- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 25 Xaneiro 2009 25 Xaneiro 2009
Pois bueno, ben sabedes a opinión que aquí en camarinas.eu temos acerca do Cambio Climático e tras unha serie de oleadas sucesivas de temporales, fríos intensos, granizadas, chuvias torrenciales e ventos huracanados creemos que xa non temos moito máis que añadir sobre esta cuestión tan controvertida. Pero en esas estaba na sobremesa deste domingo 25 de xaneiro un dos redactores de camarinas.eu durmindo a pierna suelta a súa máis que merecida siestiña dominical cando unha das máis impresionantes granizadas que se recordan en Camariñas empezou a batir de forma salvaxe contra as ventanas da súa casa.
En cuestión de segundos as rúas e leiras de Camariñas teñíronse dunha acentuada cor branca virxinal e tal e como tivemos ocasión de comprobar a violencia e intensidade da granizada desta tarde chegou a provocar nalgúns fogares camariñáns inundacións parciais e goteiras, como as que entraron pola lareira e polo patio de luces do fogar do consabido redactor, o que sen dúbidas provocará que deba entrar en acción o agora tan decaído sector da construcción en Camariñas para facer uns cuantos remiendos chapuseriles que eviten futuros asulagamentos caseros. En definitiva, esta atípica postal invernal da Vila dos Encaixes foi captada cunha serie de fotos e un vídeo na camariñana Rúa Pinzón, otrora un dos nexos vitais de entrada á vila de Camariñas e tan olvidada actualmente.
Comentarios
Non hubo unha infansia como a nosa.
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.