4.8478260869565 1 1 1 1 1 Rating 4.85 (46 Votes)

“...él sempre me dixo que prefería morrer antes de que lle destruíran o seu museo.”

Camarinas.eu segue a preparar de forma intensiva o 1º Encontro de Man que terá lugar na Casa do Alemán de Camelle o próximo sábado 17 de novembro, e no que está prevista a asistencia de renombrados membros do mundo da cultura. Entre os asistentes ocupará un lugar destacado Concepción Regueira Pardiñas, "Chita" a gran amiga de Manfred e a persoa que mellor o coñecía, a cal foi obxecto da entrevista debut da reporteira que ven do Norte (do norte do Concello de Camariñas, Camelle), Silvia Baña Rodríguez. Ao longo da charla que mantiveron as dúas camellanas, Chita fai un repaso exhaustivo da vida de Man en Camelle e conta numerosas anécdotas do xenio iconoclasta alemán.
Agora comezado o outono, Chita como tódolos anos comeza as clases de palillo. Quéixase con amargura de que este ano o número de alumnas é menor e que por eso non poderá presentar á competición a labor das súas pupilas, pero  por outra banda móstrase moi ilusionada de que a partires de agora as clases de palillo se desenvolvan na espectacular nova Casa Cultural de Camelle. Alí, no tercer andar do edificio, ca vista incomparable dos montes de Sabadelle e do porto mariñeiro de Camelle como testigos, poidemos falar con ela, sobre todo para coñecer da súa vida e indagar un pouco sobre o seu gran amigo Man.

Chita móstrase moi orgullosa das súas rapaciñas: “cas nenas lévome moi ben, a  verdade  é que de sempre o material humano co que traballei foi moi bo, tradicionalmente das rapazas de Camelle saíron moi boas palilleiras. Levo 16 anos dando clases de palillo en Camelle, pero últimamente tamén dou clases  de ganchillo e calceta para que teñan máis interese, xa que lles costa moito estar sentadas palillando debido a que agora hai moitas actividades para elixir”. Por este motivo  Chita solicitou que este ano tamén se dera clase a xente maior que non sabe palillar.

A perpetuación dunha antiga tradición entre as novas xeracións
A perpetuación dunha antiga tradición entre as novas xeracións

 

Agora que xa coñecemos a Chita, indagamos un pouco sobre a  relación que tiña con Man unha das persoas que mellor chegaron a coñecer ao inclasificable artista camellán.

¿COMO CHEGOU MAN A CAMELLE?
“Él viña con máis alemáns viaxando pola Galicia daqueles tempos, pero non sei por qué separáronse, e él colleu a ruta de Traba e chegou a Camelle por Sabadelle cunha mochila. Levárono a casa de Eugenia, muller de Pepe Baña Heim, que era alemana. Man fíxose amigo deles e deixáronlle vivir nunha casa que tiñan na entrada do pobo, a cal aínda se mantén en pe”
¿COMO FOI A PRIMEIRA IMPRESIÓN DE MAN?
Pois imaxínate, naquela época non era moi doado ver extranxeiros por estas terras. Asustámonos porque non lle entendíamos. Un tempo despois da súa chegada, para agradecer a nosa amistade, fíxonos unha cea a todos, era algo raro: cunha sartén, aceite, fariña…era moi raro, matámonos de risa pero logo intentamos comelo.
¿SABES ALGO DO SEU PASADO?
Man pertenecía a unha familia composta por sete irmáns. O pai tiña unha panadería e logo puxo unha tenda de venta de cactus ca que fixo moitos cartos, pero a súa madrastra, da que Man sempre decía que era moi mala, arruinoulle a vida ao seu pai e por iso Manfred decidiu marchar. A segunda muller non quería que o seu pai traballara tanto, viciáronse no xogo e acabaron arruinados. O final os fillos dábanlle cada un 100 marcos tódolos meses.
¿QUÉ FOI O QUE LLE FIXO QUEDARSE EN CAMELLE PARA SEMPRE?
Antes de chegar a España, xa estivera en Suiza, e dende o primer momento que pisou Camelle xa non pensou en marchar de aquí nunca máis. Él non quería volver a Alemania por nada do mundo, que non lle falaran do tema, él encontrou en Camelle o seu sitio ideal de paz e tranquilidade. Tan só ao principio sí que falaba do seu irmán Roland.

