3 1 1 1 1 1 Rating 3.00 (6 Votes)

O Concello informa sobre o comezo das obras de rexeneración da praia de Camelle e a controversia que se orixinou ao respecto dende diversos medios de comunicación. A nota de prensa foi remitida pola Concellal por Camelle no Concello de Camariñas Mercedes Martín.

Nota de prensa do Concello de Camariñas

Concello de Camariñas
Concello de Camariñas

Dende o Concello de Camariñas, informamos que deron comezo as obras o luns da rexeneración da praia de Camelle, promovidas polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño a través da Dirección Xeral de Sostenibilidade da Costa e Mar. A adxudicación fíxose o 2 de xuño a empresa Construcións López Cao S.L. O prazo de execución e de cinco meses e nun principio en contra as opinións vertidas en diversos medios, sempre falsas, e con gañas de contaminar a opinión pública, non se vai a traer area, nin caolín, senón que cribarase a area xa existente, se lavará e utilizarase unha máquina que fará o efecto dun muíño, e que moerá as pedras que superen unha determinada medida. Con isto creemos dar por rematado os comentarios ó respecto nos que se dicía que o proxecto estaba reformado por outro organismo que nada tiña que ver co adxudicatario desta obra.


 

Engadir un comentario