Persoeiros na XXX Mostra do Encaixe de Camariñas II

Persoeiros na XXX Mostra do Encaixe de Camariñas II

Logo de que escasos días atrás se confirmara a presenza de Dolores Cortés e Julia de la Cal na vindeira Mostra do Encaixe de Camariñas (do 8 ao 12 de Outubro nesta ocasión) onte sumáronse dúas personalidades de grande importancia dentro do mundo da alta costura e a artesanía como son Edith del Valle e Charo López. ...
Persoeiros na XXX Mostra do Encaixe de Camariñas

Persoeiros na XXX Mostra do Encaixe de Camariñas

Achegase a data na que se vai a celebrar a trixésima edición da Mostra do Encaixe que este ano, por  mor da situación epidemiolóxica, se celebrará durante a ponte do Pilar  (do 8 ao 12 de Outubro) e con ela a lista de nomes que acudiran a cita para presentar os seus proxectos e pezas dentro do marco do encaixe. ...
Aberto prazo de inscrición para ser voluntario na Mostra do Encaixe.

Aberto prazo de inscrición para ser voluntario na Mostra do Encaixe.

Debido a situación sanitaria a trixésima edición da Mostra do Encaixe sufriu diversos cambios. Primeiro tivo que suspenderse, mais veuse ben substituída coa versión en liña acollida polos visitantes de un modo moi positivo. Logo diso, un ano despois foi preciso cambiar a súa data e deixar a semana santa a que ten acostumados aos seus visitantes para trasladarse a vindeira ponte do Pilar do 8 ao 12 de Outubro. Porén, esta celebración do encaixe na capital camariñá manterá a súa esencia e traerá como todos os anos os seus desfiles, os seus postos e todo o relacionado co mundo do encaixe así como outros elementos que a acompañan. Entre eles a convocatoria para formar parte do grupo de voluntariado sempre presentes nestas datas. Deste xeito, calquera persoa interesada en participar como voluntario e formar parte da organización nesta trixésimo edición da Mostra do Encaixe poderá chamar ou mandar unha mensaxe de Whatsapp a través dos teléfonos 653 27 63 88 ou 653 26 55 29 e presentar deste xeito a súa solicitude cuxo prazo se inicio onte, martes 14 de Setembro. A directora da Mostra, Dolores Lema, sinalou que “é unha edición moi importante para nós; ademais de tratarse...
Clausura da II Mostra do Encaixe Virtual

Clausura da II Mostra do Encaixe Virtual

Onte, domingo 4 de Abril, foi o final da segunda edición da Mostra de Encaixe Virtual de Camariñas cunhas cifras, ao igual que o ano pasado, espectaculares. Un total de 133.65o usuarios visualizaron as súas 56 publicacións nas diferentes plataformas deste evento dixital. Na primeira edición da Mostra Virtual a cifra  de persoas alcanzadas foi de 237.962 nun total de 175 vídeos publicados. Este ano, debido ao cambio de natureza do evento onde o protagonismo se centraba no comercio local e o certame de Jovene Deseñadores, optouse por reducir o número de publicacións e aumentando o alcance medio de cada unha delas, pasando de 1.359 persoas por post o ano pasado a 2.386 persoas neste. As cifras en torno aos 12 stands participantes foi relativamente alta cun total de 61.018 as que os visitaron. Neles existiron ofertas especias durante estes días  de Mostra Virtual para aquelas persoas que quixeron mercar produto local relacionado co encaixe. Os stands, ademais, facilitaban a compra con diversos métodos de pago e envío para todos os seus clientes. Na última xornada realizouse o acto de clausura a mans da directora da Mostra, Dolores Lema, que agradeceu “inmensamente a todas as persoas que non se ven...
Comezan as ofertas dos comercios nesta II Mostra do Encaixe Virtual

Comezan as ofertas dos comercios nesta II Mostra do Encaixe Virtual

A Mostra do Encaixe de Camariñas leva máis de trinta anos a ser unha das citas ineludibles da semana santa galega. Porén, o ano pasado, por mor da situación epidemiolóxica, tivo que reinventarse e comezar unha nova modalidade que neste ano ve a súa segunda edición. ...