¿POR QUÉ COMEZOU A AMIZADE DE MAN COA TÚA FAMILIA?
Trouxérono a casa de miña nai, que facía de posto de Correos en Camelle, para enviar unha carta. A partir de entón  viña continuamente a enviar cartas e nós axudábamolo en todo o que podíamos. Ademáis, tes que ter en conta que os 20 anos cando me casei, alá polo1964, emigrei a Kassel, na rexión de Hesse, no centro de Alemania, e estiven alí 12 anos, o meu home un máis. A miña filla naceu alí. Traballaba de costureira, e claro, aprendín o idioma alemán, co que podíame comunicar con él moito máis fácilmente que o resto das persoas de Camelle.
O pouco tempo de estar aquí veu a policía porque pensaban que era mala xente, e querían saber se tiña correspondencia de Alemania e do consulado alemán. A miña nai díxolle ós policías que era boa persoa e que se escribía con Roland e a familia.

Diante do Colexio das Esclavas en Riazor nos anos 60
Diante do Colexio das Esclavas en Riazor nos anos 60

¿MAN TIÑA ALGÚN AMIGO ESPECIAL EN CAMELLE?
A familia do Correo (Pura, Antonio, Yoli, Dita, Pepe, Vicente e eu), a verdade  e que quitámolo dun montón de apuros. ¡Incluso á miña nai chamáballe mamá correos!. Ademáis  de Yolanda, a miña sobriña que traballa na Escola Oficial de Idiomas de Vigo e na Universidade como profesora, e que entendíase a perfección con él nun dialecto do alemán que Manfred utilizaba e que se levaba de maravilla con él.
A HISTORIA DA PROFESORA,  ¿É VERDADE?
Sí, é certo. Era unha profesora que traballou na escola de Camelle fai moitos anos. Realmente ela xa tiña outro noivo, non había ningunha relación mais alá da amistade, ela quería aprender alemán con él, pero bueno...xa se sabe. Man tivo moita pena cando ela marchou, a partires de aí comezou a cambiar a súa vida.
Bernardo Cerquera, o director da película sobre a vida de Man, que recentemente se presentou na Casa do Alemán de Camelle, puxérase en contacto con ela pero preferiu manter o anonimato.
¿CRES QUE MAN SE SENTÍA QUERIDO POLO POBO DE CAMELLE?
Había de todo un pouco, tivo problemas con moita xente. Era moi testarudo e un pouco egoísta. Quería mandar no seu entorno, e bueno sí, algún xaleo se ten armado cando pretendeu cobrar a todo aquel que quixera acceder ao recén construido dique de abrigo. A xente tiña que facer un esforzo para entender que estaban ante un ser humano un pouco especial.
¿MAN ERA RELIXIOSO?
“Cando chegou a Camelle sí, pero cando foi para a caseta foi cando cambiou”

Silvia e Chita revisan vellas fotos de Man
Silvia e Chita revisan vellas fotos de Man

¿MAN PEDIUCHE FAVORES OU AXUDA CANDO ESTIVO ENFERMO?
“Non, non quería a ninguén rondándolle cando estaba enfermo”. Así, cando Man estivo ingresado no hospital Virxe da Xunqueira de Cee ían os periodistas a entrevistalo pero él non quería que entrara ninguén. Estaba moi contento co trato recibido no hospital, pero quería voltar á súa casa. Man tiña cuberta a Seguridade Social polo Concello de Camariñas, gracias ó cal tamén recibía unha pequena paga mensual.

