- Published: 26 Xaneiro 2013 26 Xaneiro 2013
Por si a alguén lle quedaba a estas alturas algunha dúbida, Camarinas.eu procede a publicar en exclusiva o documento que proba de xeito definitivo a implicación directa, criminal e principal do PP de Camariñas no proceso de asalto e aniquilación do Club Náutico. Un escrito ruin, vil e infame que constata dun xeito nítido e absoluto o xa anticipado dende hai meses por esta redacción respecto á utilización maquiavélica das siglas dun partido político que actualmente ostenta o poder en todas as administracións públicas que nos gobernan para defender intereses privados e que deixa ao eu asinante, aos concelleiros que o secundan e aos socios que o defenderon durante todo o proceso de Golpe de Estado no CNC ao borde dun precipicio ético e moral e completamente desprestixiados xa non como políticos ou socios dunha institución náutica senón xa como persoas. Un dos maiores escándalos da historia da política galega sumaba, xusto ao final da escapada, o seu episodio máis revelador.
Este pasado 10 de xaneiro de 2013, día que seguía ao do desahucio xudicial definitivo dos okupas de VIPROGA SL que tiveron secuestradas pola forza durante un ano as instalacións do CNC, entraba polo Rexistro de Entrada do Concello de Camariñas a proba definitiva que abrirá os ollos de xeito demoledor a aqueles que os preferían manter nunha media luz e escapar da realidade ata universos paralelos. Dirixida ao Señor Alcalde do Concello de Camariñas e baseada no articulado da lexislación da Administración Local que habilita tan só aos membros electos de formacións políticas, facéndose así uso dun privilexio que a Lei outorga tan só a uns poucos elexidos, O GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR solicitaba (así, en plural) "que se poña a nosa disposición o expedida (sic, os lamentables efectos das inxestas tamén marcan o seu selo nos documentos oficiais) relativo a solicitude de Licenza Municipal de apertura para bar-cafetería-restaurante do náutico (será do Club Náutico, en maiúsculas) de Camariñas a situar en Peirao Novo, s/n de Camariñas, a cal foi presentada por Don Aberto de Artaza Varasa, en representación do Club Náutico de Camariñas". Asinado por Daniel Rego González. Toda unha bomba informativa que supera en gravidade todo o visto ata o de agora, un abuso de posición privilexiada que supoñe o salto de calidade definitivo en canto a maldade, ruindade e bellaquería no proceso de persecución contra o CNC instaurado polo PP de Camariñas dende o momento en que os intereses hosteleiros da empresa dirixida por Ursula Rego Sternat, filla do Presidente da Agrupación Local do PP de Camariñas, foron desbaratados masivamente polos socios na Asamblea Extraordinaria do 17 de decembro de 2011.
Un escrito que confirma o xa anticipado por Camarinas.eu en noticia publicada en data tan lonxana como o 16 de setembro de 2012 ("Obras a 1 mes das eleccións") cando nos facíamos eco dunha conversa mantida na terraza do bar do Casino co actual Comodoro do CNC ("coño, tu y yo que somos casi parientes") e na que se ameazaba con que en caso de verse expulsada VIPROGA SL da concesión do Bar-Restaurante do CNC por orde xudicial non quedaría outra alternativa que a de "claro, una vez que yo ya no esté en el Náutico me voy a ver obligado a denunciar el tema de la situación de la cafetería". Tempo tivo o Presidente Local do PP de denunciar a situación da cafetería se esta non lle parecía arranxada a Dereito: tivo os dous anos que a empresa supostamente participada de forma maioritaria por VIPROGA SA, se mantivo na xestión da mesma, un ano de concesión legal, outro de okupación ilegal escandalosa e desvergonzada, sancionada reiteradamente de xeito demoledor e avasallante polos tribunais de xusticia. Tivo que ser agora ("una vez que yo ya no esté") cando o cráneo preclaro, visionario e legalista do máis honrado, honesto, pagador e cumpridor político que viron os séculos na Costa da Morte se dera conta da suposta irregularidade que a súa mente legalista non podía tolerar. Non antes, durante os seus dous tormentosos anos de andanzas navieras, senón agora que o foi botado para fora a patadas da concesión ata por catro veces por unha asamblea de socios, unha Xunta Directiva, un Xulgado de 1ª Instancia e ata toda unha Audiencia Provincial. Un acto de devergonza, de pérdida de decencia e cordura, que desprestixia aínda máis se elo fora posible a imaxe dos políticos ata niveis insondables.
