- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 22 Setembro 2008 22 Setembro 2008
A humilde web de pobo que lle sacou as cores a toda a prensa autonómica e nacional

Finalmente na mañá deste luns 22 de setembro toda a prensa autonómica e nacional recolle (con 36 horas de retraso) a noticia que xa daba camarinas.eu en primorosa exclusiva aos seus lectores o sábado 20 de setembro sobre as 21:00, e decir, que os 12 bidóns que traía a bordo o iate holandés L'Hirondelle contiñan cocaína disolta en gasoil. Así pois unha web humilde, sen medios, destartalada, dun pobo abandonado a súa sorte, Camariñas, adiantouse aos todopoderosos medios de comunicación tanto autonómicos como nacionais na cobertura desta noticia.
Cando camarinas.eu (que foi o primer medio de comunicación en publicar a noticia do apresamento do iate e tamén foi o primeiro en dar a exclusiva, pero ademáis dando a noticia como Deus manda, con boas fotos e incluso cun vídeo, non destartaladamente) confirmou de fontes da máxima solvencia e credibilidade que efectivamente o iate holandés portaba cocaína disolta nos 12 bidóns que se levou a Policía non o dubidou un instante e publicou esta noticia para que os seus lectores e usuarios foran os primeiros en sabelo e de que puideran alardear de que a web que representa polo mundo ao seu pobo da alma, Camariñas, sacáralle varios corpos de ventaxa ao chamado periodismo profesional (e ao destartalado tamén, pero bueno, eso xa o sabíamos), agrandando desta forma a leyenda dunha web chamada a continuar sendo durante moito tempo o líder imbatible da Costa da Morte e a referencia a seguir por parte de tódolos demáis medios de comunicación da Costa Atlántica. Pero eso non sería posible sin vos, os nosos máis de mil lectores e usuarios diarios. Moitas gracias por estar ahí.
Comentarios
Repito y enhorabuena, sois unos Kracs.
Bueno pos nada.....
Equivoqueime jejeje!!!
Non ai quen vos joda·"····
Bikiñsssssssss
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.