4.8275862068966 1 1 1 1 1 Rating 4.83 (58 Votes)
Manfred Gnadinger, o xenial Alemán de Camelle, seguirá entre nós para sempre
Manfred Gnadinger, o xenial Alemán de Camelle, seguirá entre nós para sempre

Exclusiva camarinas.eu : O Concello  de Camariñas da os primeiros pasos para a conservación do Museo de Man

Nunha reportaxe publicada o xoves 30 de agosto ("Resultado final enquisa museo de Man") , camarinas.eu apuntaba xa  a que na nosa opinión era a solución idónea para salvar o Museo de Man: "Que se faga un inventario de todo o seu patrimonio para que desta forma as distintas administracións poidan, coa axuda dos citados artistas, proceder ao mantemento e reposición de todas as obras que compoñen un patrimonio artístico único". Non sabemos se influidos por camarinas.eu, finalmente tras varios anos de abandono polas distintas administracións, tivo que ser o Concello de Camariñas o que se puxese mans á obra para evitar que o legado do xenio desaparecese entre a xeral apatía cunhas medidas en parte coincidentes cas propostas no seu día polo diario on-line máis leído de toda a Costa da Morte. Da man de Silvia Baña Rodríguez, encargada da formación do inventario dos bens do xenial e iconoclasta artista, camarinas.eu poido asistir a través dun recorrido exhaustivo a tódalas actuacións emprendidas dende o Concello para salvar o legado dun artista único: Manfred Gnadinger, o noso alemán de Camelle.
Silvia Baña, a camellana encargada do inventario da obra de Man

Silvia Baña, a camellana encargada do inventario da obra de Man

O encontro con Silvia Baña, a que ía ser a cicerone que nos guiara a través do itinerario posto en marcha polo Concello para salvar a obra de Man, tivo lugar na recentemente inaugurada Casa do Alemán de Camelle. Alí no terceiro andar dun edificio que arquitectonicamente nos recordaba o Museo que a Fundación Luis Seoane posee na Coruña, esperábanos sempre mergullada nun portátil do que nunca se separa Silvia, unha inxenieira técnico-industrial na que o Concello atopou a persoa indicada para levar a cabo a formación do inventario completo das obras de Man, así como a dixitalización de tódolos documentos, fotos, cartas, libros,etc...que faciliten o estudio por parte dos entendidos da obra do xenial alemán.

A última morada de Man
A última morada de Man

Silvia, alta, rubia, unha típica beleza nórdica de Camelle, cóntanos entusiasmada,volcada no seu traballo, que o Concello ideou dende o primer momento unha estratexia de actuacións sucesivas que permitirán o mantemento do Legado de Man no tempo, e mentras nos conta todo esto a tarde vai declinando e a través dos grandes ventanais do tercer piso un sol matizado de outono enchía de luz ese edificio de amplos espazos abertos que é a Casa Cultural do Alemán.
Así, o primeiro paso desta estratexia foi "contar co Centro Cultural Casa do Alemán. Aquí, os veciños de Camelle poderán realizar as actividades culturais e deportivas promovidas polo Concello nun edificio de alta capacidade tecnolóxica que conta con biblioteca, ludoteca e sala de ordenadores, detinándose precisamente a planta baixa a Museo de Man. Desta forma, os visitantes que acudan a Camelle, ademáis de poder visitar o Museo "real", ó aire libre e o entorno de Man, poderán entrar un pouco máis na súa cultura e filosofía de vida, mediante a exposición permanente da súa obra nesta sala da Casa de Cultura".

En segundo lugar, estanse levando a cabo polo Concello os trámites para a creación, tal e como comentou no seu día en primorosa exclusiva a camarinas.eu o Alcalde de Camariñas Manuel V. Alonso de León, Pichurri, da Fundación Man de Camelle . Un dos obxectivos da mesma será a xestión, promoción e desenvolvemento do legado de Man en Camelle, así como do patrimonio histórico, cultural, etnográfico e arqueolóxico do Concello de Camariñas no seu conxunto.

