Continán a bo ritmo as importantes obras de mellora da Rúa Pinzón en Camariñas

Continúan a bo ritmo as importantes obras de mellora da Rúa Pinzón en Camariñas

Na mañán deste venres 15 de xuño a redacción de Camarinas.eu procedía a comprobar o estado das importantes obras realizadas polo Concello de Camariñas na Rúa Pinzón da Vila das Palilleiras. Neste importante vial pudemos comprobar que as obras continúan a moi bo ritmo e xa cáseque se están a remantar coa colocación de toda a canalización así como das acometidas de augas de todas as vivendas necesarias para que estas teñan subministro do líquido elemento. Así tamén hai que decir que se soterrarán todo o enmarañado tendido eléctrico que afea esta amplia rúa. Xa con estes traballos a piques de rematar, coméntanos o concelleiro de obras Juan Carlos Canosa que a partires da semana que ven comezarán os traballos de hormigonado e colocación de pedras de granito decorativas na rúa Pinzón co que se espera que en unhas poucas semanas estean definitivamente rematadas esta importante actuación. A rúa Pinzón cambiará deste xeito para ser unha das vías máis remozadas de todo o concello, unha nova imaxe acorde coa súa vital importancia dentro do rueiro camariñán. ...
Don José Canosa Canosa, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Don José Canosa Canosa, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Na media mañán deste martes 12 de junio de 2017 era atopado na súa casa da Area da Vila por un familiar o corpo sen vida do noso querido amigo José Canosa Canosa máis coñecido en toda a vila das palilleiras por Pepe de Villar. Despois de ser levantado o cadaver polas autoridades, os responsables médicos resolveron que o corpo sen vida de Don José, de 71 anos de idade, debería de ser trasladado ao instituto forense para serlle practicada a autopsia que exclarecera as causas da morte deste veciño de Camariñas. Ata medio día deste mércores 13 de xuño non chegaba o féretro co corpo sen vida de Don José ata o Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, onde será velado ata que ás 16:45 da tarde deste xoves sexan trasladados cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas para ser celebrado o funeral de corpo presente por Don Pepe. Acto seguido o corpo sen vida deste estimado veciño será trasladado ata o Cemiterio Veciñal de Camariñas onde será realizado o seu sepelio e onde os restos mortais de Don José terán merecido descanso eterno. Vaian dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a...
A comisión de festas presentou o cartel da Festa do Carmen de Camariñas 2018

CELEBROUSE A CEA PARA RECADAR FONDOS PARA A FESTA “SEN RIVAL” DO CARME DE CAMARIÑAS

Este sábado, no pavillón municipal do Areal, 173 persoas reuníronse en torno a varias mesas para cear, bailar, pasar unha boa noite rodeadas de amigos e, sobre todo e por riba de todo, para contribuír coa súa xenerosidade sen límites, a recadar fondos para que o Carme de Camariñas siga sendo a festa SEN RIVAL de tódalas que se celebran en España. Alí estiveron moitas familias, 16 dos asistentes eran nenos que o pasaron de medo nos inchables que instalou desinterasadamente ARTE LÚDICO, dos nosos amigos Martín e Maica, representacións de comisións de festas dos pobos veciños e das festas de San Xurxo, moitos xoves e maiores que bailaron ate as tantas cos sons da Disco Móvil Impacto que xenerosamente o noso amigo Ernesto aportou para contribuír ao divertimento xeral. ...
Os heredeiros da Crus no 10º aniversario da Lumarea da Vila de Camariñas

Os heredeiros da Crus no 10º aniversario da Lumarea da Vila de Camariñas

Non damos avasto con tanta festa en todo o concello de Camariñas!! A xa tradicional Lumarea da Vila organizada pola asociación homonima cumpre este ano o seu décimo cumpreanos, e para celebralo tanto a asociación como o concello organizan unha espectacular festa o día 22 de xuño no que se celebrará un espectacular concerto que terá como cabeza de cartel nin máis nin menos que aos Heredeiros da Crus. Grupo de rock ribeirense co cal tiveron ocasión de compartir cartel algúns que outros redactores desta web na festa da Fervenza de Mazaricos alá polos míticos anos noventa. ...
EXCLUSIVA! O Espectacular cartel da Festa do Carmen 2018 en Camariñas

EXCLUSIVA! O Espectacular cartel da Festa do Carmen 2018 en Camariñas

Tal como prometéramos o mellor club de fútbol do século XXI gañou a décimoterceira e a a máis completa formación festeira da Costa da Morte organizou a mellor festa posible do Arco Atlántico. Tal como no caso da Gloria Blanca, esto xa se fai por simple aplicación dun método transmitido por xeracións precedentes. E así en breves datas dende a posta de largo xa temos o Cartel da Festa do Carmen do 2018, no que fichando aquí e alá conformouse un plantel festeiro de primeiro nivel, plantel que tamén como sempre presenta ao noble pobo camariñán en exclusiva Camarinas.eu xa que nin máis nin menos o seu director e fotógrafo de bodas na Costa da Morte Diego Alonso Freire elaborou desinteresadamente o seu cartel tal e como o leva facendo con tanto éxito nestes derradeiros anos. E así un ano máis, poñendo todos algo de sí mesmos sin máis interese que ver a nosa Camariñas no top festivo nacional, estamos ás portas dun Carmen que fará historia.... ...