O sábado 22 gran churrascada e o luns e martes sesión vermouth e verbena en Arou
O sábado 22 gran churrascada e o luns e martes sesión vermouth e verbena en Arou

A churrascada que faltaba: Arou

Pois agora si que xa están todas: cada parroquia do noso concello ca súa correspondente Gran Churrascada. E tamén todas elas visitadas por camarinas.eu na súa Semana Grande. Nesta ocasión foi o noso querido amigo Germán Mouzo, Presidente da Comisión das Festas, o que nos conta que de sábado a martes (con descanso o domingo) están preparadas en Arou unhas impresionantes festas en honor a San Bartolo, o santo que supostamente predicou o cristianismo nas caucásicas terras de Armenia, sendo lamentablemente martirizado por elo. Unhas festas que serán as primeiras co novo Paseo Marítimo e ca recentemente renovada Rúa da Praia, o que evitará sucesos como os acaecidos o ano pasado e que reproducimos no interior desta noticia a través dunha galería fotográfica. Orquestas do mundo: xa podedes achegarvos tranquilas pola nosa querida Arou.

Engadir un comentario