Como tercer pilar da actuación municipal están as labores de restauración e mantemento, que comprenden tres fases:

1 - Restauración do entorno da caseta de Man: esculturas, pinturas,etc. situadas ó lado do muelle. "Hai que ter en conta que o museo deteriórase co paso do tempo debido a varios factores, principalmente a ubicación, xa que a erosión do mar e o vento afectan de forma directa as obras de Man, pero tampouco debemos olvidar outros factores como a actuación de moitos visitantes que ata o de agora entraban no recinto do museo a pesares da prohibición e ca súa actuación imprudente danaban o patrimonio do artista camellán", non pode evitar referirse a Man desta maneira Silvia que, como boa filla de Camelle, sinte a Manfred como algo propio. Por eso mismo, o que máis lle doe e ter que comentar que "un dos factores que máis estropeou o museo foi a limpieza do fuel do Prestige coas hidrolimpiadoras, xa que se perderon as pinturas dos muros e das esculturas, dun valor invaluable".

Autorretrato de Man en fase de restauración
Autorretrato de Man en fase de restauración

2 - Restauración do interior da caseta. "A maioría das pertenzas de Man están gardadas na Casa Consistorial, das que precisamente eu son a encargada de facer o inventario, documentando e catalogando o legado de Man, dixitalizando os seus documentos, fotos, libros, cartas privadas, para facilitar ós estudiosos o acceso ós mesmos sen ter que manipular os orixinais e poder reconstruir fielmente o interior da casa de Man",coméntanos Silvia que, a pesares da importancia das labores a ela encomendadas, quítase humildemente importancia:"eu só son un peón máis das actuacións postas en marcha polo Concello".

3 - A terceira destas actuacións de restauración aínda está pendente de definir: OS CAMIÑOS DE MAN, que pretende reconstruir un itinerario de todas aquelas paraxes onde Man deixou a súa huella de artista, e que poderán servir asemesmo como ruta para o sendeirismo nunha paraxe natural idílica. Precisamente idílica é a vista que se disfruta dende o tercer andar da Casa do Alemán: o porto de Camelle, o conxunto de montes que o circundan, e que permiten explicarse ó reporteiro por qué un xoven turista alemán no seu día quedou prendado da beleza salvaxe de Camelle ata o punto de renunciar a todo por ela.

Con todas estas actuacións de restauración conseguirase que o museo se manteña en pé ao longo do tempo e que os visitantes podan visitalo de forma ordeada e civilizada, non constitindo polo tanto unha ameaza para o conxunto artístico.

Silvia en labores de dixitalización da obra de Man

Silvia en labores de dixitalización da obra de Man

Finalmente, o día 17 de novembro terá lugar o "I Encontro Man de Camelle". Con este encontro daranse a coñecer os proxectos que se pretenden realizar e farase unha recopilación das propostas que poidan axudar ó Concello a tratar este tema de maneira máis axeitada. Será un encontro de debate e reflexión no que participarán persoas vinculadas á cultura en Galicia como Antón Castro, Antón Sobral, Carmen Hermo ou Ana Martínez, entre outros. Precisamente, algúns deles como Antón Sobral, Profesor da Universidade de Santiago de Compostela, asesora ó Concello sobre labores de restauración e púxoo en contacto ca empresa BIC, encargada de realizar a restauración do museo. A musealización das obras de Man na Sala baixa da Casa de Cultura corre a cargo de Felipe Senén, Técnico de Cultura da Deputación Provincial da Coruña.

Como aperitivo do citado encontro, Silvia coméntanos que fai un par de semanas poido asistir ó estreo en Camelle, nun pase privado para a xente do pobo, amigos, familiares..., dunha película-documental sobre a vida e obra de Man do director Bernardo Cerquera, contando ca presencia de Roland Gnadinger, irmán de Manfred, que por vez primeira visitaba Camelle e que se comprometeu a entregar ó Museo pertenzas e cadros da obra temprana de  Man que aínda están en Alemania.

