Dona María Valiña Canosa, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Dona María Valiña Canosa, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Na mañán deste luns 21 de maio de 2018 a redacción desta web recibía a triste noticia da defunción da querida veciña de Camariñas Dona María valiña Canosa aos seus 82 anos de idade. Señora María, máis coñecida en todo o barrio de Buría por María "A Colorada" está sendo velada no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a súa querida Igrexa de San Xurxo ás 17:45 horas deste martes 22 de maio de 2018. Xa no templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente por Dona María para, acto seguido, ser trasladados os seus restos mortais cara o Cemiterio Veciñal de Camariñas onde Dona María terá merecido descanso eterno. Vaian dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias nestes duros momentos que están a pasar a toda a familia e amigos de Dona María Valiña Canosa. Descanse en Paz. ...
Don Jorge Castiñeira Castro, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Don Jorge Castiñeira Castro, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Seguimos a padecer tráxicas noticias en todo o Concello de Camariñas e voltamos desta vez a publicar outra esquela. Neste caso trátase da defunción na madrugada deste mércores 16 de maio do querido veciño de Buría Don Jorge Castiñeira Castro aos seus tempranos 69 anos de idade. O corpo sen vida de Don Jorge está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá ás 18:00 horas da tarde deste mércores 16 de maio cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas onde será celebrado o funeral de corpo presente de Don Jorge. Acto seguido procederase a realizar o sepelio deste querido veciño de Buría no Cemiterio Municipal de Camariñas onde os restos mortais de Don Jorge terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Jorge Castiñeira Castro. Descanse en Paz. ...
Don José González Canosa, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Don José González Canosa, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Na media mañán deste triste martes 15 de maio de 2018 a redacción desta web recibía a tráxica noticia da morte do noso querido amigo Don José González Canosa aos seus 85 anos de idade. Don José, máis coñecido cariñosamente en toda Camariñas como Pepe Grande, está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá ás 16:15 da tarde deste mércores 16 de maio de 2018 cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas onde será celebrado o Funeral de Corpo Presente por Don José. Acto seguido o corpo sen vida de Don José será trasladado ata o Cemiterio Veciñal de Camariñas onde os restos mortais do querido veciño de Camariñas e amigo dos vellos tempos do Café Bar Arnela, Pepe Grande, terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción toda a forza e cariño á familia e amigos de Don José González Canosa "Pepe Grande", Descanse en Paz. ...
Domingo 27 de maio, Festa Popular do Foxo dos Lobos de Camariñas

Domingo 27 de maio, Festa Popular do Foxo dos Lobos de Camariñas

O domingo 27 de maio na zona de Reira de Camariñas, celebrase esta segunda edición da festa do Foxo dos Lobos. A asociación Dequenquen, o Concello de Camariñas e a Deputación da Coruña colaboran na realización deste evento que pon en valor un un dos patrimonios inmateriais e das construcións etnográficas máis singulares da provincia: o foxo dos lobos. ...
Paula Esteiro Ramos, nomeada Camariñana de Honra 2018

Paula Esteiro Ramos, nomeada Camariñana de Honra 2018

A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” acordou nomear á atleta camariñana Paula Esteiro Ramos, Camariñana de Honra 2018. Este recoñecemento, que se fai por primeira vez, pretende, con carácter anual e coincidindo coa festividade do Carme de Camariñas, recoñecer á persoa, entidade ou institución que represente mellor os valores camariñáns.  ...