1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

As xentes de Camelle fieis un ano máis á tradición do Espíritu Santo

Camarinas.eu, a web que contempla o Concello de Camariñas como un todo informativo e na que cada parroquia aínda é máis importante que a anterior, faise eco en exclusiva da gran Procesión do Espíritu Santo de Camelle. Un batallón informativo do xigante mediático da Costa Atlántica foi enviado en misión informativa especial cara as brumas (municipais) do norte e trouxo consigo unha excelente reportaxe sobre un dos días sinalados dentro do calendario oficial camellán. A diferencia dunha oposición municipal ocupada en devorarse a si mesma a conta de urxencias sucesorias, non podía esta redacción abandoar aos nosos queridos compatriotas septentrionais en tal excepcional data e alí estivemos formando parte dunha troika oficial conformada a maiores non polo actual párroco interino de Camelle, Don Jesús, senón polos xaviñáns Don Mario e Don Lorenzo, en esforzadas labouras eclesiales supletorias axudado polas monxas e o Alcalde camariñán Pichurri, perpetuamente omnipresente nas distintas festividades das parroquias do Concello. Todo elo dou para un fermoso e entrañable evento relixioso do que Camarinas.eu publica unha completa galería fotográfica.

Engadir un comentario