Mentras fóra o temporal arreciaba impasible, no interior os camariñáns voltaron ás primitivas formas de vida

Un apagón de máis de 14 horas, decenas de árbores arrancadas de raíz, píos de ameixa arrastrados por todo o Muelle Novo camariñán chegando algún deles a quedar empotrado nunha embarcación de Camelle, aparatos eléctricos fundidos como consecuencia do apagón, ventos furiosos por encima dos 150 km/h, casetas de información turística que gracias a Deus non volveremos a ver máis. Todo eso fui o que deixou no Concello de Camariñas na noite do venres 23 de xaneiro do ano do noso Señor 2009 un dos temporais máis terribles e crueles que se recordan. Pulsa na imaxe para ver máis de 90 fotografías que ilustran a noite na que os camariñáns tiveron que voltar ás formas máis primitivas de vida.

Hai longos anos, na Plaza Mayor de Camariñas, ao carón do lume nun bar xa desaparecido e nunha noite de forte temporal que extinguira ca súa furia a enerxía eléctrica na remota e illada Vila dos Encaixes, na mente do que entón era un imaxinativo rapaciño camariñán duns 12 ou 13 anos surxío a analoxía co que acontecera nun episodio da súa máis admirada serie de televisión, aquela que falaba das desventuras dun impoñente detective privado de floreada camisa hawaiana que aos mandos dun Ferrari 308 GTS bermello recorría a paradisíaca illa de Oahu: Magnum P.I. (Private Investigations), interpretado polo gran e inesquencible Tom Selleck. Tratábase do episodio no que debido a un implacable tifón tropical que asolaba as Illas Hawaii, a xigantesca mansión que o escritor Robin Masters poseía en Honolulu e na que Magnum prestaba os seus servicios como xefe de seguridade quedaba sen suministro eléctrico e alí tiña que compartir un fin de semana a oscuras ao lado do seu inseparable, antagónico e tan británico Higgins (interpretado polo sempre sobrio e contenido John Hillerman). E a partir daquel momento e a través das sucesivas etapas da vida tódolos terribles temporais que viñeron acompañados do seu correspondente e inevitable apagón rememoraban no maxín daquel rapaciño camariñán o ambiente máxico daquela luxosa finca hawaiana na que ás escuras Magnum tiña que resolver outro dos seus improvisados e detestivescos casos.

Aínda que parezca extrano, ningún lugar mellor que o Café Bar Arnela para evocar aquela mansión hawaiana nunha noite de apagón, tal e como os fundadores e redactores de camarinas.eu tiveron ocasión de comprobar xa unha noite de agosto de 2008 cando unha forte tormenta con aparato eléctrico truxo consigo uns ensordecedores tronos, uns fulminantes raios e o  seu consabido apagón baixo o brazo, pero cousa curiosa, únicamente na Vila de Camariñas, non en Muxía, nin en Vimianzo, nin siquera en Xaviña. Só en Camariñas. Misterios insondables da existencia humana.

Alí, no bar paradigmático do distrito camariñán de Corea, rodeada do típico ambiente de camaradería que o carcteriza, a redacción de camarinas.eu alternaba nocturnas saídas suicidas en busca de información con suculentas degustacións de pinchos morunos acompañados dunha guarnición de arroz con frijoles, mexicana delicatessen ideada na culinaria mente de Marisa, a idolatrada musa da web máis vista da historia da Costa Atlántica. Cando nalgunha destas saídas aos puntos máis quentes de información houbo que botar unha man aos dispositivos de Protección Civil, acompañados dun home clave para esta web como é o Chileno, arremangámonos e metímonos a elo.

Finalmente ás 10:00 da mañán voltou a vital enerxía eléctrica e de golpe, nun instante, Camariñas pasou da Edade Media ao século XXI. E a redacción de camarinas.eu empezou a patear as calles implacablemente para facer o reconto do temporal máis terrible que se recorda e que chegou a deixar un axente do Benemérito Corpo da Guardia Civil tristemente falecido en Burela (D.E.P.) e ventos de ata 182 km/h nalgúns puntos de Galicia. As consecuencias eran de impresión se ben hai que mencionar que a infatigable labor ao longo de toda a noite do venres realizada polos operarios de Servizos Múltiples do Concello de Camariñas encabezados polo polifacético e sempre imprescindible Manuel Mouzo Lema (Manolo de Brañas Verdes) facía que os puntos principais do Concello se atopasen en perfecto estado e sen sinais evidentes de estragos. En rutas secundarias como a carretera ao Campo de Fútbol ou a que leva a Reira dende o desvío que existe na Curva do Rojo aínda quedaban árbores que a forza do vento derribara e que obstaculizaban o tránsito, tamén mencionar parte do teito da nursery de Stolt Sea Farm que voou polos aires, os píos de ameixa que localizados na esquina do Muelle Novo remontaron a alambrada quedando un deles colgando da barandilla do barco camellán "Nova Madre Antonia", e tantas e tantas menudas incidencias que seguramente acontecerían ao largo e ao ancho do Concello de Camariñas nunha das noites máis terribles e inclementes que se recordan, pero claro aquí só somos dous e o corpo non da para tanto... En todo caso aquí tedes as fotos que ilustran a noite na que Camariñas voltou ás formas primitivas de vida.

Comentarios   

eloy
0 # No me extraña¡¡¡¡¡¡¡¡eloy 24/01/2009 22:28
Vamos a ver un lugar costero como este con temporales de viento y lluvia, los lumbreras de las eléctricas deberia de pensar que o bien limpian las fincas colindantes con las líneas eléctricas o mejor aún que entierren las citadas líneas.
Tambien dejar un consejo al Concello, desde que levantaron las zanjas, eliminaron muchas de las protecciones de amarre de los contenedores, entonces vayan pensando en ponerlas de nuevo, ya que se evitarán posibles percances entre vehículos y contenedores voladores.
Responder | Denunciar ante o administrador
pepe rey
+2 # Manda carallopepe rey 24/01/2009 22:58
Tes toda rason eloy,pero esto eche un fenomeno natural e temonos que joder,e non hai maais voltas que darlle,o mellor e que ninjen tuvo problemas fisicos,chau..
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+2 # RE: Consecuencias dun temporal de ventos de ata 180 km/hrubiasexy 25/01/2009 11:53
mui bonitas fotos pero o temporal mima que medo si me leba o meu tellado da casa que medo bueno eso da luz non e de ahora siempre pasou asi si ahi un pouco de vento sa marcha non tiña que ser pero e bueno grasias diego e marcos polas fotos grasia atodos viva camariñas sefa eos pedros
Responder | Denunciar ante o administrador
pepewells
+2 # RE: Consecuencias dun temporal de ventos de ata 180 km/hpepewells 25/01/2009 11:54
Excepcional reportaje de mis agrestes tierras camariñanas. Muchos cortes de fluido eléctrico hemos vivido y sin duda muchos más viviremos... Mis parabienes a los autores de este gran reportaje.
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+2 # RE: Consecuencias dun temporal de ventos de ata 180 km/hmantida 26/01/2009 16:34
Este día fui normal que marchara a lus porque fui un temporal muy jrande, peor e cando marcha sin xeito nin maneira pero e que esta empresa e muy espesial.
Geli, non volvas a comprar más velas coma as que tiñas ese día que non valian pa nada, non duraban nin media hora cada vela.
Responder | Denunciar ante o administrador