Un constante ir e vir de veciños visitou estes días a sede do PP de Camariñas con motivo do PXOM
Un constante ir e vir de veciños visitou estes días a sede do PP de Camariñas con motivo do PXOM

578 alegacións ao PXOM polo de agora

As 14:00 horas do mércores 14 de maio pecháronse as comportas e chegou ao seu fin unha das etapas de vida deste Plan Xeral de Ordenación Municipal de Camariñas que tan tortuosa está a ser. Unha auténtica procesión de veciños nas catro parroquias do Concello achegáronse ata os puntos establecidos para consultar o Pxom, máis de 1.700 descargas do mesmo na páxina líder e referencia mediática da Costa da Morte e 578 alegacións presentadas no Rexistro Xeral do Concello, faltando por contabilizar as enviadas por correo. Estas son as cifras que deixa o PXOM polo de agora.O próximo paso será o da aprobación provisional polo Pleno dun PXOM que pode recoller algunha das alegacións plantexadas.

En todo caso, para comprobar o interese suscitado polo Plan, camarinas.eu personouse este sábado 9 de maio na sede do PP de Camariñas, onde un equipo técnicoaxudaba aos veciños do Concello a comprender os detalles do Plan e no seu caso a presentar as alegacións correspondentes. Camarinas.eu aproveitou esta viaxe par facerlle entrega ao noso querido amigo Daniel Rego un escrito (que faremos extensivo a todos os partidos, asociacións e clubs deportivos do Concello) no que solicitamos que toda nota de prensa, queixa ou noticia que queiran facer extensiva á ciudadanía camariñana será publicada gustosamente na nosa web.

Engadir un comentario