Novas actividades da Comisión de Festas 2019 do Carmen de Camariñas

Novas actividades da Comisión de Festas 2019 do Carmen de Camariñas

A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas” é unha entidade sen ánimo de lucro que desenvolve distintas actividades ao longo do ano, aínda que a súa función principal é a organización das festas patronais do Carme de Camariñas. Tamén desenvolve todo un amplo abano de actividades, entre elas, a organización de distintas actividades deportivas vinculadas ao aire libre, como son as andainas. ...
Don Inocencio López Rey, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Don Inocencio López Rey, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Na mañán deste xélido martes 8 de xaneiro de 2019, esta redacción recibía a triste noticia da morte do noso querido amigo Don Inocencio López Rey na súa casa de Buría aos seus 86 anos de idade. O corpo sen vida do señor Chencho, tal e como era popularmente coñecido en toda a vila das palilleiras, está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo ás 15:45 da tarde deste mércores 9 de xaneiro de 2019. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Inocencio López Rey para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no cemiterio veciñal de Camariñas onde os restos mortais deste querido veciño de Buría terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Inocencio López Rey "Chencho". Descanse en Paz. ...
Os socialistas de Camariñas cansados dos desprecios de Portos de Galicia

Os socialistas de Camariñas cansados dos desprecios de Portos de Galicia

Aquí en Camarinas.eu xa levávamos moito tempo sen lembrar todas as tropelías das que o noble pobo de Camariñas foi obxecto por parte de Portos de Galicia, e a verdade é que xa temos perdida a conta de tanta humillación. En realidade poderíamos crear unha sección aparte para elo, ou xa postos se podería confeccionar toda unha páxina web; un repositorio de todos e cada un dos enganos, desprecios e humillacións que dende xa hai anos este ente público dependente da Xunta de Galicia, ten perpetrados contra as xentes deste concello. Dende que un tal Álvarez-Campana se postulara como o maior farsante da historia de Camariñas non se vira tal sarta de mentiras arroxadas a toda unha alcaldesa dun humilde concello da Costa da Morte. O caso é que o novo protagonista desta outra afrenta ao milenario pobo de Camariñas non foi outro que o noso querido amigo JJ Durán. Unha persoaxe que sempre nos pareceu simpatica e dicharacheira pero que, sempre que ten oportunidade, infrinxe un castigo desproporcionado aos nosos veciños da Costa da Morte. Xa se sabe, para os sectarios primará sempre antes de todo a cor política que a seguridade dos seus conveciños. ...
A Comisión do Carme organiza unha nova Andaina pola costa de Camariñas

A Comisión do Carme organiza unha Andaina dende Camelle ata Camariñas

A comisión de veciños encargada da organización da Festa do Carmen de Camariñas encara o inicio deste novo ano cunha chea de proxectos e actividades das que iremos dando boa conta aquí nesta web. Entre todas elas procedemos a publicar o anuncio dunha nova Andaina do Carmen pola costa de Camariñas que se celebrará o próximo domingo 27 de xaneiro e que dará comezo na Casa do Alemán en Camelle rematando na Casa de Pedra de Camariñas. Nesta nova edición destas exitosas andaindas, ademáis de coidar a saúde facendo deporte, terás a oportunidade de colaborar na recaudación de fondos para o Carmen 2019. O punto de chegada e lugar de recepción de participantes é a Casa de Pedra sendo a hora de saída do Museo de Man ás 10 horas. Habilitarase un punto de concentración na Casa de Pedra ás 9:30 para todos aqueles que non dispoñan de coche para ir pola súa conta ata Camelle. Os interesados en participar nesta andaina poden facelo chamando ao teléfono de contacto 646 94 22 95 onde os informarán de todos os detalles da actividade. Compre destacar que despois de ter rematada esta intensa camiñata todos os asistentes veranse recompensados cunha espectacular churrascada...
Dona Virtudes Rodríguez Soneira, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Dona Virtudes Rodríguez Soneira, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Segue o incesante goteo de decesos que está a asolar á vila das Palilleiras e nunca mellor dito. Na tarde deste luns 24 de decembro, día de noiteboa de 2018, a redacción desta web recibía aflixida,  da man da alcaldesa Sandra Ínsua, a triste noticiado falecemento dunha das palilleiras máis emblemáticas de todo o Concello de Camariñas. Dona Virtudes Rodríguez Soneira, presidenta da Asociación de Palilleiras Rendas de Camariñas e cariñosamente coñecida en todo o municipio polo sobrenome de "A Porfica", falecía nestas datas tan sinaladas no Hospital Comarcal de Cee aos seus 76 anos de idade. O corpo sen vida de Dona Virtudes está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 15:45 da tarde deste triste mércores 26 de decembro. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma da Porfica para, acto seguido, ser celebrado o seu sepelio onde os restos mortais desta gran muller terán merecido descanso eterno. ...