CÓNTAME ALGUNHAS ANÉCDOTAS DA PERSONALIDADE DE MAN
“Un día Man ven conmigo, Vicente e outros amigos a Coruña de paseo, a Riazor. Eu pedinlle a Man que fora ben vestido porque me daba vergonza que fora pola Coruña co taparrabos. Él fixome caso, pero foi descalzo e unha vez na Coruña aproveitou para comprar pinturas para o museo. Creo que existen fotos de aquel día, Man aínda levaba o pelo corto.
Chita, emocionada ó ter que falar do seu gran amigo Man, recórdanos tamén algo similar, cando Man foi a Madrid a unha entrevista para a Televisión Española. A Man non lle gustou nada o vestiario que lle impuxeron e sentíuse moi incómodo, non lle gustaban as normas.”

“Era moi educado, moi meticuloso e ordenado, nunha palabra: moi alemán. Él solía decirme: “Soy como Robinson, mi vida no se la explico a nadie.””
“Man non contaba as súas cousas, ninguén  coñecía exactamente a súa vida. Era moi reservado”.
“Defendía a morte os animais e as prantas”
“É verdade que Man lle enviaba cartos á xente pobre”.
“Bañábase no mar ás 7 da mañá e ás 7 da tarde”
“Pintaba lienzos e enviábaos a embaixada en Madrid. Non lle pagaban nada e eu non o entendía”
“Por todos é sabido que Man era vexetariano, comía só o necesario para sobrevivir, desa forma, cantas menos necesidades tiña dicía que se achegaba máis a felicidade. Ademáis tamén son ben coñecidos os seus paseos correndo todolos días do ano, e sempre prácticamente espido, sen frío nin calor”.

¿MAN FALABA CONTIGO  ULTIMAMENTE?
Sí, algo sempre me contaba dos seus problemas, pero non todo, era moi solitario e reservado. Ti Silvia ben sabes como vivía, era un  home que lle gustaba vivir en soidade, no mundo que él mesmo se construira.

A nosa reporteira nórdica cumplío con nota a súa entrevista debut
A nosa reporteira nórdica cumplío con nota a súa entrevista debut

¿CÓMO VIVIU MAN O PRESTIGE, O CHAPAPOTE ACELEROU O SEU TRÁXICO FINAL?
Moi mal. Vicente, o meu home foi a falar con él uns catro días antes de morrer e agarrouse a él chorando, desesperado. Aínda non sabemos cal foi o motivo da súa morte pero él sempre me dixo que prefería morrer antes de que lle destruíran o seu museo.
A lacra do chapapote fixo que nese breve tempo Man estivera deprimido e triste o ver a intrusión de todos aqueles estranos no seu museo.
Finalmente, cando morreu Man era o día dos Santos Inocentes de 2002, agora van facer cinco anos xa, e o avisaren a familia de Chita eles nun primer momento non o creeron, tal era o grado de amizade que esta familia camellana de toda a vida chegara a acadar co xenio alemán. E sobre todo, nótase a dor e o pesar na voz quebrada de Chita cando ela comenta que “non puidemos facer o velorio na nosa casa porque non estábamos en Camelle naquelas datas navideñas”.
¿QUÉ PENSARÍA MAN Ó VER QUE SE ESTÁ TRABALLANDO PARA RECUPERAR A SÚA OBRA?
Estaría moi contento, contentísimo, porque o museo era a toda a súa vida.

Hai que dar por rematada a entrevista: ó terceiro andar da Casa Cultural de Camelle, nomeada con toda xustiza Casa do Alemán en honor ó artista que posiblemente mellor soubo reflexar a beleza salvaxe da Costa da Morte, van chegando ilusionadas, ca almofada entre as súas pequenas mans, as rapaciñas camellanas para, recibindo as leccións introductorias das sabias mans palilleiras de Chita, perpetuar a tradición que fixo grande ao noso Concello: a tradición do mellor encaixe do mundo, o encaixe de Camariñas.

Engadir un comentario