Unha misa no Santuario da Virxe da Barca

Lucía Carril Ageitos, unha redactora de camarinas.eu que resultou ser mui católica, co Faro Vilán ao fondo
Lucía Carril Ageitos, unha redactora de camarinas.eu que resultou ser mui católica, co Faro Vilán ao fondo

Camarinas.eu non podía faltar a súa cita ca festividade máis importante da Costa da Morte e así decidío enviar ao concello veciño e irmán de Muxía á nosa redactora máis católica, Lucía, para cubrir esta festa dende unha perspectiva relixiosa acudindo a unha das múltiples misas que teñen lugar no Santuario da Virxe da Barca. Alí, a fermosura salvaxe da principal xornalista camariñana fixo que algún caera polas escaleiras abaixo, pero finalmente e gracias á intercesión da Virxe a cousa non pasou a maiores. Pulsa na foto, para ler a noticia completa e ver unha ampla galería fotográfica.

Unha misa no Santuario da Virxe da Barca

"Pero en ningunha parte a excitación e o revuelo eran maiores que na igrexa. Xunto á porta librábase unha batalla sin cuartel entre o fluxo e o refluxo. Uns entraban, outros salían e ao pouco rato regresaban, detíñanse un instante e de novo se poñían en movemento. A xente ía dun lugar a outro, deambulando como á busca de algo. Na entrada formábase unha cola que percorría toda a igrexa e alcanzaba as primeiras filas, onde se encontraban as persoas importantes e graves. Non había maneira de concentrarse na oración. A xente, en vez de rezar, entregábase en corpo e alma a unha sorte de alegría infantil e irreflexiva, que buscaba o menor pretexto para estalar e manifestarse nalgún tipo de movemento, aínda que fora un vaivén e unha oscilación desordenada".

A presente introducción desta noticia dunha misa no Santuario da Virxe da Barca non foi escrita hoxe, senón que o foi hai longo tempo e nun lugar moi lonxano. Concretamente, trátase do relato breve do maestro ruso Antón Pávlovich Chéjov "La noche de Pascua" escrito en 1886 con motivo da festividade da Resurrección do Noso Señor Xesucristo nun santuario ortodoxo da rexión ucraniana de Poltava. Pero traémolo a colación para constatar que a forza e a fe do ideal cristiano son válidos para calquer lugar e para calquer momento independentemente da confesión cristiana de que se trate, xa sea a católica, a luterana, a anglicana ou a ortodoxa en calquera das súas múltiples manifestacións nacionais (rusa, grega, armenia, xeorxiana, etc).
 
Así, de forma idéntica á que xa reflexara o relato de Chéjov, centos e centos de romeiros provintes de todas partes, pero especialmente da Costa da Morte achegáronse como é habitual cada ano de forma masiva ata o santuario muxián para asistir a calqueira dos  múltiples servicios relixiosos que cada hora teñen lugar no mesmo, xa sean movidos pola devoción, o agradecemento, a penitencia ou a simple fe, facendo desta Festa da Barca de Muxía a festividade posiblemente máis importante desta Franxa Atlántica, porque conta cun ingrediente do que carecen tódalas demáis e que fai que muchedumbres inxentes acudan ano tras ano á súa cita ca festa muxiana: o carácter de santuario de peregrinación do sagrado templo muxián,  é decir algo tan simple como o elemento relixioso, tan vital e vixente como sempre nestes tempos tan modernos, a disgusto de xornalistas tan progres como Gemma Nierga, os seus ben pagados contertulios ou a propia Cadena Ser ao completo.
 
Por eso, para cumplir cunha tradición familiar que arranca dos tempos en que era unha vivaracha cativiña da Vila dos Encaixes, a nosa redactora Lucía achegouse neste espléndido domingo 14 de setembro ata o santuario da Barca para asistir a unha misa, orar unhas plegarias por esta descreída e destartalada redacción, polo futuro da páxina e comprar uns cuantos rosarios consagrados para uns redactores aos que lles van facer falta de verdade nesta dura temporada que se aveciña. Pero ademáis, calquer pretexto é bo para achegarse ata a Virxe da Barca, porque, como xa sabedes: "Dende a Barca, Camariñas vese como unha illa de beleza".
 

 

Comentarios   

melina
0 # bonitasmelina 15/09/2008 13:14
as fotos a verdad e q son bastante originales tuvn mirando ahi como me dixo diego xD! q pena q non subira arriba pero mellor asi q senon iva dar asco xD bikos lucia!!! wapisma!! sales!! sisi!!
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # muxiarubiasexy 15/09/2008 16:44
mui bonitas fotos da justo belas que ben sale camariñas e criminal fasedes majas sefa
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 15/09/2008 17:41
E increible a xente que arrastra esta festa, hay momentos que pa andar por Muxia tes que ter muita pasiensia por que non fas más que tropesar e pedir perdón porque ainda que non queiras empujar non che queda más remedio pero é así, son as mellores pa min.
Lucia, as fotos muy bonitas e sobre todo as que se ven o noso faro, non faltaría más, e que Camariñas e a más bonita do mundo enteiro.
Responder | Denunciar ante o administrador
fabio
0 # fabio 16/09/2008 09:00
JRASIAS LUCIA POR FASE ESTES REPORTAGES,A MIN JUSTAMME MUITO,TIÑAS QE FASER UN CADA SEMANA,AS FOTOS MUI BONITAS E TI MUI JUAPA,SIJE ASI ELA MASIMA.
Responder | Denunciar ante o administrador
corvo
0 # MUXIAAAAcorvo 16/09/2008 19:03
BRAVO LUCI , BO REPORTAJE ,FIXESTES UNHAS FOTOS MUY BONITAS.PERO TAMEN CHEDIJO PA FASER UNHAS FOTOS ASI ,O PUEBLO TAMEN TEN QUE SER BONITO ¿ESTAS DE ACUERDO ? EU DIJO QUE NON HAI PUEBLO COMA EL ,CUA CUA ENHORABOA MOSA TI VALES,E JRASIAS POR ME ASERCAR UN POUQUIÑO O PUEBLO. FELISITASIONS
Responder | Denunciar ante o administrador
gelinita
0 # gelinita 18/09/2008 18:33
mui ben Luci bo reportje
Responder | Denunciar ante o administrador