Debido ao gran numero de accidentes

A denominada "curva de la muerte" xa está en mans dos técnicos da COTOP Imaxe de arquivo dun dos accidentes na curva do Grifo Despois de duras investigacións por parte dos reporteiros de camarinas.eu conseguimos poñernos en contacto con responsables do Concello de Camariñas e preguntarlles polo tema dos consecutivos accidentes que se están a producir na curva do Grifo, antes da Baldomera, e agora xa denominada "Curva de la Muerte". Os representantes do Concello estiveron en conversacións cos responsables de mantemento deste tramo de carretera que pertence á COTOP xa hai máis de dúas semanas. Dito organismo dependente da Xunta de Galicia enviou a técnicos cualificados para tratar de detectar posibles erros e buscar solucións a tanto accidente en tan pouco tempo, un auténtico misterio insondable. O Concello, de momento e mentras os técnicos da COTOP non atopen a solución, recomenda que se circule por ese tramo de carretera que está situado en frente da casa de Chuco "O Grifo" a unha velocidade reducida de 30 km/h para evitar posibles accidentes. ...

Festa do Club Balonmán Camariñas 2007

Panorama e Olympus enchen o Polideportivo Municipal Así de concurrida estaba a festa do CB Camariñas este sábado Este sábado 29 de decembro o Club Balonmán Camariñas celebrou a súa festa anual no polideportivo de Camariñas na que actuaron dúas das mellores orquestras de Galicia: Panorama e Olympus. É de destacar o ambientazo que alí se vivío, con xente que non podía parar de bailar, acádandose según os organizadores unha entrada próxima ás 1.300 persoas. Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver unha galería de fotos. ...

Novo acto vandálico en Camariñas

A nosa Taller foi queimada e axusticiada este Domingo Neste estado quedou taller este domingo 24 de decembro A papeleira máis famosa de España foi asaltada este domingo a plena luz do día e queimada na calle á vista de todo o mundo que pasaba pola rúa. Despois de engalanarse para poder asistir á cea de fin de ano que celebrarán os usuarios de camarinas.eu, algúns gamberros con moita envidia, quixeron axusticiar á nosa querida Taller para que non puidera desfrutar de semellante festa que se aveciña. Aínda que a primeira impresión que tivemos ao chegar xunta o cadáver de Taller foi que se queimara "a lo bonzo", suicidándose por algún dos sus típicos desenganos amorosos... Deixándonos de bromas, esto xa non ten xeito. Os tolos que están a queimar os containers e as papeleiras que están ao lado mesmo das casas deberían de estar na cadea antes de que ocorra algo moito máis grave, porque non pode ser que se poña en perigo a vida da xente honrada e traballadora de forma tan grave e irresponsable, e que non pase absolutamente nada, sin que ninguén mova nin un dedo para evitar que ocorra unha desgracia maior. Por agora tivemos...

Vandalismo en Camariñas

Contenedores queimados enfrente ao Bar José Manuel Unha nova moda: Queimar contenedores Xa fai uns meses que se está a poñer de moda entre algunha xente (non sabemos moi ben quen) queimar contenedores do lixo, sobre todo, os sábados á noite. Este sábado 15 de decembro uns cantos cidadáns exemplares quixeron queimar o gesto que había nos contenedores que están diante do Bar José Manuel antes de que os operarios da recollida do lixo os levaran á canteira. Bromas aparte, ao parecer, estase a poñer moi de moda entre varios xóvenes alocados queimar contenedores cando salen os sábados. Sen dúbida que estes actos vandálicos non son comúns entre a xuventude sana de Camariñas pero xa se sabe que, ás veces, pagan xustos por pecadores. ...

Xa van máis de 7 no mesmo sitio

Outro accidente máis na Area da Vila O coche acabou empotrándose contra un banco do paseo marítimo Desta vez tocoulle a desgracia a un rapaz de Fisterra que saía de Camariñas pola fatídica curva do Grifo. Según nos contou este rapaz o seu coche empezou a dar bandazos coma se houbera aceite na calzada, ata que saltou polo terraplen do paseo marítimo e fui empotrarse contra un banco de madeira. Desde logo que esta xeira de accidentes no mesmo lugar está a ser noticia cada día con outro novo sinistro. Desde camarinas.eu queremos recalcar que esta zona está en obras e que se debe pasar con moita precaución por ela, pero tampouco estarían de máis unhas cantas señais máis...ao parecer a xente non as ve ben. Pulsa na en ler máis para ver outra foto do sinistro. ...