Pasado, presente e futuro da Danza de Arcos de Camarinas

¿O arqueiro máis xoven da historia? Manuel non defraudou as expectativas no seu esperado día de debut ca Danza de Arcos Contan os que o coñecen que xa dende moi pequeno Manuel Lema Ageitos correteaba polo pasillo da súa casa  arriba e abaixo imitando á Danza de Arcos e que non se cansaba de visionar unha e outra vez os vídeos da mesma, xa que o gran soño de Manuel era precisamente o de poder un día bailar nas Festas do Carme na Danza de Arcos de Camariñas. Quedábanlle aínda tres interminables anos para chegar aos dezaseis reglamentarios para elo, cando no día de onte, e temendo unha desbandada en masa dos membros da Danza para este xoves 17 de xullo, seu tío Manolo, o actual director da Danza de Arcos, lle dixo que se preparase e estivera listo: o seu momento chegara. Pulsa na imaxe para ver as fotos que a nosa redactora Lucía tomou do primeiro baile de Manuel e da homenaxe que a Comisión lle brindou aos Directores da Danza de Arcos. ...

Festas do Carme: o Cirros, unidade móbil de camarinas.eu

¡Atención! Esta será a unidade móbil marítima de camarinas.eu O Cirros, a unidade móbil marítima de camarinas.eu, o noso buque-escuela Ca primeira, única e auténtica bandera norteamericana de toda a procesión das Festas do Carme, así será como vestirá as súas mellores galas o Cirros, o buque-escuela da flota naviera de camarinas.eu. Quedaríamos sen unidade móbil terrestre, pero como Gran Bretaña no pasado, a web máis vista da Costa da Morte, é a reina dos océanos, ¡que probe calquer outra páxina a arrabatarnos o dominio dos mares!. Pulsa na foto para ver o izado, a semellanza dos héroes da batalla de Iwo Jima, da bandeira das barras e das estrelas no Cirros, o buque da liberdade. ...

Festa do Carmen 2008: adestramento da Danza de Arcos

A Danza de Arcos xa está aquí pero sin Totis A Danza de Arcos de Camariñas xa está a punto para a gran cita da auténtica festa mariñeira das Rías Altas Este domingo 13 de xullo foi o último ensaio da Danza de Arcos de Camariñas, a cal xa está lista para actuar no día grande das festas máis mariñeiras das Rías Altas este 16 de xullo: a Festa do Carmen de Camariñas. Aínda que parece ser que o noso querido amigo Totis, que tanta ilusión tiña por asistir á Danza de Arcos este ano non vai a poder cumplir coa danza por culpa dun esguince na súa maltreita perna dereita. Totis, que ten cerca de 70 anos, nunca formou parte da Danza de Arcos e este ano quixo quitarse ese peso de enriba. Non sabemos si se recuperará pero as expectativas son moi negativas. Os que o viron desenvolverse sobre unha pista de baile nos seus bos tempos falan doutro Rudolph Nureyev, dun redivivo Baryshnikov, dun prodixio da danza. De todas formas e superando este duro golpe que tan grandes expectativas había xerado, todo está listo e preparado para a gran cita e camarinas.eu fará un despliegue especial cos seus...

Festa da Sardiña en Camariñas

Sardiñada no Curbeiro Lucía, redactora de camarinas.eu, recollendo información da Asociación de Empresarios Estaba este sábado  5 de xullo o director de camarinas.eu cubrindo unha voda en Vimianzo e un dos redactores tostándose ao sol en Reira, e ante este estado de desidia e abandono no que en ocasións se sume a redacción, as novas redactoras de camarinas.eu, decidiron que unha noticia da importancia da Festa da Sardiña non podía quedar sen cubrir e sobre as 19:00 presentáronse no Curbeiro para representar a nosa web neste evento gastronómico e firmar unha reportaxe sinxelamente perfecta. Que temblen os restantes medios de comunicación escritos, televisivos e radiofónicos: as novas redactoras de camarinas.eu xa están aquí. Pulsa na foto para ver a reportaxe completa. ...

Festa da Sardiña en Camariñas

Actividades para o verán da Asociación de Empresarios Cartel da Festa da Sardiña A asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas comeza mañá sábado a súa particular andadura de actividades que teñen previsto organizar para este verán. Estas comezarán coa "Festa da Sardiña" que se realizará este sábado 5 de Xullo a partir das 6 e media da tarde. Os asistentes a dita festa poderán degustar as sardiñas en 5 formas distintas de preparación: en empanada, conserva, rebozadas, asadas e tamén con cachelos. A esta festa gastronómica hay sumarlle outra prevista para o 16 de agosto adicada ao Berberecho. Esperemos que o tempo axude a esta nova directiva e poidan desenvolver estas actividades con todo éxito. Nos estaremos alí para facer unha reportaxe e, de paso, probar as nosas sardiñas en todas as preparacións. Despois daremos o veredicto de cal foi a preparación que máis nos gustou. Desde camarinas.eu animamos a todos os nosos usuarios e lectores a que acudan a esta orixinal "Primeira Festa da Sardiña". Pulsa na foto para ver o resto de actividades que a Asociación de Empresarios ten previsto organizar para este Verán 2008. ...