Duardo de Lisa salva a vida despois de volcar a súa lancha cando pescaba na zona das Baleas

Eduardo Pasantes (de camisa laranxa) levando en hombros a súa Virxen do Monte
Eduardo Pasantes (de camisa laranxa) levando en hombros a súa Virxen do Monte

O pescador camariñán Eduardo Pasantes Castiñeira, máis coñecido por Duardo de Lisa, sufrío esta tarde un grave accidente no mar mentras pescaba rebalos na zona das Baleas en Reira. Un golpe de mar fixo que a súa lancha volcara co que Duardo caeu ao mar. O gran pescador camariñán que acostuma a ir só na súa lancha empezou a gritar con todas as súas forzas pero debido ao moito mar que había ninguén escoitaba. A situación era crítica para Eduardo ata que unha parexa de rapaces camariñáns que se atopaba paseando pola zona deuse conta do que estaba acontecendo. Pulsa na foto para ler a crónica do acontecido e ver unha amplia galería fotográfica.

Duardo de Lisa salva a vida despois de volcar a súa lancha cando pescaba na zona das Baleas

O pescador camariñán Eduardo Pasantes Castiñeira, máis coñecido por Duardo de Lisa, sufrío esta tarde un grave accidente no mar mentras pescaba rebalos no zona das Baleas en Reira. Un golpe de mar fixo que a súa lancha volcara co que Duardo caeu ao mar. O gran pescador camariñán que acostuma a ir só na súa lancha empezou a gritar con todas as súas forzas pero debido ao moito mar que había ninguén escoitaba. A situación era crítica para Eduardo ata que unha parexa de rapaces camariñáns que se atopaba paseando pola zona deuse conta do que estaba acontecendo.

Nese momento os rapaces colleron o seu móbil e chamaron ao 112 para alertar da emerxencia, así como a varias persoas máis, entre as que se encontraban os irmáns de Eduardo, Juan e Manolo, os cales colleron as súas potentes lanchas e foron ao rescate do seu irmán que se encontraba xa moi cansado e ao límite das súas forzas no medio dun bravo mar e ao lado das rompientes. Pouco tardaron estes bravos pescadores camariñáns en chegar ao lugar do accidente e só tiveron que coller ao seu irmán da auga e traelo sano e salvo para terra. Sobre as nove da noite deste domingo Eduardo atopábase xa na súa casa a cal se estaban acercando multitude de veciños e amigos para estar coa familia nestes difíciles momentos. Ao mesmo lugar do accidente desprazouse tamén un helicóptero e a lancha de salvamento marítimo con base en Camariñas Salvamar Altair que remolcou a maltreita embarcación de Eduardo ata o porto camariñán además de varias patrullas da Garda Civil e Protección Civil de Camariñas. A súa muller María atopábase no muelle novo cando recibíu a noticia do accidente do seu home e sufrío unha crise nerviosa. Hai uns instantes que puidemos ver a Eduardo e María máis tranquilos xa na súa casa da carretera do faro. Ao final gracias a Deus todo quedou só nun susto.

{multithumbs}

 

Comentarios   

jesus
0 # mais vale asijesus 12/10/2008 21:14
mais vale asi que solo fora un susto .esa sona e mui peligrosa con mar de fondo
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # rubiasexy 12/10/2008 21:14
DARLLE AORA BUENA E DUSRDO MIMA MIRADE CANTO BALEN OS MIBIL SI NON FORA OTELEFONO NON SE SAVIA MIMA ALEGROME QUE NON FORA NADA ANIMO DUARDO SEFA E OS PEDROS
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
0 # lucia018 12/10/2008 21:44
Gracias a dios todo quedou nun sustoo..
Espero que te recuperes moi pronto...
Moitos aNIMOS a familia!...


****************Lucia***************
Responder | Denunciar ante o administrador
pili_camariñas
0 # pili_camariñas 12/10/2008 23:24
menudo dia da pilarica! bueno darye un saludo a duardo e a sua muyer q son unhas balentes personas! e eu aprecios muyto!! ahora animos e sejir a vida pa diante e olvidarse de todo!! un bico muy grande os dous!! pili!
Responder | Denunciar ante o administrador
Machote
0 # Machote 13/10/2008 09:16
felicitar a eduardo po lo seu santo e tamen por salir ileso de este accidente,graci as tamen as nosas virgenes as que el sempre acompañou po lo proteger.
gracias virgenes do carmen e da virgen do monte por mirar por el,como el sempre mirou por vos.
como tamen darlle as gracias a san jorge o que tamen sempre acompañou,graci as mil veces por non abandonar o noso veciño que sempre os acompañara nas vosas andaduras po lo noso pobo e polos nosos mares.



CAMARIÑAS DONDE OS CONTOS NON ENCHEN .
eu de camariñas e do gil.
Responder | Denunciar ante o administrador
jenita
0 # jenita 13/10/2008 10:44
duardo tuvestes boa suerte, e como si onte volveras a naces
Responder | Denunciar ante o administrador
JABA
0 # ¡PELIJROS DO MAR!JABA 13/10/2008 12:01
Bueno,menos mal ke nesta okasion non houbo ke lamentar nada!outros non tiveron tanta suerte!.
Responder | Denunciar ante o administrador
Jenny
0 # Jenny 13/10/2008 12:39
Ufffffff, Menos mal que non che pasou nada Eduardo... Esperamos que te repoñas rapido do susto ti e a tua familia !

Un saludo...
Familia Luis Blanco (do Cotro)
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 13/10/2008 16:48
Alejrome que non lle pasara nada a eduardo, acabome de enterar ahora o abrir a página.
Responder | Denunciar ante o administrador
corvo
0 # corvo 13/10/2008 18:57
felisidades EDUARDO,e alejrome que non che pasara nada ,e jrasias a SAN EDUARDO , que mirou por ti,nunca millor dito por ser o dia do teu SANTO. Un saludiño.
Responder | Denunciar ante o administrador
gelinita
0 # gelinita 13/10/2008 19:13
alejramonos muito que non che pasars nada,fui un bo susto para todos.hoxe podeseche felisitar en verda por u teu santo,felisidad es DUARDO.teu tio lalo e toda familia.
Responder | Denunciar ante o administrador