mellor vida por un fogo presuntamente provocado por unha parrilla mal apagada, xa que os indicios da hora e do día apuntan directamente a unha sesión de bar-ba-cué un tanto insensata. O caso é que a gran cantidade de leña apilada no lugar do suceso dificultou sobremaneira as labouras de extinción ata o punto de que foron necesarios catro camións de auga para apagar o lume. Os que sí que non estaban (como hai xa tres anos en Xaviña) eran os que andaban preocupados por recoller firmas, por manifestarse en Santiago de Compostela ou por solicitar entrevistas co Presidente da Xunta ou co Alcalde da Coruña, especialmente importante este último para todo o que teña que ver co noso concello. Céntrense ou mellor non estén.

Comentarios   

Moncho de Dios
+1 # RE: Incendio no Barrio da Portela, CamelleMoncho de Dios 29/07/2013 15:03
Tampoco entiendo parte de este comentario ,aqui en Camariñas gobiernan quienes gobiernan y no veo eso que tiene que ver con los jefes ni con los contribuyentes, los contribuyentes ya siguen pagando igual ,solo que el dinero es para Zaira y parece ser que a nadie le interesanlos pactos dentro de un partido,no veo ni el corazon ni la cabeza en este comentario,veo algo que no quiero poner ,olvidaros de Daqniel y acordaros que hicieron un pacto en Cee y que Diego Calvo no puede romperlo,quien lo puede romper es los concejales que se juntaron del partido judicial de Corcubion,Diego Calvo 1que vaya a pactar a Ferrol,y yo sigo siendo el de siempre,¿quien es el que escribe Diego?que discuta conmigo razonadamente
Denunciar ante o administrador
manfrei
-1 # RE: Incendio no Barrio da Portela, Camellemanfrei 29/07/2013 18:35
si señor que gran comparación de Camarinas.eu . mentras uns están a luchar polo sueldo de daniel outras persoas están ao que están como juan carlos que sempre foi unha persona dos pes a cabeza. Juan Carlos fas majas, eres un gran concejal espero que pronto podas facer más polo teu pueblo, sei que tes grandes proyectos para o pueblo.camelle necesita xente coma ti.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.