Este verán Arou será unha gran festa

Un lugar de ensono será Arou este verán gracias aos seus atractivos turísticos innegables
Un lugar de ensono será Arou este verán gracias aos seus atractivos turísticos innegables

Cando camarinas.eu desata a blitzkrieg informativa, a súa guerra relámpago xornalística particular, todos os frentes periodísticos quedan devastados. Porque cando aquí nos espabilamos, atópanse noticias ata debaixo das pedras e un frenesí publicativo incontenible apodérase desta redacción. Decimos esto porque o espacio vital (Lebensraum) de camarinas.eu, está constituido por todas as parroquias do Concello por igual e por eso cando calqueira dos nosos veciños quere que algo se sepa de verdade acude á web reina da Costa da Morte e entón os nosos batallóns informativos actúan con precisión quirúrxica. 

Este foi  o caso da nosa querida amiga Sara que acudío a esta redacción para comunicarnos que mañá sábado  23 de maio espéranos unha gran festa con churrascada gratis incluida na praia arouana onde se celebrará a nova apertura do Chiringuito Praia de Arou. O local quedará instalado na flamante praza que o novo Paseo Marítimo arouán trouxo consigo, xusto diante da praia, e sen dúbidas contribuirá a facer de Arou un destino turístico de primeira magnitude dotado dun espectacular areal, un fantástico Paseo Marítimo, as rapazas máis fermosas dos contornos e agora o tropical e caribeño chiringuito onde poder refrescarse de tan abrasadores calores. Este verán xa sabedes onde atoparnos. E todo elo mentras trazamos maquiavélicos plans para levar a cabo a anexión informativa (Anschluss) de toda a Costa da Morte.  


Comentarios   

Beldoña
0 # Beldoña 22/05/2009 21:35
Eínda que ahora non podo,este vrán fareino encantado e tomarei,si o corpo mo permite,un par de servesiñas ben frescas contemplándo esas maravillos vistas que ten AROU.
FELISIDADES AMIJOS

Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador