VII Xuntanza Cabalar en Reira, Camarinas

Espectáculo cabalar por todo o alto en Reira Un éxito impresionante de público consagrou a VII Xuntanza Cabalar Cando nunha das reunións semanais que celebra a redacción ao completo de camarinas.eu para diseñar o programa a desenvolver durante a semana, comentou a nosa redactora Lucía que xa a corta edade de 4 anos domara a bravura dun cabalo montando nel como unha experimentada amazona, estaba claro que era a persoa indicada para facer a reportaxe sobre a VII Xuntanza Cabalar que a Asociación Peña de Cabaleiros da Costa da Morte desenvolveu este 26 e 27 de xullo en Reira. Acompañada da súa irmán María Belén, a nosa Beauty, que era a que nesta ocasión portaba o bloc de notas, prantáronse as dúas, secundadas pola xoven becaria de camarinas.eu, a usuaria Lucía016, diante da Praia Grande de Reira para brindarvos esta reportaxe gráfica excepcional. ]]> ...

Festas do Carme 2008: Resumen Final

As fotos prohibidas do Carme 2008 O noso querido amigo Pino, todo un maestro no arte do meneo caderil Camarinas.eu, a web do millón de visitas, quere ofrecer como celebración de tan magno acontecemento un pequeno agasallo a todos os seus fieles lectores. Así, dando por finalizada a maior, mellor e máis impresionante cobertura periodística que tiveron nunca na súa historia unhas Festas do Carme de Camariñas, procedemos a publicar unhas fotos provintes dos archivos fotográficos privados e secretos da nosa redactora Lucía, do noso director Diego Alonso Freire e do redactor cultural Zhúkov. Pulsa na foto do bailoteo do maestro Pino para ver as 39 imaxes máis impactantes das Festas do Carme 2008. Unhas fotos que nunca deberían haber saído á luz. ...

Festas do Carme: Sardinada en Camarinas

18 de xullo: Ambiente sardiñeril A Sardiñada das Festas do Carme 2008 vista pola nosa redactora Lucía Carril Ageitos A inconfundible fragancia embriagadora da masacre sardiñeril esparcíase lenta, gaseosa, demoledora, na tarde de hoxe por tódolos recunchos dunha somnolienta e soleada vila de Camariñas traída dende a apartada Praia de Area da Vila por un vento amainado. Porque hoxe era o 18 de xullo, día final das Festas do Carme e día de Sardiñada popular dende hai xa uns cuantos anos, amén de ser tamén o aniversario de certo acontecemento que mellor non nombramos non vaia ser que algún nos vaia acusar de vaya usted a saber que, o que iba a ser xa o que nos faltaba e que unido o da bandeira norteamericana faría que nos expulsasen do país literalmente a gorrazos (e algunha patada tamén). En fin, axena a todas estas polémicas un tanto absurdas a nosa redactora Lucía bríndanos outra reportaxe co seu toque femenino característico. ...

Festa do Carmen 2008: Fogos Artificiais

Os mellores fuegos de tódolos tempos
Había anos que non se vía algo así. Un auténtico espectáculo de luz e sonido. Por eso ofrecémolo como un regalo para todos aqueles que por motivos de traballo ou por estar na emigración non puideron asistir a estes fogos. Uns "fuejos" cun final apoteósico no que, cando todo o mundo pensaba que a traca rematara, puídose ver un espectáculo de luces e explosións de menos de 10 segundos que, según palabras de algunha persoa que presenciou a traca: "deixoume os pelos de punta". Desde camarinas.eu esperamos que todos os que vos atopades fora da vosa Camariñas vos emocionedes con este vídeo como se emocionaron as miles de persoas que asistiron ao acto. ...

Festas do Carme de Camarinas. Procesión por mar

Unha procesión a tombo libre A procesión marítima, alma das Festas do Carme de Camariñas Pois efectivamente, cunha bandeira norteamericana na popa que facía que o Cirros, posiblemente o buque máis odiado e vilipendiado da historia das procesións da Virxe do Carme, parecera un deses luxosos yates de calquera dos exclusivos e exquisitos Clubs Náuticos da Costa Este dos USA, así foi como camarinas.eu, a reina non dos mares pero sí das webs, cubrío o día grande das nosas festas facendo un treito marítimo ata Muxía que ven marcado pola forza do vento do nordeste e que fixo que todos andivéramos literalmente a tombos. Pulsa na imaxe para ler a noticia e ver unha avalancha fotográfica de tan magno acontecemento. ...