Segue Camarinas.eu implicada cas boas xentes do noso concello no seu vivir diario sen xuzgalas pola súa militancia política nin pola procedencia das mesmas. Agora a caravana festeira da web líder da Costa Atlántica detense na zona máis septentrional das nosas terras, alí onde este fin de semana se honrará por todo o alto á Virxe do Carme. Todo está listo en Camelle para que este venres 3 de agosto de 2012 a orquesta Nova Generación e a disco móvil Landy marquen o inicio dos tres días de festa ininterrumpida que terán o seu clímax cando ao mediodía do sábado a espectacular Danza de Arcos de Camelle entre en acción como prolegómeno á Procesión Maritima, despois xa serán Galilea e Combo Dominicano os que amenicen musicalmente as veladas camellanas. Todo elo para o domingo 5 Grupo Midas poñer o digno telón de fondo a unhas festas ás que, como non podía ser menos, aquí en Camarinas.eu faremos un amplio seguemento e da que publicaremos a súa correspondente galería fotográfica.