4 1 1 1 1 1 Rating 4.00 (1 Vote)
O Concello de Camariñas está organizando a que será o Primeiro Encontro Man de Camelle.

O Concello de Camariñas está organizando o I Encontro Man de Camelle que se vai realizar o 17 de novembro no centro cultural Casa do Alemán en Camelle.
Está previsto que acudan persoeiros como: Suso de Toro, Miguel de Lira, Lara Bacelo, Rosa Aneiros, Ana Romaní, Antón Lopo, Xurxo Souto, Nacho Porto, Xoan Abeleira, Juan Creus, Miguel Anxo Fernán Vello e outros como Antón Castro enviaran comunicados para ser lidos.

Trátase de reflexionar sobre Manfred Gnädinger, como home e artista: a súa filosofía vital, a pintura, a escultura, a faceta ecoloxista, etc. Realizar propostas, e dar a coñecer os proxectos que se pretenden realizar para a recuperación do legado de Man de Camelle.

Os actos empezarán o sábado 17 ás 11:00h  e tras unha pausa para a comida seguirán pola tarde. Na maioría dos casos consiten en relatorios, pero tamén se proxectará a curtametraxe de xénero fantástico Man dirixida por Juan Carlos Abraldes e Luis Faraón. Por outra banda, estanse xestando outro tipo de actividades que se especificarán no programa cando estea totalmente configurado.

DESDE O CONCELLO DE CAMARIÑAS TENSE COÑECEMENTO DE QUE SON MOITAS AS PERSOAS VENCELLADAS  Á CULTURA EN GALICIA E DE FÓRA DE GALICIA QUE ESTÁN TRABALLANDO ILLADAMENTE SOBRE ESTE ARTISTA, POR ISO QUERE CONVIDALOS A QUE ASISTAN A ESTE ENCONTRO QUE PRETENDE SER  UN ESPAZO DE REFLEXIÓN E DEBATE DESTAS PERSOAS SOBRE TODO O QUE TEÑA QUE VER COA OBRA DE MAN, EN TÓDOLOS ASPECTOS.

Todo aquel que estea interesado en participar deberá poñerse en contacto con Ana María Martínez Díaz no teléfono 981737234 ou no  correo:  Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Engadir un comentario