O cetáceo atopado na praia de Arou en avanzado estado de putrfacciónÉ evidente que os usuarios de Camarinas.eu son o alma-mater desta web que día si e día tamén nos comunican acontecementos e sucesos aos que esta redacción non pode chegar por razóns obvias. Desta volta mándannos dende Arou unhas fotos do cetáceo aparecido estes días nas súas augas e que rematou por encallar en avanzado estado de descomposición no fermoso e concurrido areal da citada poboación norteña. O caso é que aínda que o animal non sexa dun tamaño considerable o cheiro que chega a expeler é moi considerable e polo tanto todo aquel que se aproxime polo impresionante paseo marítimo de Arou vese obrigado a olfatear un intenso hedor a animais putrefactos (tal e como si pasáramos polo Muelle Novo de Camariñas). Entendendo o servizo que esta web realiza para o beneficio de todas as xentes do noso concello, esta redacción púxose en contacto con Protección Civil de Camariñas a cal ao mesmo tempo comunicouse co CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños). Acto seguido Protección Civil volvío a porse en contacto con Camarinas.eu para informarnos de que este organismo enviará unha unidade móbil nas próximas horas hacia a Praia de Arou para catalogar ao animal e proceder á recollida dos restos do mamifero mariño.

Engadir un comentario