A travesía a nado entre Camariñas e Muxía poderá pasar a formar parte do ‘Circuíto Travesía Costa Abanca’

A travesía a nado entre Camariñas e Muxía pasará a formar parte do ‘Circuíto Travesía Costa Abanca’

Está previsto que a próxima edición da travesía a nado entre Camariñas e Muxía pase a formar parte do ‘Circuíto Travesía Costa Abanca’. Aínda falta a confirmación oficial pero así o acordaron con dous dos organizadores deste evento o concelleiro de Deportes de Camariñas, José Manuel Canosa Campaña, o de Muxía e a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua. ...
Festa de reinauguración do Café Bar Pinar da nosa usuaria Karina

Festa de reinauguración do Café Bar Pinar da nosa usuaria Karina

Pois foi Gelinita xubilarse e pechar o emblemático Café Bar Pinar e outra usuaria de Camarinas.eu é agora a que se lanza a emprender unha nova carreira empresarial neste local hostaleiro. A nosa querida lectora e usuaria Karina ben de rematar todos os preparativos de acicalamento do Bar Pinar e na tarde deste venres 18 de xaneiro de 2019 abrirá as súas portas cunha gran festa para todos os que asistan a esta especial reapertura. Haberá pinchos para todos os asistentes, segunda consumición gratis e, se todo esto fora pouco, unha gran festa folk amenizada polos gaiteiros de "Con Toda en Banda". Pois xa sabedes, todos aqueles que vos guste a festa non vos podedes perder na tarde deste venres a inauguración do Café Bar Pinar de Karina. Nos alí estaremos para apoiar a nosa amiga nesta nova etapa da súa vida como empresaria. Moita sorte Karina! ...
Dona María Manuela Castro Romero, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Dona María Manuela Castro Romero, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

O lugar de Lingunde en Camariñas xa non voltará a ser o mesmo. Na tarde deste luns 14 de xaneiro de 2019 deixaba este mundo a querida veciña de Camariñas Dona María Manuela Castro Romero aos seus 83 anos de idade. Dona María, máis coñecida como María de Piñolo e moi estimada en toda a vila das palilleiras, era tamén recoñecida por todos por ser a propietaria do lexendario Bar Lingunde sito na fermosa praia camariñana que seguro amencerá no día de hoxe triste e melancólica. O corpo sen vida de Dona María está sendo velado no Tanatorio-Crematorio Albia da Coruña onde esta querida veciña de Lingunde residía dende hai uns anos xunto á súa filla. O funeral de corpo presentepola alma de Dona María celebrarase ás 17:00 horas deste martes 15 de xaneiro na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas para, acto seguido, ser trasladado o seu féretro cara o Cemiterio Veciñal onde os restos mortais de Dona María terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción todo o noso cariño e ánimo nestes momentos tan duros a toda a familia e amigos de Dona María Manuela Castro Romero. Descanse en Paz. ...
Novas actividades da Comisión de Festas 2019 do Carmen de Camariñas

Novas actividades da Comisión de Festas 2019 do Carmen de Camariñas

A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” é unha entidade sen ánimo de lucro que desenvolve distintas actividades ao longo do ano, aínda que a súa función principal é a organización das festas patronais do Carme de Camariñas. Tamén desenvolve todo un amplo abano de actividades, entre elas, a organización de distintas actividades deportivas vinculadas ao aire libre, como son as andainas. ...
Don Inocencio López Rey, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Don Inocencio López Rey, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Na mañán deste xélido martes 8 de xaneiro de 2019, esta redacción recibía a triste noticia da morte do noso querido amigo Don Inocencio López Rey na súa casa de Buría aos seus 86 anos de idade. O corpo sen vida do señor Chencho, tal e como era popularmente coñecido en toda a vila das palilleiras, está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo ás 15:45 da tarde deste mércores 9 de xaneiro de 2019. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Inocencio López Rey para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no cemiterio veciñal de Camariñas onde os restos mortais deste querido veciño de Buría terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Inocencio López Rey "Chencho". Descanse en Paz. ...