4.6333333333333 1 1 1 1 1 Rating 4.63 (90 Votes)

Fin de semana palilleiro

Xóvenes palilleiras pretenden perpetuar un arte milenario no tempo
Xóvenes palilleiras pretenden perpetuar un arte milenario no tempo

Nova reportaxe da dupla diabólica de camarinas.eu. Non, non se trata da formada por Zhúkov-Diego Alonso. Nin da mítica e primixenia entre os dianteiros da selección brasileña de fútbol Bebeto-Romario. Senón moitísima máis perigosa: unha dupla que deixa un regueiro de corazóns destrozados alá por onde pasa. Trátase da dupla formada polas espléndidas e espectaculares redactoras de camarinas.eu Adry e Lucía, as cales este venres 8 de agosto cubriron a apertura da Festa da Palilleira e acompañaron ás nosas veteranas mulleres palilleiras a un xantar de luxo que tivo lugar en Aldea Madeira. Pulsa na imaxe para ver en acción xornalística ás dúas redactoras máis cremosas da Costa da Morte.

Festa da Palilleira en Camariñas

Nova reportaxe da dupla diabólica de camarinas.eu. Non, non se trata da formada por Zhúkov-Diego Alonso. Nin da mítica e primixenia entre os dianteiros da selección brasileña de fútbol Bebeto-Romario. Senón moitísima máis perigosa: unha dupla que deixa un regueiro de corazóns destrozados alá por onde pasa. Trátase da dupla formada polas espléndidas e espectaculares redactoras de camarinas.eu Adry e Lucía, as cales este venres 8 de agosto cubriron a apertura da Festa da Palilleira e acompañaron ás nosas veteranas mulleres palilleiras a un xantar de luxo que tivo lugar en Aldea Madeira.

Ca intención de dar un novo impulso ao Encaixe de Camariñas e a súa proxección exterior, o Concello de Camariñas decidío aproveitar estas datas veraniegas para celebrar durante o fin de semana do 8, 9 e 10 de agosto unha Festa da Palilleira que sexa un complemento á Feira do Encaixe que se desenvolve na nosa vila durante a Semana Santa. Para elo acondicionouse unha carpa na Praza da Insuela, diante da Casa do Concello, onde terá lugar de 11 da mañá a 9 da noite a exposición, demostración e venda de Encaixe de Camariñas.

As nosas redactoras Adry e Lucía, sempre interesadas co mundo do Encaixe e da artesanía, non podían deixar de asistir á inauguración da citada festa e tras tomar unhas cuantas fotografías e interrogar sumariamente ao Alcalde acerca dos obxectivos que busca o Concello ca citada Feira acercáronse ata Aldea Madeira, en Brañas Verdes, para compartir a comida que alí tiñan preparada as alumnas do Obradoiro de Emprego (entre elas a nosa querida beauty e tamén redactora de camarinas.eu María Belén) para todas aquelas palilleiras que así o solicitaran. O menú deste venres 8 de agosto estaba composto por uns pementos recheos de bacallao, un entrecote con salteado de verduras e patacas, coronado por unha macedonia como postre. Despois de tan apetitoso ágape (nada comparado co que a partir das 7 da tarde ían a recibir ás autoridades competentes), moi xentilmente o Director da Escuela Taller Alberto Fuentes acompañou nun percorrido explicativo por todo o recinto ás redactoras máis prometedoras do xornalismo español.

En definitiva, outra reportaxe de calidade típica de dúas mulleres sempre na brecha xornalística, sempre ollo avizor para a búsqueda e captura doutra exclusiva por parte da web máis visitada da historia da Costa da Morte e máis alá (incluso tamén Santa Comba). P.D.:  a redacción quere agradecer especialmente a colaboración en medios materiais e técnicos da nosa querida usuaria Mantida, sen cuias dotes de mando esta noticia non sería posible.

Comentarios   

rubiasexy
0 # rubiasexy 08/08/2008 23:15
mima fasedes majas bonitas fotos muitas grasias diego e compañia sefa e os pedros
Responder | Denunciar ante o administrador
gancho loco
0 # gancho loco 09/08/2008 14:48
A que fai majas e miña irman Chus palillando, jajajaja
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 11/08/2008 17:22
Dixeronme que as comidas que deron estuveron muy ben, non me estraña con semejantes cociñeiras, tendesme que dar as resetas de eses pimientos rellenos que teñen muy boa pinta.
Responder | Denunciar ante o administrador
MBCA
0 # MBCA 13/08/2008 08:17
enorabuena,fixe stedes un reportaje estupendo!bueno q o sitio xa e una maravilla!un biqiñoo
Responder | Denunciar ante o administrador