O Museo do Alemán de Camelle sufrío graves destrozos este noite debido ao temporal

As primeiras noticias que empezan a chegar dende Camelle e Arou non poden ser máis alarmantes. O forte temporal que arribou ás costas galegas na tarde deste luns 8 de novembro causou estragos nas dúas poboacións do noso concello máis expostas pola súa situación estratéxica aos temporais chegados dende o noroeste e así un regueiro de destrozos alfombra o camiño que vai dende Santa Mariña ata Camelle. Especialmente grave foi o acontecido na vila máis norteña do concello onde un mar desencadenado causou destrozos alarmantes no conxunto artístisco invaluable do Museo do Alemán. O land-art (arte efímero) de Manfred Gnadinger resultou ser máis fugaz que nunca e quen sabe si algún día poderán repararse os gravísimos destrozos causados no Museo de Man. Asemesmo, un tramo da carretera que leva de Arou a Camelle, entre o porto arouán e a nova EDAR, desaparecío literalmente do mapa, arrasada por un furacán de mar e pedras. A forza das augas chegou incluso a desprazar varios metros os balaustres de pedra maciza que adornan a praia arouana, situación que xa foi arranxada a primeiras horas da mañá por un equipo do Servizo Municipal de Obras. Tamén puidemos saber que o temporal causou danos de consideración no porto de Santa Mariña, arrasando nasas, casetas, barandillas e carreteras. Por outro lado, a normalidade foi a tónica detonante na capital municipal onde o temporal apenas se deixou sentir. Foi na cara norte do concello onde o cicloxénese explosiva do luns 8 de novembro de 2010 será recordada, desgraciadamente, durante anos.

Comentarios   

ReyesFP
+3 # Destrozos no Museo do AlemánReyesFP 09/11/2010 14:26
COMENTARIO ELIMINADO POR SU AUTOR

Reyes
Responder | Denunciar ante o administrador
camellana
0 # somos pobres, trabajadores pero no ignorantescamellana 10/11/2010 09:28
Estamos cansados de oir lo que piensan muchas personas sobre nuestro museo. Si para nosotros, que verdaderamente es a quien nos importa, es un museo, no veo a que tenga que venir nadie a cuestionarlo.
Así como creo que tampoco tienen nada que opinar sobre Mandfred la gente que no lo ha conocido. Por lo tanto por respecto a la mayoría de los Camelláns que adoramos nuestro pueblo y todo lo que hace referencia a él, opiniones como la suya, la verdad es que sobran.

Y déjeme añadir que nadie le ha robado nada al mar. Porque esos terrenos tienen dueño y no son precisamente del mar.... Es muy fácil hablar, verdad???se ha parado a pensar que seguramente los que tienen sus casas en esa línea es porque no tuvieron más remedio que hacerlas ahí???? o se cree que los marineros camelláns somos tontos, SEÑORA???? Somos pobres, honrados y trabajadores pero no somos ignorantes!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
POBO DE AROU
+1 # RE: Destrozos en Camelle e ArouPOBO DE AROU 10/11/2010 15:07
eu estoy agradecido ao temporal polo sucedido na carretera q une camelle con arou , xustamente no tramo do porto de AROU , xa q a carretera levaba moitos anos en mal estado e nunca se decidiu arranxala.
espero q agora a deixen ben feitiña e cunhas aceras para os peóns , q son moitos os veciños de ambolos dous pobos .

un saudo: POBO DE AROU.
Responder | Denunciar ante o administrador
Miguel Angel Batres
+2 # Destrozos en Camelle e ArouMiguel Angel Batres 10/11/2010 17:38
Expresar desde éste e-mail mis mas sinceras condolencias al pueblo de Camelle por la pérdida del Museo do Aleman.
La primera vez que lo visité fue hace tres años y me pareció, al igual que el pueblo y sus gentes, un lugar maravilloso.
Soy un madrileño, para más señas de la localidad de Valdemoro, enamorado de ese bello pueblo, que espero y deseo que se unan para poder rehabilitar, dentro de lo posible, ese bellismo museo que les regaló Manfred Gnadinger.
Un saludo
Responder | Denunciar ante o administrador
Camellan
+2 # Magoa o do museo de man.Camellan 10/11/2010 18:35
O arte defineo cada persoa, e polo tanto o museo de Man ten tanto ou mais de arte que outras manifestacións que se poden atopar en moitas galerias polo mundo, só que neste caso atopanse nun lugar que xa é arte por si mesmo. Todos somos conscientes de que a ubicación do museo de Man fai que dito arte este esposto a sucesos coma os deste temporal, que so fixo que adiantar a súa destrucción xa evidente pola desidia das autoridades competentes. Camelle ten moita beleza natural que ofrecer os visitantes pero a obra de Man era algo peculiar e simbolo dunha maneira de vivir, polo que debe entristecernos. Lamentablemente seguro que hai xente que incluso lle parezan poucos os danos no museo de Man. Se cando era posible restaurar e manter dito espazo en condicions non se fixo nada, seguro que agora aínda se vai facer menos, polo que vexo moi negro o futuro do museo de Man, espero equivocarme e que este suceso so sirva para activa-los esforzos para poñer en valor o legado deste home singular, tanto no que respecta a este espazo coma no relativo a exposición da sua obra.
Responder | Denunciar ante o administrador
ReyesFP
+2 # RE: Destrozos en Camelle e ArouReyesFP 10/11/2010 20:06
La opinión del anterior comentario (CAMELLANA) me merece todos los respetos, aunque, posiblemente por ignorancia mía, no la comparto. Me gustaría que todos respetasen igualmente las opiniones de los demás, incluso cuando sean diferentes.

Porque, en mi caso, lo último que quisiera es ofender a nadie, he procedido a borrar mi comentario inicial, en un ejercicio de tardía autocensura.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
+2 # RE: Destrozos en Camelle e ArouBeldoña 10/11/2010 21:32
Eu son camariñán e amo a miña terra con locura. O meu pai era un apasionado, como o son eu, deses lugares maravillosos como son SANTA MARIÑA, AROU, CAMELLE… Os meus fillos teñen verdadeira pasión por aquelas plaias brancas e calas sin igual…Dito esto, respecto a, si a unha persoa lle gusta ou non, determinados museos ou lugares, eso é algo moi persoal.
Existen verdaderas xoias catalogadas por “entendidos” que non son aceptadas, como tale, por moita xente. Por iso, como se dí “ para gustos hay colores “…o que sí, creo, é que TODOS EN ESO COICIDIMOS, EN QUE ESOS PARAXES SON FERMOSISIMOS, PRECIOSOS, MAXESTUOSOS QUE, DE POR SÍ, XA SON DIGNOS DE VISITAR.( e, si o Museo se pode restaurar, mellor que mellor PARA TODOS)
Un saudo AMIGOS

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador