3.6349206349206 1 1 1 1 1 Rating 3.63 (63 Votes)

A última e auténtica festa do verán

Imaxe da procesión de San Ramón do ano 2007
Imaxe da procesión de San Ramón do ano 2007

Este sábado 30 de agosto comezan en Camariñas as Festas adicadas a San Ramón, as últimas festas do verán, e que terán continuidade ata o domingo 31, día do Santo en cuestión. Neste día celebrarase a tradicional procesión ao redor da Igrexa de Camariñas. Ademáis das típicas orquestas haberá pasarrúas de gaiteiros e unha gran traca de fogos artificiais.

Camarinas.eu, sempre activa colaboradora coas comisións de festas do noso pobo (aínda que a veces non nos axuden moito a nos) fará un seguimento especial a estas festas para que todo camariñán que se encontre fora do seu pobo poida ver coma se estivera aquí unha das últimas festas do verán na Costa da Morte, porque o noso compromiso é e será sempre ca xente do Concello de Camariñas. Pulsa na imaxe para ver o programa completo e ver unha galería das Festas de San Ramón do ano pasado.


Sabado 30:

Orquesta Aramio
Orquesta Libertad

Domingo 31:

Misa solemne a 1 da tarde con procesión.
Gran traca de fogos ao remate da misa.
Orquesta "Delirio"
Pasarrúas de Gaitas do País


 

Pulsa para ver a galería de San Ramón 2007

Comentarios   

mantida
0 # mantida 29/08/2008 10:43
Pos xa que son as últimas festas de camariñas hay que selebralas.
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # rubiasexy 29/08/2008 16:02
que opasedes ben fasedes majas con tanta festa mima sefa e os pedros
Responder | Denunciar ante o administrador
JABA
0 # \"SAN RAMON\"JABA 29/08/2008 18:15
Bueno,kero felisitar por adelantado a RAMON DE DULIA,primo d familia e irman de RUEIRONOVO,feli sidades neste dia,xa estan dadas, ke ijual o domingo non me acordo......... .saludos.
Responder | Denunciar ante o administrador