Campaña de nadal no MerCamariñas

Campaña de nadal no MerCamariñas

Chega a campaña de Nadal e con el as compras asociadas a esta época como cada ano. Porén, desta vez as cousas son un tanto diferentes, polo menos no Concello de Camariñas. Isto débese a presenza do MerCamariñas, unha plataforma de compra online específica desta zona da costa da Morte. Nela os usuarios poden mercar nas tendas do comercio local sen saír das súas casas e recibir a compras efectuadas na mesma. Deste xeito, e co obxectivo de dinamizar a economía local, o goberno do Concello camariñán repartirá 400 euros en total entre aquelas persoas que se decidan a realizar as súas compras na plataforma MerCamariñas. Isto farase a través de un sorteo entre os usuarios de 10 vales por valor 40 euros e que se poderán gastar en calquera dos locais de hostalería do municipio. Ao mesmo tempo e para facilitar o uso da plataforma os establecementos da plataforma contarán cun código QR que colocarán nas portas das súas tendas. Así, as persoas que desexan visitar a páxina do MerCamariñas que lle corresponde so terán que escanealo e accederán a mesma. ...
O “Mercamariñas” xa está aquí

O “Mercamariñas” xa está aquí

O “Mercamariñas” é unha plataforma de venta online para os comercios locais do Concello de Camariñas. A idea de realizar este proxecto xurde a raíz do pasado confinamento e as dificultades que propicio este para o pequeno comercio local. Con el pretendese axudar a estes negocios a iniciarse na venta online que a día de hoxe acapara gran parte do mercado e até o de agora os deixaba a marxe do mesmo. ...
Chegan as primeiras axudas do PEL Reactiva

Chegan as primeiras axudas do PEL Reactiva

O PEL Reactiva é un plan de axudas económicas destinadas aos autónomos e microempresas que se viron afectados pola declaración do Estado de Alarma durante o ano 2020. Cofinanciado pola Deputación da Coruña, o seu propósito é o de axudar a estes pequenos negocios subvencionando a compra de elementos como o material desinfectante e limpeza, seguros de abastecementos, adquisición de pantallas, arrendamento de locais, maquinaria... ...
O Concello de Camariñas estuda un convenio con Correos para o "Mercamariñas"

O Concello de Camariñas estuda un convenio con Correos para o "Mercamariñas"

Dende o Concello de Camariñas estase a estudar un convenio de colaboración con Correos para ofrecer tarifas especiais e outros beneficios nos envíos das tendas adheridas ao “Mercamariñas”. ...
Comezan as titorías do MerCamariñas

Comezan as titorías do MerCamariñas

Esta semana comezaron as titorías presenciais nas tendas adheridas ao “MerCamariñas”, proxecto que xorde dende o Concello de Camariñas para axudar ao comercio local a adaptarse a venta online mediante unha central no dominio web www.mercamarinas.com. ...