1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Era as 11 e cuarto da mañá deste soleado e veraniego xoves 11 de agosto cando na parroquia máis norteña do concello saltaron tódalas alarmas a causa dun incendio declarado no monte denominado Alto do Canaval que ocupa as hectareas que separan os pobos de Camelle e Arou. O incendio era visible dende os dous pobos xa que se declarou na cresta do monte. Debido ao forte vento predominante durante toda esta mañá o lume extendeuse sen problemas e pronto se puxo en marcha por parte dos veciños e tamén por parte do Concello de Camariñas un operativo de urxencia para tratar de evitar que o pequeno pero inaccesible cacho de monte que estaba a ser pasto das crecentes lapas pudera converterse nun incendio de considerables dimensións. Ata o incendio tamén se acercaron para axudar nas labouras varios concelleiros do Concello de Camariñas entre os cales se podía ver especialmente preocupadas á representante de Camelle Mercedes Martín e de Arou Gemma Pedreira.

Tralas chamadas realizadas aos equipos de emerxencias, presentáronse rapidamente no lugar do lume un helicóptero, tres motobombas varios equipos de brigadistas e persoal de apoio do Concello de Camariñas. Os traballos par parte dos profesionales foi moi efectivo xa que en pouco tempo lograron controlar o lume aínda que este se declarara nun lugar de difícil acceso. A pesar das escasas alarmas provocadas polo lume no noso concello durante este verán non hai que baixar a garda posto que, en calqueira momento e sen avisar, podemos vernos atrapados nun xigantesco incendio como o acaecido en Xaviña hai pouco máis dun ano.

Engadir un comentario