Van Gogh: Unha das súas fontes de inspiración

Van Gogh: Unha das súas fontes de inspiración

Unha vez rematada a entrevista e tras un tranquilo paseo polas rúas mariñeiras de Camelle, o reporteiro ten que facer esforzos para recordarse a si mesmo que non se atopa nas rúas de Murmansk, Arjánguelsk, Novorosiisk, Vladivostok ou calquer outro porto ruso, dada a cantidade de persoas rubias e de ollos claros que lle saen ó seu paso, auténtica excepcionalidade étnica de Camelle, digna de ser estudiada polos expertos en antropoloxía. Só restaba marchar para a redacción con certa envexa por non contar en Camariñas cun centro da envergadura da Casa do alemán, pero ca conciencia tranquila, pois con esta batería de accións das que camarinas.eu ten o privilexio de dar a exclusiva, intentarase dende o Concello acabar co abandono e deterioro do museo de Man e asegurar a súa supervivencia futura, garantizando que Camelle sexa un punto de visita obrigada para todo visitante que se acerque á Costa da Morte.

Estes visitantes non só encontrarán arte en Camelle, senón tamén unha filosofía de vida e o feitizo dun lugar máxico.

camarinas.eu rende tributo na tumba do xenio

Camarinas.eu rende tributo na tumba do xenio


Comentarios   

Mikel
0 # Mikel 18/10/2007 14:01
Claro que si Diego,xa era hora que se puxeran as autoridades competentes a apreciar o patrimonio de Man,xa bastante deteriorado pero weno,,,o teu traballo intachable e a foto impresionante,, hasta parece Jesucristo,solo que este era o Xesús da imaginación artistica con desperfectos que lle vomitaba o mar na sua porta,,,un 10
Responder | Denunciar ante o administrador
iván
0 # Espectaculariván 18/10/2007 14:39
Eu so queria decir ke non sabemos a suerte ke temos en camariñas de ter unha pajina de tal nivel de calidad, non sei pero non creo ke a nivel de galicia se este a facer cousas semellantes.ves e ke os de camariñans somos xente de talento puro,non temos limites.Ante os redactores de camariñas.eu kitome o sombreiro,kitom e hasta o craneo.Espectac ular
Responder | Denunciar ante o administrador
antonieta
+1 # lo que nunca pense verantonieta 21/10/2007 14:43
Me parece una total hipocresia lo que estan haciendo con la memoria de ese pobre hombre,seguro que se revuelve en su tumba. Recuerdo hace años la buena gente de Camelle lo repudiaba,trata ndolo como un loco y no lo querian en el pueblo.Cuando este hombre solo estaba perdido en la vida,como mañana lo podemos estar nosotros.Como cambio la ente de Camelle que quieren calmar sus conciencias despues de dejar morir de hambre,frio ycalamidades a este hombre,que es de lo que murio, de vivir durante años casi a la intemperie.Me gustaria saber si dan buenas subenciones por crear un museo que yo tambien pinto.¿Quien se va a lucrar? Que descanse en paz el pobre hombre que dicen que la dicen que nanca es tarde cuando la dicha es buena pero en este caso... Siempre que iva de vacaciones me gustava visitarlo y llevarle de comer y nunca me rechezo,pobre alma atormentada ahora por fin descansa.
Responder | Denunciar ante o administrador
camelle01
0 # falar por falarcamelle01 22/10/2007 09:36
Resposta a Manuela. Como sempre, que fácil é falar e criticar, parece o deporte nacional. Para que te enteres Man era un veciño máis de Camelle e, como tal, tivo as suas diferencias con outros veciños como ti os podes ter. Se Man quedou a vivir en Camelle foi porque o recibiron e o trataron ben. En canto o de pasar fame e calamidades deixame que o dude, porque Man elexiu como vivir a súa vida, e ademáis tiña máis cartos que moitos dos mariñeiros de Camelle que se levantan as 3 ou 4 da mañá para ir o mar. Creo que a única que está un pouco perdida eres ti, así que antes de falar pásate de novo por Camelle e infórmate porque ante a ignorancia é mellor o silencio.
Responder | Denunciar ante o administrador
antonieta
+1 # a los de camelleantonieta 22/10/2007 12:20
