¿Outra víctima máis da terrible persecución do Lorcho?

Eran cerca das 9 da noite deste martes 6 de setembro cando na redacción de Camarinas.eu recibíase a urxente chamada doutro avispado usuario da nosa web para informarnos da aparición dun cetaceo na Praia de Arou. O suposto mamífero mariño (que non lobo) era dun tamaño de considerables dimensións e, aínda que non se pudo confirmar a especia á que pertencía, falaban por alí os máis vellos do lugar que se trataría dunha grande toldiña que ven a morrer as tranquilas augas da Praia de Arou ao que outros rebatían esa hipótese e opinaban que podía tratarse dun ¿bebé? de cachalote abandonado pola manada ou morto por unha grave enfermidade... incluso hubo algún redactor desta web que decía cautelosamente que podía tratarse dun tiburón deses asasinos que tanto éxito tiveron no mundo do celuloide. O caso é que o animal pode levar xa varios días morto e á deriva si facemos caso ao deteriorado estado no que se atopa e ao edor pestilente que das súas entrañas emana.

Tamén foi moi comentado entre risas por varios veciños que por alí se atopaban (sempre supostamente e nunca confirmado por esta redacción), poda  tratarse este animal (desta vez si) do corpo inerte do redactor máis cómico e dicharachero da web dos socialistas de Camariñas "O Lorcho" o cal (supostamente e nunca confirmado por nos) segundo pudo saber esta redacción foi desta volta atrapado in-fraganti polo (suposto) tumulto que o persegía nunha das fergas nas que habitaba tranquilamente e, collido coas mans no seu pequeno ordenador mariño no que estaba a maquinar outra das súas, foi apaleado ata que confesou ser o autor dos artigos polos que estaba en trámites de busca e captura urxente. Cousa pola cal se desbotou a posibilidade dun xuizo rápido e se optou felizmente pola execución sumaria a base de jarrotasos e acabar dunha vez por todas co terrible e dicharacheiro redactor. O outro ser mariño que aparecío na zona do barranco da Calle Vulcano supostamente (e nunca confirmado por esta redacción) apaleado hai unha semana podemos calificalo neste caso como insignificantes DANOS COLATERAIS co que queda desta maneira resolto o asunto e libres de toda culpa os autores do suposto (e nunca confirmado por esta redacción) salvaxe axuste de contas. En fin, como en Arou non había Café Bar Arnela nas inmediacións desta volta si que vos podemos ofrecer un par de fotos que decoren esta triste (e cómica tamén) noticia.

{phocagallery view=category|categoryid=744|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Engadir un comentario