Crudo temporal de inverno en Reira

Un temporal de mar, chuvia e frío en Reira Cando arrecia un forte temporal, Reira aínda está máis fermosa que nunca Os redactores de camarinas.eu achegáronse na tarde deste sábado 12 de xaneiro ata a nosa querida Reira coa sana e lúdica intención de sacar unhas fotos complementarias para os Camariñas Beauty atrasados, unhas fotos que farán que vos chupedes os dedos, pero o temporal que alí atopamos dificultou sobremaneira o noso propósito de inmortalizar a estas dúas deusas da beleza. Pero eso sí, asistimos ao espectáculo inigualable dun temporal de mar, chuvia e frío en Reira, posiblemente o conxunto de praias e paisaxes máis fermoso do mundo. Para ver a noticia enteira pulsa na foto. ...

O vandalismo continúa en Camarinas

Vista exterior da casa da familia Pereira enfrente da Panadería Garrote Despois de queimar papeleras, containers e casas abandonadas ¿Cal será o paso seguinte? Os trasnoitadores (que non chiquiteros) que estaban a tomar unhas máis que merecidas copichuelas sabáticas nos pubs da parte alta de Camariñas, na madrugada do venres poideron ver con sorpresa como o camión de bomberos, un operativo de Protección Civil de Camariñas e a mesmísima Guardia Civil se movilizaban sobre a 1:30 da mañán para combatir un lume provocado polos pirómanos habituais na antiga casa da familia Pereira situada a escasos metros do famoso e peculiar barrio camariñán das Malvinas. Estos actos de vandalismo gratuito son obra dun grupo de adolescentes máis ou menos por todos coñecidos. Aínda que nestes casos a familia soe ser a última en enterarse, estos pais deberían facer un esforzo para saber o que realmente fan os seus fillos no seu abundante tempo de lecer, porque polo de agora o único damnificado foi o mobiliario urbano que todos costeamos cos nosos impostos, pero onte xa se dou un salto cualitativo prendendo lume a unha casa abandonada co risco conseguinte de que o fogo se expandira a outras vivendas, polo tanto a próxima vez xa non sabemos o que...

Debido ao gran numero de accidentes

A denominada "curva de la muerte" xa está en mans dos técnicos da COTOP Imaxe de arquivo dun dos accidentes na curva do Grifo Despois de duras investigacións por parte dos reporteiros de camarinas.eu conseguimos poñernos en contacto con responsables do Concello de Camariñas e preguntarlles polo tema dos consecutivos accidentes que se están a producir na curva do Grifo, antes da Baldomera, e agora xa denominada "Curva de la Muerte". Os representantes do Concello estiveron en conversacións cos responsables de mantemento deste tramo de carretera que pertence á COTOP xa hai máis de dúas semanas. Dito organismo dependente da Xunta de Galicia enviou a técnicos cualificados para tratar de detectar posibles erros e buscar solucións a tanto accidente en tan pouco tempo, un auténtico misterio insondable. O Concello, de momento e mentras os técnicos da COTOP non atopen a solución, recomenda que se circule por ese tramo de carretera que está situado en frente da casa de Chuco "O Grifo" a unha velocidade reducida de 30 km/h para evitar posibles accidentes. ...

Festa do Club Balonmán Camariñas 2007

Panorama e Olympus enchen o Polideportivo Municipal Así de concurrida estaba a festa do CB Camariñas este sábado Este sábado 29 de decembro o Club Balonmán Camariñas celebrou a súa festa anual no polideportivo de Camariñas na que actuaron dúas das mellores orquestras de Galicia: Panorama e Olympus. É de destacar o ambientazo que alí se vivío, con xente que non podía parar de bailar, acádandose según os organizadores unha entrada próxima ás 1.300 persoas. Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver unha galería de fotos. ...

Novo acto vandálico en Camariñas

A nosa Taller foi queimada e axusticiada este Domingo Neste estado quedou taller este domingo 24 de decembro A papeleira máis famosa de España foi asaltada este domingo a plena luz do día e queimada na calle á vista de todo o mundo que pasaba pola rúa. Despois de engalanarse para poder asistir á cea de fin de ano que celebrarán os usuarios de camarinas.eu, algúns gamberros con moita envidia, quixeron axusticiar á nosa querida Taller para que non puidera desfrutar de semellante festa que se aveciña. Aínda que a primeira impresión que tivemos ao chegar xunta o cadáver de Taller foi que se queimara "a lo bonzo", suicidándose por algún dos sus típicos desenganos amorosos... Deixándonos de bromas, esto xa non ten xeito. Os tolos que están a queimar os containers e as papeleiras que están ao lado mesmo das casas deberían de estar na cadea antes de que ocorra algo moito máis grave, porque non pode ser que se poña en perigo a vida da xente honrada e traballadora de forma tan grave e irresponsable, e que non pase absolutamente nada, sin que ninguén mova nin un dedo para evitar que ocorra unha desgracia maior. Por agora tivemos...