Lumarea na Area da Vila 2008

Cumprindo cos ritos paganos dunha tradición milenaria, o San Xoán 2008 de Camariñas xa está aquí e parece ser que este ano ven con forzas renovadas. A "Asociación Lumarea da Vila" presenta nesta edición unhas actividades para o día 23 de xuño sen precedentes en toda a historia do San Xoán en Camariñas xa que vai a haber festa desde as 17:00 da tarde ata as tantas da madrugada. Nos estaremos alí para brindarvos unha reportaxe co selo de calidade de camarinas.eu, a web maís vista da historia da Costa da Morte. ...

Segue a iniciativa de camarinas.eu para a Festa do Carmen

Un botín de 200 dólares norteamericanos   Camarinas.eu publicaba hai un par de semanas unha inicitiva da web máis vista da Costa da Morte (camarinas.eu, que nadie se engañe) para donar todos os cartos recaudados da publicidade de Google que podes ver en cada noticia desta web para a nova Comisión de Festas do Carmen. Hoxe chegamos a cifra espectacular de 200 dólares recaudados gracias ao apoio dos usuarios e lectores de camarinas.eu.  Cunha media de 6-7 dolares diarios e un máximo de 15 por día camarinas.eu pode converterse nun dos grandes aportadores económicos para a nosa festa sempre e cando todos colaboremos. Eu creo persoalmente que podemos chegar a máis e aínda que o obxectivo dos 1000 dolares parece moi lonxano non hai dúbida que si a metade das máis de 1200 visitas diarias colaboran chegaremos moi lonxe. Ánimo. ...

Enterro de Miguel O Venezolano

Miguel, os teus amigos nunca che olvidarán   Nun ambiente melancólico e triste estivemos acompañando a Miguel este mércores 4 de xuño no seu último traxecto, o que vai dende a Igrexa Parroquial de Carnés ata o cementerio do pobo. Alí estábamos todos os teus amigos do futbolín: Ilba, Chorente, Yago, Fran, Alberto, Richard, Sole, Malena, Mabel, a familia de Couto, Vicente de Anita, Alejandro, Alvito, Martín, Fernando, bueno, toda a peña nosa, xa sabes. Todos levamos as túas coronas e ramos ao teu lugar de descanso eterno. Eu creo que no ceo non hai conexión a internet porque se non levarías o teu portátil e poderías ler esta noticia e saber o muito que che poñemos de menos. Non te preocupes, non fai falta que o leas porque xa sabes o que che queremos muito e sempre estarás no noso recordo.  Ata sempre Miguel. P.D: Vaite practicando ao futbolín Miguel que temos pendiente unha partida. Non penses que me von a olvidar, amijo. ...

Accidente mortal dun camariñán en Santa Comba

Miguel traballando de camarero na festa do balonmán A última partida do meu amigo Miguel Cando chegaba pola porta do Pinar sempre había un sonriso no seu rostro. Sempre co seu Marlboro e o seu inseparable móbil de última xeneración, os cales apousaba na barra do bar mentras pedía unha Coca-Cola Light e, entre bromas e risas, decíanos aos amigos: "Venga va! una partidita al futbolín. Vamos tu y yo Diego contra estos dos que los machacamos, jaja". O caso é que algunha vez nos machacaban a nós pero sempre había outra oportunidad para volver poñer unha moneda e intentar a victoria, ata que nos cansábamos e él dicía: "¡Venga va! La última, Diego". ...
A comisión de festas na Cea do Carmen 2008

250 persoas na Cena do Carmen de Camarinas 2008

Estaban os organizadores desta cea moi nerviosos e é que non era para menos. Poucas veces se organizara un evento semellante para financiar as festas máis grandes do Concello de Camariñas. Pero este ano todo é distinto porque a esta idea hai que sumarlle a iniciativa de camarinas.eu de donar todo o diñeiro recaudado en publicidade á comisión de festas. Por iso parece que este ano todos imos de cabeza para organizar as mellores Festas do Carmen posibles. Pulsa na foto para ver un video e unha ampla galería con máis de 100 fotos do evento. A cena baile comezou pasadas as 9 e media da noite e discorreu nun clima de festa e ledicia ata pasadas as 3 da mañán onde aínda se podían ver aos últimos mohicanos pegándolle o bailoteo postrero. O Grupo Latinos, composto por catro viejas glorias da música pachanguera, fixo que a xente non poidera parar de bailar. Os meneos cadenciosos que alí se viron hipnotizaron a un redactor que non volveu a ser o mesmo no que restaba de noite. ...