Cena da Danza de Arcos de Camarinas

Os membros da Danza de Arcos danse unha homenaxe camarinas.eu volcada ca mellor Danza de Arcos do mundo dende o inicio ata o final As redactoras de camarinas.eu están que non paran. Despois do impresionante traballo realizado con motivo da apoteósica festa do Arnela do venres 1 de agosto, Adriana, Lucía e María Belén plantáronse o sábado na Cena que a Comisión de Festas do Carme adicaba como homenaxe aos membros da Danza de Arcos de Camariñas. Como é normal, a entrada das redactoras do xigante cibernético da Costa Atlántica provocou un entusiasmo xeneralizado entre os héroes da Danza de Arcos ao verse en presencia de tres belezas tan esculturais e impoñentes. Pulsa na imaxe para ver a homenaxe que se deron os membros da mellor Danza de Arcos do mundo. ...

Festa no Cafe Bar Arnela de Camarinas

Muchedumbre terrible no Arnela O maestro percusionista Tono da Riala levando á muchedumbre ata o éxtasis O Café Bar Arnela vivío este venres 1 de agosto sen dúbidas o momento máis histórico en tódolos anos da súa existencia cando preto de 500 persoas aproximáronse ao mesmo ao longo da noite con motivo da festa de despedida que camarinas.eu brindaba ás súas usuarias Sefa, Pauliña e Rocío, as cales en breve voltarán ás Illas Canarias. Unha muchedumbre como nunca se vío nun bar en Camariñas enchío o bar paradigmático do barrio de Corea ata os topes. Pulsa na imaxe do maestro timbaleril, Tono da Riala, para ver unha impresionante galería fotográfica de 240 fotos tomadas polas redactoras Adry e Lucía e o director Diego Alonso Freire acompañadas de 5 espectaculares vídeos.  ...

Festa no Cafe Bar Arnela

Melina e Diego estarán no Arnela este venres. ¿E ti? Melina e Diego estarán no Arnela este venres na festa total de camarinas.eu, ¿e ti? Pois non queda nada para que se produza o maior acontecemento festivo en Camariñas desde que Totis quixo acudir á Danza de Arcos na Festa do Carmen. Este venres (hoxe!) xuntaranse espontáneamente no Café Bar Arnela de Camariñas unha patrulla chiquiteril para facer unha festa ao estilo de camarinas.eu: sen pensar e inconscientemente. De todos modos esperamos que as nosas amigas e usuarias de camarinas.eu Pauliña e a juapísima filla da nosa querida usuaria a Mantida (Adriana) teñan o repertorio ben ensaiado porque as cámaras van a estar rodando. Ao mesmo tempo farase un reencontro de dous amigos que, aínda que fai pouco tempo que se coñecen, xa se extrañaban. Estes dous son Diego (o noso destartalado e ridículo director) e Melina, a juapiña usuaria de camarinas.eu e amiga desta web. Pois nada, acabamos esta noticia invitando a todos os camariñáns a participar nesta festa espontánea. Unha festa que vai dar a volta ao mundo. Unha festa na que tes que estar si eres camariñán. A partir das dez da noite no Arnela. Haberá pinchos...

Cena do Emigrante en Camarinas

 A Comisión do Carmen homenaxeou aos emigrantes A Cena do Emigrante foi un completo éxito de público Camarinas.eu, a web que non da abasto a publicar noticias, publica hoxe unha exclusiva que aconteceu o pasado xoves 24 de xullo cando a nova e exitosa Comisión de Festas que organizou as recentes Festas do Carme de Camariñas quixo homenaxear aos emigrantes que colaboraron desinteresadamente (como todos os camariñáns) na organización das maravillosas e espléndidas Festas adicadas á Patrona dos mariñeiros. Pero as Festas do Carme, as festas mariñeiras máis grandes de toda esta Costa Atlántica, non podían marchar sen antes dedicarlle unha cena a todos os emigrantes camariñáns que tanto colaboraron na súa organización, e  por elo este xoves 24 de xullo concentráronse no restaurante "Os 4 Ventos" un gran número de emigrantes camariñáns  que están a pasar as súas merecidas vacacións na nosa vila. Así, como culminación ao seguimento máis impresionante e intensivo que tivo a nosa Festa do Carme de Camariñas en toda a súa historia por un medio de comunicación, queremos pechar este seguimento coa publicación da "Cena do Emigrante 2008", o seu merecido broche de ouro. ...

Festa de despedida as nosas usuarias nas Illas Canarias

¡Este venres Festa no Arnela! Adriana, a fermosa redactora de camarinas.eu, xa ten o seu acordeón listo para este venres Este venres 1 de agosto estase preparando unha festa histórica no Café Bar Arnela, con motivo da despedida das usuarias máis rumbeiras de camarinas.eu nas Illas Canarias, Sefa, Rocío A Piruca e Paula Más. Os preparativos da que alí se pode armar e aos que tivo acceso en exclusiva esta redacción meten medo. Así,  está previsto un dúo máxico formado por Adriana ao acordeón e Pauliña ca súa portentosa voz; unha nova actuación do sen dúbida mellor conxunto vocálico e chiquiteril de toda a Costa da Morte: os Tres Tenores (Manolo do Panadeiro, Juan do Penedo e Tono de Riala, como percusionista experimentado, o Tito Puente desta Franxa Atlántica). Todo elo condimentado por uns pinchos e tapas elaborados polas mans sabias de Gelinita e o ambiente cubatero e chiquiteril clásico do Arnela. Ademáis, 32 ventos prometío mostrar a súa verdadeira cara, a nosa usuaria Lusina busca por Santiago desesperada uns platillos para que destaque o arte timbaleril do maestro Tono da Riala, e incluso se rumorea que dous representantes de aquel lexendario grupo de rock de destino fatal e música celestial,...