Xa está aquí o cartel da Virxe do Monte de Camariñas 2019

Xa está aquí o cartel da Virxe do Monte de Camariñas 2019

Dende a Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme” de Camariñas envíannos o cartel da Virxe do Monte de Camariñas 2019 acompañado este dunha detallada nota de prensa anunciando a primeira cita festeira da vila das palilleiras. Trátase esta celebración camariñana que se perde no tempo unha das romaría máis importantes desta comarca na que nesta edición do ano 2019 os integrantes da comisión organizaron un cartel cheo de actos tradicionais. Dende o sábado día 20 ata o luns 22 de abril, día grande da Virxe do Monte, estarán comprendidos os festexos preparados para esta nosa virxiña á que tanta devoción se lle ten en toda Camariñas. Pero mellor que nolo conten polo miúdo os integrantes desta laboriosa comisión de festas que está a desenrolar un intenso traballo para a organización das nosas festas. ...
Charla no Colexio O Areal sobre os recentes brotes de tuberculose detectados en Camariñas

Charla no Colexio O Areal sobre os recentes brotes de tuberculose detectados en Camariñas

Na mañán deste 13 de febreiro de 2019 estaban convocados os pais e nais dos nenos do centro escolar O Areal de Camariñas a unha charla sobre a tuberculose. Dita charla foi organizada recentemente pola ANPA do centro camariñáns por mor de solventar dúbidas e temores sobre os últimos casos desta enfermidade detectados nos últimos meses no concello. N reunión informativa que corría a cargo da doutora María Otero, encargada do protocolo de actuación en Camariñas, quixo tranquilizar a todos os asistentes alegando que esta é unha enfermidade endémica en Galicia e que sempre pode haber casos nos que se detecten algúns brotes, como é este último caso actual de Camariñas. Así e todo a facultativa coruñesa quixo recordar que este protocolo que se está a desenvolver na vila das palilleiras é un sistema internacional de actuación en casos leves de brote da tuberculose e que pode tratarse éste como normal. Ademáis quixo recalcar que non todos os contaxiados poden desarrollar a enfermidade, e non todos os enfermos poden ser contaxiosos. En todo caso a Dra. María Otero explicou polo miúdo todo o que se está a facer para que eses casos estean controlados. Dende esta web cremos que é...
Se vende solar edificable na Rúa Sofía Rivas de Camariñas

Se vende solar edificable na Rúa Sofía Rivas de Camariñas

He aquí outra oportunidade para todos aqueles inversores que desexen apostar por un valor sempre en alza como é o mercado inmobiliario dunha vila costeira. A poucos metros daquela ganga inmobiliaria que publicáramos nesta web hai unhas semanas adxuntamos outra gran ocasión á oferta inmobiliaria de Camariñas. Trátase da posta en venta dun coqueto solar hai uns días por parte do seu propietario, moi ben situado e en pleno casco urbán da vila das palilleiras, con todos os papeis en regla para comezar a construir a casiña dos soños de calqueira cidadán. Situado este terreo nunha das zonas máis tranquilas de todo o nucleo urbán camariñán, alexada dos inclementes ruidos da axetreada actividade do noso porto pesqueiro, que se pon a venda recentemente por un prezo moi asequible. Así que todo aquel que desexe cumplir o soño da súa vida e comezar a facer a súa casiña nunha vila como Camariñas non ten máis que poñerse en contacto co teléfono do dono deste inmoble no 660 32 03 10 onde o atenderán moi cordialmente. Non deixedes pasar estas oportunidades únicas!! ...
Historias de Camariñas: A Escola, por Antonio Puertas "Beldoña"

Historias de Camariñas: A Escola, por Antonio Puertas "Beldoña"

Transcorreron xa un lote de anos, dende aqueles afastados tempos en que a xeración miña acudía á escola. Os nenos viñamos sendo, máis ou menos, coma ós de hoxe en día: inquedos, fantasiosos, fieis aos amigos, pillabáns, touporroutous, enxeñosos..., Mais, algo mudou dende aquela infancia da posguerra. Tempos de aros, de espadas de pau, de tiracroios, de Pita Cega, de Mariola... até o día de hoxe, onde todo está a virar en col do móbil, do televisión de plasma, ou do coche de última xeración... Hoxe quero falar un pouco de todo iso, coa perspectiva que está a dar a balanza do tempo, pa poder sopesar unhas e outras vidas, con este fantasioso modo meu pa agrandar as cousas, a través do telescopio da historia miña de hoxe e de onte. ...
A Comisión de Festas do Carme de Camariñas prepara unha gran laconada

Gran laconada do Carme 2019 no Pavillón de Camariñas

O próximo 24 de febreiro celebrarán unha GRAN LACONADA no polideportivo O Areal, elaborada con produtos da zona e por profesionais moi recoñecidos na hostalería local de Camariñas. O servicio correrá a cargo dos membros da Asociación. Preténdese representar aqueles xantares tradicionais onde se reunían familiares e amigos para comer a fartar, falar e bailar na sobremesa. ...