3.7846153846154 1 1 1 1 1 Rating 3.78 (65 Votes)
Esta mañá ao redor da unha da tarde os camariñáns que paseaban polo muelle novo de Camariñas asistiron asombrados a un movimiento fóra do normal, xa que o novo peirao camariñán estaba cheo de policías nacionais, axentes da Axencia Tributaria e de Aduanas. Nun principio non sabíamos a que se debía a formación de tal dispositivo, pero temíamonos que se tratase dun alixo de droga capturado en alta mar. Tratábase do iate "L'Hirondelle" de bandeira holandesa, tripulado por dúas personas e procedente do sur de España. Os axentes rexistraron o barco e estaban á espera da chegada das autoridades xudiciais competentes para levantar o cargamento que o iate traía consigo.

O iate apresado viría presuntamente cargado con 12 garrafas de pasta de coca

Pois ben, segundo informacións ás que tivo acceso camarinas.eu a esta hora podemos confirmar en primorosa exclusiva que o apresamento do iate tripulado por dous súbditos de nacionalidade polaca e italiana (un deles baixo orde de busca e captura) viña motivado pola sospeita de que traía consigo un importante cargamento de pasta de coca. Xa as catro da tarde as redactoras de camarinas.eu especialmente destacadas ao lugar dos sucesos confirmaban que os dous tripulantes do iate, un de idade xa avanzada e outro máis novo en aparente estado de embriaguez, foran levados nun furgón policial mentras outro furgón carrexaba uns bidóns que portaba o citado iate para ser analizado o contido dos mesmos, mentras a embarcación seguía inmovlizada e o perímetro acordonado.  Finalmente, segundo as citadas fontes, confirmaríase que o contido dos bidóns sería pasta de coca, sendo o destino máis probable da citada embarcación o de Holanda. Bueno, seguiremos informando para traervos á maior brevedade as novas que vaian surxindo.

Comentarios   

mantida
0 # mantida 21/09/2008 14:22
Esto e unha peste que temos hoxe en día,que pena qwue haxa xente que faja esto e esté acabando con tanta juventud.
Responder | Denunciar ante o administrador
tufions
0 # tufions 21/09/2008 21:58
mantida tes razon pero é o que hai ose en dia e si collen 1 hai 20 por outro lado pasandoa.
Responder | Denunciar ante o administrador