1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Don Eulogio acompañado polo Alcalde Pichurri e o Patrón MaiorEste miserable verán que estamos a pasar tirou por terra moitas ilusións e sobre todo desanimou moitísimo á gran comisión de festas que ten Camelle e que está patroneada pola nosa gran amiga Perla. Unha comisión que tivo que capear con moitas adversidades, non só coas inclememncias do tempo senón sobre todo coa decisión discutible dunha orquesta que non quixo tocar para os veciños de Camelle.

O venres a cousa non pintaba ben e aínda que o Churrasco pronto desapareceu entre a muchedumbre que se deu cita para saborear esta exquisita carne preparada pola comisión de festas, a Orquestra Panorama parecía non acabar de montar o seu grandioso escenario. Despois de moitos intentos ao final confirmouse que non se ía a poder montar esta aparatosa e voluminosa estructura por parte dos técnicos da orquestra, esgrimindo condicións meteorolóxicas. Darémoslle un voto de confianza a este espectacular conxunto pero temos que decir tamén que a súa decisión marcou o desenrolo das festas. Esperemos que os responsables da mesma saiban estar a altura e resarcir o dano que se produxo queremos pensar que involuntariamente.

O sábado 16, Día do Carme, amenceu da peor maneira posible: chuvioso. A procesión baixou ata o peirao moi triste e só a Danza dos Arcos animaba un pouquiño o ambiente. Detras das imaxes da virxe só se viron o cura Don Eulogio e a representación do Concello conformada polo Alcalde Pichurri e a Concelleira Mercedes Martín. Aínda que con algunha choiva polo medio que obrigou a tapar as imaxes e ao párroco. A misa desenrolouse rapidamente e o final a nosa querida amiga Chita de Regueira regalou a todos os emocionados presentes na procesión unha preciosa canción sobre Camelle e os seus mariñeiros. A continuación tivo lugar a clásica procesión marítima ata Arou onde recibiron aos barcos e lanchas camelláns que portaban a súa Virxe do Carmen con unha espectacular traca.

{phocagallery view=category|categoryid=723|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Engadir un comentario