- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camelle e Arou Camelle e Arou
- Created: 04 Febreiro 2009 04 Febreiro 2009
No mismo día no que nos enteramos de que supostamente o record da maior ola da historia rexistrada en 20 metros no Cabo Vilán foi superada en 4 metros por outra medida a 22 millas de Santander, en pleno Mar Cantábrico, e dada a ausencia estes días de noticias (interesantes, queremos decir) dignas de publicación, pois decidimos irnos ata Arou ca chuvia pegándonos duro nunhas caras xa afeitas a todo e destruidas en gran medida polo paso do tempo, para ver si pescábamos alí algo. O resultado foi unha reportaxe sobre un crudo día de inverno en Lobeiras e Arou a tan só dous días da finalización das obras do seu Paseo Marítimo.
Eso de que faltan dous días para dar por rematadas oficialmente as obras do Paseo Marítimo de Arou é alomenos o que nos contaron uns operararios que se afanaban a duras penas baixo unha chuvia pertinaz, un vento xeado e un frío bastante intenso. Decimos esto para que despois non nos acusen de enganar vilmente ao noble e soberano pueblo de Camariñas, e de que xa o sabían pero calaron como exemplo supremo de responsabilidade e abnegación. Porque a nos, o que é importar, non nos importa moito cando se acaben estas obras. O importante é que se acaben ben.
Nesta reportaxe asistimos aos últimos retoques do paseo maritimo de Arou
O caso é que ninguén sabía onde podía caer a lupa microscópica de camarinas.eu, podía ser Camelle, podía ser o Gran Laso, finalmente foi Arou e a súa punta meridional, a fermosa e apartada Praia de Lobeiras, holocaustos urbanísticos aparte. Alí chegou a nosa comitiva na chuviosa tarde deste mércores 4 de febreiro de 2009 ca intención de facer un percorrido exhaustivo por un Arou ao que lle lavaron literalmente a cara co seu novo Paseo Marítimo, obra licitada polo Ministerio de Medio Ambiente cun orzamento de contrata de 756.650,30 euros e adxudicada á empresa Tragsa. Sen dúbidas, con esta obra e un par delas máis que complementen o xa realizado e realcen a súa esplendorosa praia, Arou será un destino turístico a ter en conta.
Tras percorrer o Paseo Marítimo, a unidade móbil da web que xa camiña con paso firme cara os 4.000.000 de visitas e que vai facer nunha soa semana pouco menos de 200.000 entradas, atopou oculta tras unhas rochas megalíticas e prehistóricas a Praia de Lobeiras. Unhas lanchas de líneas mediterráneas esmorecían sobre o seu piso granulado e por momentos recordaban a Cadaqués ou Port-Bou na Costa Brava e alí os redactores sentiron como unha picadura de escorpión a melancolía dos tempos pasados: aqueles nos que podías construirte tranquilamente un ranchito en tan apartado e evocador lugar para ao lado dunha fermosa muller olvidarte do mundanal ruido e de todo o que o circunda ca súa pompa e as súas tentacións malditas.
En estes tempos modernos nos que a administración autonómica acabou por devoralo todo e no que o sustantivo "nación" ou o adxectivo "nacional" foron pouco menos que proscritos, alí no camiño de Santa Mariña a Arou, agazapada no medio dunha naturaleza salvaxe, oculta tras unha curva nas alturas que dominan os barrancos que caen cara a poboación arouáana, erguíase orgullosa e máis fermosa ca nunca un grato recordo do infancia: aquela fuente ("Patrimonio Forestal del Estado") na que nun soñador e imaxinativo rapaciño camariñán fixo tantos altos no camiño cando acompañado dos seus pais facía a bordo dun destartalado Seat Ritmo e a través da que era unha insufrible pista de terra o percorrido por unha das paisaxes máis fermosas do planeta, a que vai do Faro Vilán ata Camelle. Agora a carretera está asfaltada e a Fuente, despois dunhas obras de mellora, luce, desafiante e remozada, a contra corrente do signo dos tempos a denominación ca que nacío (estatal) nun fantástico xesto de fidelidade, pervivindo daquela destartalada pista de terra só o treito que vai de Santa Mariña ao Faro Vilán, á espera de que algún día por fin se dote a esta paisaxe máxica da vía de comunicación que merece. Porque a veces, os tempos cambian, pero a mellor.
Comentarios
QUE INJUSTICIA SERIA ESO DIOS MIO !!!
FELISIDADES
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.