- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camelle e Arou Camelle e Arou
- Created: 04 Agosto 2009 04 Agosto 2009

Cando as cousas se fan por cariño, por amor a unha terra e ás súas xentes e non por interese nin polo tan extendido afán de lucro, non importa o esforzo que se teña que acometer. E así, despois de facer a cobertura xornalística máis grande que se recorda e tras percorrer todos e cada un dos grandes eventos que tiveron lugar este fin de semana no noso concello, camarinas.eu ponlle a guinda cunha reportaxe fotográfica da actuación da posiblemente mellor orquesta galega, a París de Noia, na Festa do Carmen de Camelle.
Porque dan igual o importante custo en tempo, desplazamentos, cunha gasolina que está polas nubes, patear as diversas festas, optimizar tódalas imaxes que despois compoñen as impresionantes galerías fotográficas que caracterizan á web líder da Costa Atlántica, darlle un maquetado impecable ao producto, non importa todo o anterior, cando comprobamos a ilusión que lle facía ás xentes da nosa querida Camelle que unha das súas grandes festas fora tratada con igual respeto ás das restantes parroquias do Concello. Por eso non podíamos faltar na vila de Man este domingo noite 2 de agosto. Alí atopamos un ambientazo, un éxito de público, cun importante destacamento de veciños de Camariñas e a unha París de Noia inmensa. En definitiva, nada novo baixo o sol.
{multithumbs}
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.