Segue a iniciativa de camarinas.eu para a Festa do Carmen

Un botín de 200 dólares norteamericanos   Camarinas.eu publicaba hai un par de semanas unha inicitiva da web máis vista da Costa da Morte (camarinas.eu, que nadie se engañe) para donar todos os cartos recaudados da publicidade de Google que podes ver en cada noticia desta web para a nova Comisión de Festas do Carmen. Hoxe chegamos a cifra espectacular de 200 dólares recaudados gracias ao apoio dos usuarios e lectores de camarinas.eu.  Cunha media de 6-7 dolares diarios e un máximo de 15 por día camarinas.eu pode converterse nun dos grandes aportadores económicos para a nosa festa sempre e cando todos colaboremos. Eu creo persoalmente que podemos chegar a máis e aínda que o obxectivo dos 1000 dolares parece moi lonxano non hai dúbida que si a metade das máis de 1200 visitas diarias colaboran chegaremos moi lonxe. Ánimo. ...

Enterro de Miguel O Venezolano

Miguel, os teus amigos nunca che olvidarán   Nun ambiente melancólico e triste estivemos acompañando a Miguel este mércores 4 de xuño no seu último traxecto, o que vai dende a Igrexa Parroquial de Carnés ata o cementerio do pobo. Alí estábamos todos os teus amigos do futbolín: Ilba, Chorente, Yago, Fran, Alberto, Richard, Sole, Malena, Mabel, a familia de Couto, Vicente de Anita, Alejandro, Alvito, Martín, Fernando, bueno, toda a peña nosa, xa sabes. Todos levamos as túas coronas e ramos ao teu lugar de descanso eterno. Eu creo que no ceo non hai conexión a internet porque se non levarías o teu portátil e poderías ler esta noticia e saber o muito que che poñemos de menos. Non te preocupes, non fai falta que o leas porque xa sabes o que che queremos muito e sempre estarás no noso recordo.  Ata sempre Miguel. P.D: Vaite practicando ao futbolín Miguel que temos pendiente unha partida. Non penses que me von a olvidar, amijo. ...

Accidente mortal dun camariñán en Santa Comba

Miguel traballando de camarero na festa do balonmán A última partida do meu amigo Miguel Cando chegaba pola porta do Pinar sempre había un sonriso no seu rostro. Sempre co seu Marlboro e o seu inseparable móbil de última xeneración, os cales apousaba na barra do bar mentras pedía unha Coca-Cola Light e, entre bromas e risas, decíanos aos amigos: "Venga va! una partidita al futbolín. Vamos tu y yo Diego contra estos dos que los machacamos, jaja". O caso é que algunha vez nos machacaban a nós pero sempre había outra oportunidad para volver poñer unha moneda e intentar a victoria, ata que nos cansábamos e él dicía: "¡Venga va! La última, Diego". ...

Cena do Carmen de Camarinas 2008

250 persoas na Cea do Carmen 2008   A comisión de festas na Cea do Carmen 2008   Estaban os organizadores desta cea moi nerviosos e é que non era para menos. Poucas veces se organizara un evento semellante para financiar as festas máis grandes do Concello de Camariñas. Pero este ano todo é distinto porque a esta idea hai que sumarlle a iniciativa de camarinas.eu de donar todo o diñeiro recaudado en publicidade á comisión de festas. Por iso parece que este ano todos imos de cabeza para organizar as mellores Festas do Carmen posibles. Pulsa na foto para ver un video e unha ampla galería con máis de 100 fotos do evento. ...

Iniciativas Camarinas.eu : Festa do Carmen 2008

Fagamos entre todos a mellor festa do mundo Despois de que o noso querido usuario Machote anunciara hai uns días no Libro de visitas (un libro que supera xa as 10.000 mensaxes) que él mesmo se encargaría de recolectar os donativos para a Festa do Carmen en Suiza, quedamos a pensar na redacción un momento e fixémonos a seguinte pregunta: ¿Como podería camarinas.eu axudar a esta nova comisión de festas a engrandecer a nosa Festa do Carmen? Pulsa na foto para saber como e ver o novo vídeo tutorial realizado polo Soco explicando os pasos necesarios para elo. ...