Unha solicitude que coloca ao borde do precipicio ademáis a unhas cantas persoas. En primeiro lugar os seis concelleiros restantes do PP en Camariñas: cómpre sen falta unha manifestación dos mesmos ao respecto e deben aclarar ao electorado camariñán as dúbidas que surxen derivadas deste escándalo sen precedentes. ¿Coñecían a presentación do mencionado escrito no Rexistro do Concello? ¿Apoian a persecución da principal asociación de Camariñas que supoñe este escrito que mezcla escandalosamente intereses públicos e privados? ¿Defenden a utilización da posición privilexiada no seo dunha formación política como plataforma para defender intereses empresariais privados? ¿Seguen negando a evidencia xa incontrovertible da implicación directa do PP de Camariñas durante todo o proceso de Golpe de Estado no CNC? Que non saian á palestra e aclaren aos veciños que os elexiron directamente e a aqueles que non, pero que sufren en carne propia os desmanes e tropelías do seu xefe, todas estas dúbidas suporía constatar a súa mera presencia decorativa e simbólica no Salón de Plenos e a súa nulidade política e persoal a todos os efectos.
Outros que quedan en moi mal lugar son aqueles mui minoritarios nostálxicos da okupación ilegal que durante este tempo aciago e vergonzoso no CNC apoiaron as andanzas navieras do Presidente do PP municipal contra toda evidencia legal, xurídica, xudicial, ética e ata de mero sentido común. ¿Secundan os membros do así chamado Comité Local do Club Náutico que se pretenda agora pechar o seu Bar Cafetería? ¿Eran estes os proxectos e iniciativas que tiña preparada a candidatura que pretendía promover Daniel Rego, unha vez expulsado ignominiosamente a perpetuidade da súa condición de socio? ¿Era este todo o amor e cariño que tiñan pola institución náutica decana da Costa da Morte, aquela que con tanto esforzo e adicación levantaron uns cantos visionarios? ¿O mía o de nadie? ¿Todo se reducía a esto, finalmente? Por apoiar o indefendible agora vense nesta apurada situación: ao borde do precipicio da esixente e tan difícil de recuperar unha vez perdida credibilidade social. Quen se acosta con nenos...
Camarinas.eu esta en condicións de acreditar que dende hai unha semana o Presidente do Club Náutico de Camariñas está ao tanto da siniestras e maquiavélicas tentativas do PP local. Urxe como insoslaiable e urxente unha reunión co Presidente Provincial do PP Carlos Negreira e que éste lle aclare a posición do seu partido a nivel provincial respecto aos desvaríos do seu máximo representante no Concello. Que aclare se o PP apoia esta persecución contra o CNC e refrenda as actuacións de Daniel Rego no ámbito naviero. Se os intereses que están detrás desta denuncia son os do partido que nos goberna actualmente a nivel nacional, autonómico e provincial. En caso contrario, deberá proceder a tomar as inevitables medidas quirúrxicas e sanitarias para restaurar o pouco que poida quedar de honorabilidade do seu partido nas terras de Camariñas.
Aquí en Camarinas.eu dábamos por finiquitado o tema do proceso de asalto político ao CNC e prometéramos emprender novas singladuras, nembargantes ante este escándalo ruin, canalla e mesfistofélico non dubidamos en retomar as armas e voltar a carga dun xeito tan demoledor e devastador que o visto ao longo de 2012 quedará nun sinxelo xogo de nenos, nun idílico e bucólico xardín de infancia. Os documentos e as probas que estaban arquivadas, visto o signo dos novos tempos sairán á luz e farán temblar algúns que outros peliños enchoupados mostacheriles, indixestarán masivas inxestas alcoholeriles. En verdade que aquí ninguén esperaba esta nova saída sorpresiva, tan maléfica, tan destructora do pouco que hai, tan negativa para os intereses xerais do Concello de Camariñas e para o seu tecido asociativo e cidadán, tan inocua e inofensiva a estas alturas. Tal é o desprestixio e a decrepitude do suxeto que este mesmo venres 25 de xaneiro de 2013 no Pleno ordinario do Concello, unha vez finalizado o turno de rogos e preguntas, e en presencia das Chicas de Oro do así autodenominado Comité Local do PP (que humillación), o Alcalde Pichurri hai tempo perdido o respeto e a máis mínima consideración a tan lamentable guiñapo político, unha piltrafa humana, ríase abertamente del e con un papel na man (o escrito da petición sobre o CNC) pregúntaballe a carcaxada limpia: "¿e esto que, Daniel? ¿Esto non é unha pregunta? ¿Eu pensei que era unha pregunta, jajaja....?. Ao que un balbuceante líder da oposición ante a sorpresa, piedade e conmiseracióon dos presentes empezábase a poñer dun tono bermello cárdeno e nervioso, impotente, limitadas hai tempo as súas facultades intelectivas, tan só acertaba a tartamudear: "e... e... e ¿¡eu pregúntoche a ti polo teu divorcio!?".
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.