Multitudinario enterro de Lolita en Camariñas

Na desapacible tarde deste 29 de xaneiro o pobo de Camariñas rendíolle o seu último adeus a Lolita
Na desapacible tarde deste 29 de xaneiro o pobo de Camariñas rendíolle o seu último adeus a Lolita

Xustamente unha semana despois de que tiveran lugar os tráxicos feitos que privaron da vida a Dolores Campaña Lorenzo, na desagradable tarde de temporal do xoves 29 de xaneiro do ano do noso Señor 2009 tiña lugar na Igrexa Parroquial da vila que a vío nacer a misa celebrada pola súa alma e na que o pobo de Camariñas se volcou enchendo o recinto sagrado ata os seus últimos recunchos. Fóra, un vento ululante, despiadado, azotaba inclemente as facianas e os corpos abrigados da boa centena de veciños que se tiveron que conformar con quedarse ás portas do templo camariñán.

Dentro, reposaban os restos incinerados de Lolita, os cales chegaron na tarde deste xoves a Santiago e de alí foron conducidos ata o templo onde a partir das 19:30 Don Xesús oficiou unha misa concurrida como poucas e onde prácticamente ninguén faltou á cita para rendirlle a Lolita a última homenaxe. Nada reflexaba mellor o loito e o dolor do pobo de Camariñas así como o cariño e a solidaridade ca súa familia que esta misa. Un dolor e unha solidaridade á que xa podemos asistir ao longo desta semana a través das continuas e impresionantes mostras de cariño que os usuarios de camarinas.eu lle foron mostrando a súa familia en forma de mensaxes de apoio, condolencias e ánimos, e onde ata un antigo amigo, actualmente residente en Isla Margarita (Venezuela), quixo rexistrarse para deixar constancia de toda a súa dor e a súa pena. En fin, Descanse En Paz, Mariloli, e esperemos que esta morte sea a última.

Poesía adicada por Antonio Puertas
 
PARA LOLIÑA

Teño ganas de berrar,
teño ganas de creer,
berrar...¿qué está pasando?...,
e, creer...¿creer, en qué...?

Si os homes non creemos,
a nosa desdicha é total,
pois, hasta os animaliños,
máis felices que nos, serán.

A túa alma, LOLIÑA,
de seguro,nó máis alá,
goza da gloria do ceo,
o que a nos nos fai chorar.

Antonio Puertas


 

Comentarios   

rubiasexy
0 # d.e.p lolirubiasexy 29/01/2009 21:26
pos non ahi palabras para esto darlle animos asua nai asuas fillas avida sije animos sefa e os pedros fuerteventura
Responder | Denunciar ante o administrador
Vanesa_19
0 # Vanesa_19 29/01/2009 23:07
Animos a Familia & As Fillas !!

& Muy Bonito o poema sin palabras .. .


D.E.P Lolita
Responder | Denunciar ante o administrador
hombre lobo
0 # DESCANSEN.....hombre lobo 30/01/2009 10:00
....EN PAZ OS DOUS OH.!!NO TANATORIO DE VIMIANZO ACOMPAÑANDO A O CHISTO E DESPOIS NA IGREXIA E NO CEMINTERIO TAMEN AVIA VARIOS CENTOS DE PERSOAS,AS QUE DESPOIS INCLUIDA A FAMILIA VIÑERON ACOMPAÑAR O TRISTISIMO E ULTIMO ADIOS DE MARILOLI.
EU A PESAR DE NON TER DEMASIADA CONFIANZA CON ELES APRECIABAOS MOITO COMO A CALQUERA DAS DUAS FAMILIAS...O XURO AS DUAS POR UN IGUAL.
POR DESJRASIA NON SON JUES.

CHISTO E MARILOLI
D.E.P.
Responder | Denunciar ante o administrador
LOLITA
0 # dolores campaña lorenzoLOLITA 31/01/2009 02:42
o meu pesame para sua familia dende muxia
Responder | Denunciar ante o administrador