- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camelle e Arou Camelle e Arou
- Created: 22 Agosto 2012 22 Agosto 2012
Non sabemos si tamén contando ca xa clásica ausencia dos principais representantes do PP no Concello de Camariñas, pero o caso é que este xoves 23 de agosto arranca en Arou unha nova edición da Festa de San Bartolo. Bufff, Arou, alá arriba e esta xente siempre tan okupada... en verdade non sabemos, pero admítense apostas. No caso de que finalmente algún destes dous cráneos navieros decida asomar os fuciños pola nosa coqueta poboación norteña atopará unha xigantesca sardiñada de balde o xoves (o cal non está mal para ir enchendo o bandullo ante o negro futuro que se lles aveciña), e a actuación da Orquestra Trole. Para o venres, atoparían unha desas misas solemnes que se soen pasar polos forros tan católicos eles e unha sesión vermú e unha verbena pola que poderán andar a tombos e finalmente caer espatarrados cos pes para arriba estilo noite de San Juan a cargo das orquestras Gran Parada e Marbella.
Senón se fumaron a misa do venres teñen outra gran oportunidade de perpetrar un novo desprecio ás boas xentes dunha vila do noso concello pasándose polo arco do triunfo (como as asambleas náuticas, os contratos e as sentencias) a misa na honra da Inmaculada Concepción do sábado 25 de agosto e non sacando a bailar os peliños de mostacho máis famosos da Costa da Morte cuns bailongos frenéticos aos sons de Xente Nova e Blue Star o sábado noite. Esto é o que atoparían as súas excelentísmas autoridades navieras si optasen por okupar uns minutiños do seu tan abundante tempo libre en participar nalgún dos actos festeiros que tan competentemente elaborou a Comisión de Festas de Arou. Tamén poden decidir estar presentes e abanear en público. Estilo Boris Yeltsin (da Costa da Morte).
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.