Voi todos los años a Camelle visitar unos amigos de mis abuelos y siempre pase a visitarlo a el ,que seguramente muchos que hoi lo idolatran nunca cruzaron palabra con el.Podria contar muchas cosas que el me conto pero esas cosas no son para contar por un ordenador.El dinero que tenia Man se lo daba gente como yo que ibamos a visitarlo a ver sus pequeñitas obras y charlar un ratito con una gran persona.Una persona que no se sentia tan querida por Camelle como haceis ceer con DAMAGOGIA.Pero comprendo que aprovecheis la ocasion para darle un aliciente al pueblo aunque yo como no soi hipocrita se me caeria la cara al suelo de verguenza,pero como soi una IGNORANTE que voi a saber.
Responder | Denunciar ante o administrador
camelle01
0 # os de camelle respondencamelle01 22/10/2007 17:37
Non vou entrar en debate contigo, pero só decirche que quen da non mira o que da. E por si non o sabes, o que se está facendo co legado de Man por fin é cumplir un dos puntos que él pedía no seu testamento, así que penso que estaría contento de que o seu museo non perda o interese que sempre tivo. Ademáis a dEmagoxia que ti dis é cousa de política non das familias mariñeiras que nunca gañaron nada a costa de Man.
Responder | Denunciar ante o administrador
Bufardo
-1 # ManBufardo 08/11/2007 16:25
MAN...
MANos de artista....
MANtengamos su recuerdo...
MANtengamos su legado...
MAN, "o aleMAN"...
MAN...
Responder | Denunciar ante o administrador
jorge
-1 # A TU MEMORIA MAN!!jorge 08/11/2007 20:56
estuve ahí,vi su obra,no creo que se pueda reconstruir lo dañado por el paso del tiempo sin una buena inversión de dinero y tiempo,pero por respeto a su memoria deberian intentarlo,por lo menos para que en el futuro sea recordado como lo que realmente fué, un caso de bohemia y amor por un pueblo que no era el suyo,CAMELLE
Responder | Denunciar ante o administrador
EuCamellana
-1 # A Manuela:EuCamellana 26/11/2007 14:00
escribo esto porque, como camellana, sintome verdadeiramente ofendida cos teus comentarios. Como ti dis, fostes unhas cuantas veces contadas a Camelle así que ¿con qué dereito falas do que non sabes? sólo a xente que vivímos en Camelle, que vivimos alí desde que nacemos coñeciamos a Man e ti que fostes \"de visita\" unhas cuantas veces o único que tes é polo que vexo unha idea equivocada de Man e do que Man representou para Camelle. Non sei de donde quitas todas esas CHORRADAS, será que tes muita imaginación porque sosia, que Man che dixera todas esas cousas, permíteme dudalo. E se tanto ves por Camelle, e tanto che justa vir, o primeiro que deberías facer e dar unha disculpa a todos os camelláns coma min que quedamos cos ollos coma platos o ver semejantes absurdeces escritas por ti aquí. O unico que demostrastes é non ter nin idea e falar sin saber, polo que se o que pretendías era deixar mal o noso pobo, sinto dicirche que a primeira en quedar mal fostes ti.Un poco de educación e respeto por favor.
Responder | Denunciar ante o administrador
javi de nita
-1 # manjavi de nita 23/12/2007 23:15
Escultor de tantas pedras piramidales,
arquitecto sen fin dos escollos que trae o mar.
Por eso e por tantos esforzos
camelle non che pode olvidar.
Responder | Denunciar ante o administrador
zooropa
+3 # para manuelazooropa 07/04/2008 09:17
Manuela, nome de telenovela, ese mundo no que vives, pois volve a vida real, e non inventes...que non se che da ben. Ben é certo que non a todo o mundo lle caía ben, coma tódalas persoas, e coma tódolos artistas, tiña seguidores e detractrores, ¿ou acaso a tí gústanche os "herdeiros da crus" igual que "pantoja"?.
Recórdoche que foron os veciños (eses que según tí lle queríamos tanto mal) quenes o sacaron da cárcere, lle pagaron un avogado, levárono o médico, e lle axudaban coas súas obras... pinturas, cemento, ferramentas, etc. Ou pensas que co teu euro (ou vinte pesos) podería comprar todo iso, e índa por riba aforrar tantos euros...Pois iso, deixa as telenovelas, que che dan unha imaxe mal enfocada da realidade.
E un saúdo Diego...tas que te sales.
Responder | Denunciar ante o administrador