Manifestación contra os recortes en pediatría no Concello de Camariñas

Manifestación contra os recortes en pediatría no Concello de Camariñas

O pasado xoves 21 de febreiro Camariñas recibía a visita do Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo nun encontro con pouco máis de 100 simpatizantes e militantes do partido conservador no concello. Paralelamente, no mesmo día, a mesma hora e no mesmo lugar, organizábanse unhas cantas nais e pais para protestar diante do xefe do executivo galego por mor dos recentes recortes en pediatría que o Sergas aplicaba despiadadamente nos centros médicos de todo o término municipal de Camariñas, castigando desta forma tan desproporcionada aos nenos e nenas camariñáns ao exilio médico. Sen olvidar que nestes momentos o concello está a sofrir unha misteriosa vaga de casos de tuberculose que está a preocupar a todos os pais e nais do concello. A esta mobilización de veciños de Camariñas sumouse un pequeno grupo da coordinadora "Zas sen Recortes" así como algúns dos concelleiros do PSdeG-PSOE de Camariñas entre outros. Tamén atendía a este chamamento de última hora destes pais e nais a expresidenta do Parlamento de Galicia Marisol Soneira que quixo estar acompañando a estes pais na súa xusta reivindicación.  ...
Don Mario Pasantes Carril, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

Don Mario Pasantes Carril, veciño de Camariñas, Descanse en Paz

O que está a acontecer estes derradeiros anos en Camariñas pode tomarse como unha praga maldita. Estamos a falar das defuncións continuas que día tras día se producen en todo o territorio municipal. Habería que coller papel e lápiz e tomarse un momento para revisar as estadísticas porque nos entendemos que esto xa non é normal. Antonte en Camariñas, onte na Ponte do Porto e hoxe outra vez a traxedia volvía a zarandear a vila das Palilleiras cando na tarde deste venres primeiro de marzo de 2019 esta redacción recibía a triste noticia da morte do querido veciño de Camariñas Don Mario Pasantes Carril aos seus 66 anos de idade. O corpo sen vida de Don Mario está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 17:45 da tarde deste sábado 2 de marzo de 2019. Xa no sagrado santuario camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Mario para, acto seguido realizarse o seu sepelio no cemiterio municipal de Camariñas onde os restos mortais deste querido veciño de Camariñas terán merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras...
Dona María Dolores Romar Miranda, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Dona María Dolores Romar Miranda, veciña de Camariñas, Descanse en Paz

Na mañán deste xoves 28 de febreiro de 2019 a redacción desta web recibía a triste noticia da morte da querida veciña de Camariñas Dona María Dolores Romar Miranda aos seus 84 anos de idade. O corpo de Señora Roca do Campo, tal e como era cariñosamente coñecida en toda a vila das Palilleiras está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo ás 16:30 da tarde deste venres 1 de marzo de 2019. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona María Dolores para, acto seguido, ser realizado o sepelio desta estimada veciña do mítico barrio do Campo onde terá merecido descanso eterno no Cemiterio Veciñal de Camariñas. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona María Dolores Romar Miranda. Descanse en Paz. ...
Xa está aquí o cartel da Virxe do Monte de Camariñas 2019

Xa está aquí o cartel da Virxe do Monte de Camariñas 2019

Dende a Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme” de Camariñas envíannos o cartel da Virxe do Monte de Camariñas 2019 acompañado este dunha detallada nota de prensa anunciando a primeira cita festeira da vila das palilleiras. Trátase esta celebración camariñana que se perde no tempo unha das romaría máis importantes desta comarca na que nesta edición do ano 2019 os integrantes da comisión organizaron un cartel cheo de actos tradicionais. Dende o sábado día 20 ata o luns 22 de abril, día grande da Virxe do Monte, estarán comprendidos os festexos preparados para esta nosa virxiña á que tanta devoción se lle ten en toda Camariñas. Pero mellor que nolo conten polo miúdo os integrantes desta laboriosa comisión de festas que está a desenrolar un intenso traballo para a organización das nosas festas. ...
Charla no Colexio O Areal sobre os recentes brotes de tuberculose detectados en Camariñas

Charla no Colexio O Areal sobre os recentes brotes de tuberculose detectados en Camariñas

Na mañán deste 13 de febreiro de 2019 estaban convocados os pais e nais dos nenos do centro escolar O Areal de Camariñas a unha charla sobre a tuberculose. Dita charla foi organizada recentemente pola ANPA do centro camariñáns por mor de solventar dúbidas e temores sobre os últimos casos desta enfermidade detectados nos últimos meses no concello. N reunión informativa que corría a cargo da doutora María Otero, encargada do protocolo de actuación en Camariñas, quixo tranquilizar a todos os asistentes alegando que esta é unha enfermidade endémica en Galicia e que sempre pode haber casos nos que se detecten algúns brotes, como é este último caso actual de Camariñas. Así e todo a facultativa coruñesa quixo recordar que este protocolo que se está a desenvolver na vila das palilleiras é un sistema internacional de actuación en casos leves de brote da tuberculose e que pode tratarse éste como normal. Ademáis quixo recalcar que non todos os contaxiados poden desarrollar a enfermidade, e non todos os enfermos poden ser contaxiosos. En todo caso a Dra. María Otero explicou polo miúdo todo o que se está a facer para que eses casos estean controlados. Dende esta web cremos que é...