Dona Matilde Bouzas Bermúdez, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Dona Matilde Bouzas Bermúdez, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Outra nota tráxica da que temos que dar conta aquí nesta web. Na noite deste venres 7 de decembro de 2018 falecía de forma tráxica a nosa querida amiga Matilde Bouzas Bermúdez aos seus tempranos 62 anos de idade. Tilde do Peruco, como era cariñosamente coñecida en toda a vila de Camariñas perdeu a derradeira batalla que libraba pola súa vida contra esa terrible enfermidade, verdadeira lacra dos nosos tempos, na súa casa de Camariñas despois dunha durísima e longa loita. O corpo sen vida da nosa amiga está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá este domingo 9 de decembro ás 15:45 da tarde cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo. Xa no templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona Matilde para, acto seguido, será procederase a realizar o seu sepelio. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Matilde Bouzas Bermúdez. Descanse en Paz. ...
Don Ramón Pasantes Tajes, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Don Ramón Pasantes Tajes, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Volta a golpear a traxedia á comunidade camariñana emigrada en Londres (UK) e desta volta temos que dar parte da triste noticia da defunción do noso querido amigo Don Ramón Pasantes Tajes aos seus 78 anos de idade. Dase a tráxica casualidade de que Don Ramón falecera no Reino Unido xusto unhas horas despois de que o fixera a súa dona e inseparable amiga Dona Carmen Ventoso Pasantes, unha terrible coincidencia que nos aflixe máis si cabe. O corpo sen vida deste estimado veciño da vila das Palilleiras está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo ás 15:30 da tarde deste venres 7 de decembro de 2018. Xa alí, no sagrado templo camariñán, será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Ramón para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Camariñas onde os restos mortais de Don Ramón terán merecido descanso eterno ao carón da súa esposa Dona Carmen. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Ramón Pasantes Tajes nestes durísimos momentos que están a pasar. Descanse en Paz. ...
Dona Corales Rodríguez Ramos, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Dona Corales Rodríguez Ramos, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Continúa o incesante goteo de noticias tráxicas que asolan a toda a veciñanza da vila dos encaixes. Desta volta temos que dar conta do pasamento da nosa querida amiga Dona Corales Rodríguez Ramos aos seus 73 anos de idade. O corpo sen vida de dona Corales, moi querida en toda a vila das palilleiras, está sendo velada no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 15:45 deste xoves 6 de decembro de 2018. Xa no santuario camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona Corales para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Municipal de Camraiñas onde a nosa amiga terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceitas condolencias a toda a familia e amigos de Dona Corales Rodríguez Ramos. Descanse en Paz. ...
Don Francisco Mouzo Carril, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Don Francisco Mouzo Carril, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Na tarde deste venres 30 de novembro deixaba este mundo na súa casa de Buría o querido veciño de Camariñas don Francisco Mouzo Carril aos seus 76 anos de idade. O corpo sen vida de Don Francisco está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 15:45 deste sábado 1 de decembro de 2018. Xa alí, no sagrado templo camariñán, será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Francisco para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no cemiterio veciñal de Camariñas. Dende esta redacción queremos expresar o noso máis sinceiro pésame a toda a familia e amigos de Don Francisco Mouzo Carril, Descanse en Paz. ...
Atopado un corpo sen vida na praia de Portecelo en Camariñas

Atopado un corpo sen vida na praia de Portecelo en Camariñas

Na mañán deste 29 de novembro de 2018 un veciño de Camariñas e amigo desgta redacción atopaba na beira da praia de Portecelo o que eran os restos dun corpo humano en avanzado estado de descomposición. Dado o aviso ás autoridade competentes ata alí se achegaron membros da Garda Civil, Policía Municipal así como de Protección Civil de Camariñas para facerse cargo da situación. Todo apunta a que este cadáver sexan os restos do rapaz ecuatoriano desaparecido na Virxen do Monte mentras practicaba pesca deportiva aínda que esto poderano verificar próximamente os servizos sanitarios responsables da identificación do corpo atopado. De tratarse deste xoven, remataría así o calvario desta familia que xusto hoxe, cumpría un mes dende a desaparición do seu ser querido, ao cal poderán enterrar cristianamente si se confirma a súa identidade. ...