4.8458333333333 1 1 1 1 1 Rating 4.85 (240 Votes)

Muchedumbre terrible no Arnela

O maestro percusionista Tono da Riala levando á muchedumbre ata o éxtasis
O maestro percusionista Tono da Riala levando á muchedumbre ata o éxtasis

O Café Bar Arnela vivío este venres 1 de agosto sen dúbidas o momento máis histórico en tódolos anos da súa existencia cando preto de 500 persoas aproximáronse ao mesmo ao longo da noite con motivo da festa de despedida que camarinas.eu brindaba ás súas usuarias Sefa, Pauliña e Rocío, as cales en breve voltarán ás Illas Canarias. Unha muchedumbre como nunca se vío nun bar en Camariñas enchío o bar paradigmático do barrio de Corea ata os topes. Pulsa na imaxe do maestro timbaleril, Tono da Riala, para ver unha impresionante galería fotográfica de 240 fotos tomadas polas redactoras Adry e Lucía e o director Diego Alonso Freire acompañadas de 5 espectaculares vídeos. 

Unha muchedumbre enche ós topes o Arnela

Os síntomas que presaxiaban que estábamos ante un momento grande, irrepetible, histórico sucedíanse ao longo da semana con pasmosa celeridade. Cando o xoves, Tono da Riala, o máis grande percusionista que dou nunca a Costa da Morte, volvía da Coruña de instalar unhas cuantas tarifas nocturnas, a duras penas puido abrirse paso a través de Baio cando unha multitude eufórica que xa estaba ao corrente do que ía suceder na noite do venres no Arnela, quixo homenaxear, tomar contacto co ídolo musical camariñán. Por outro lado, as dúbidas que surxiran sobre a presencia no histórico evento dun dos membros claves do clan dos Tres Tenores, atacado cíclicamente polo ácido úrico, aplacáronse radicalmente na tarde do xoves cando este redactor que escribe observou con alivio que o citado barítono tomaba no Arnela un máis que merecido refrixerio cubateril tras un duro día de traballo, complemento indispensable para facer que aflore todo o arte vocálico que leva dentro.

Xa na tarde do día de autos, entre Gelinita, Sefa e Maruja A Mantida (unha muller siempre dispuesta a axudar desinteresadamente aos demáis, unha muller todo corazón) prepararon uns suculentos manxares que tal e como sempre sucede no Arnela foron preparados en exceso, a prodigalidade típica de Gelinita. Houbo que dar conta deles implacablemente o sábado. Tranquilos, non quedaron nin as raspas. Así, unha vez ben cuberto o aspecto culinario do acto, xa podía empezar a música e os chiquitos ocupar o seu máis que merecido lugar de honor. En primer lugar, foron Adriana, a nosa redactora, e Pauliña, a nosa usuaria, as que deleitaron ao público alí congregado que debido ao exceso de afluencia facía que en ocasións non se puidera escoitar como se merecían semellantes dous portentos musicais. Como expertas músicas que son, empezaron cun "Que Viva España" que caldeou o ambiente ata niveis volcánicos e que fixo que tiveran ao público do Arnela rendido ata o final.

Entón os Tres Tenores, Manolo do Panadeiro, Juan do Penedo e Tono da Riala, convertidos en cuarteto pola presencia dun coñecido (e querido por nos, aínda que parezca increíble) veciño do barrio de Corea, cun nome que responde ás iniciales de J.A. e que non dou unha sóa nota audible en toda a noite, seguindo co tono patriótico deron comenzo ao seu espectáculo inigualable ca canción preferida deste redactor "Gibraltareña" ("cruzaré la línea para besarte junto al Peñón"), facendo desta forma que os corazóns dos alí congregados se derretiran como a manteca. Como unha exhalación, fixo a súa entrada impactante en escena o Emperador, o Zar, o Ayatollah do Meneo Caderil, o noso querido amigo Coto, que a estas horas do domingo en que esto se escribe seguro que sigue aínda por ahí perdido por Deus sabe onde, como suele ser típico en tan consumado danzarín e que bailou unhas cuantas lambadas prohibidas, as cales estarían vetadas en prácticamente tódolos países islámicos. De seguido, e sen que ninguén soubera moi ben de onde, chegaron os Gemelos de Buría que interpretaron unhas cuantas cancións do seu repertorio musical. Finalmente, e como un movemento tectónico impredecible, as masas fuxiron cara a terraza do Arnela onde o arte exhuberante e timbaleril de Tono da Riala, o Tito Puente desta Franxa Atlántica, chegou ata extremos siderales facendo que os alí congregados, e que ao longo da noite visitaron o Arnela en número próximo aos 500, bailaran de forma convulsiva ata pasadas as 3 da mañán.

En fin, xente de tódalas idades e de tódalas condicións, de diferentes e respetables ideoloxías políticas, auténticas deusas da beleza e outras que non o eran tanto, chiquiteros profesionales e xóvenes aspirantes a chiquitero, maestros percusionistas, emperadores do meneo caderil, todos, todos disfrutaron dunha noite máxica unidos polo ambiente de camaradería e irmandade típico do Café Bar Arnela e da páxina web do millón do entradas, a web que levou o nome de Camariñas ata a estratosfera, camarinas.eu, para así desta forma darlle a tres usuarias da mesma o seu máis que merecido ata logo que as console na súa lonxana diáspora canaria. Festa e ambientazo que terá a súa continuación o día 22 de agosto (cambio de fechas) ca Cena de Primer Aniversario de camarinas.eu no Restaurante Catro Ventos: ¡¡¡POBRE DE TI COMO FALTES!!! 

Comentarios   

Pion
0 # Pion 03/08/2008 14:21
muitas grasias diego e compañia por asercarnos a esta festa inmellorable que ben o pasatedes eh,
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 03/08/2008 15:44
q tan ben o psamos oh..si fora así toods os viernes xa non se salía a fora e qdábamos aquí siempre...
unha nuit inolvidable.
adriana.
Responder | Denunciar ante o administrador
duquesa
0 # duquesa 03/08/2008 18:05
Bueno hai que decir que estubo todo moi ben, a xente mui pero que mui animada eso e verdad hasta os camareros jajaja.Moi bem diego e compañia claro.
Responder | Denunciar ante o administrador
gelinita
0 # platillos al airegelinita 03/08/2008 18:11
Bueno quero agradecer a `paula e adriana por cantae e tocar maravillosament e,Tamen agradecer a Mantida,Sefa,Ja va,rocio por estar hai e axudar como o fixeron,tamen agradecer a tono,panadeiro o mantido por animar a festa e por ultimo a DIego,marcos e a Lucia por facer esta maravillosa festa.Gracias a Todos.
Responder | Denunciar ante o administrador
corvo
0 # corvo 03/08/2008 18:41
grasias diego e equipo,coma siempre 1 bo traballo ( fun testijo ),grasias arnela ,e a todos que estuberon ,foi o maximo ,as rapasas fixeronnos pasar 1 noite fora de serie ,BRAVO MOSAS (ADRY E PAULA ),GEMELOS ,TONO ,MANTIDO ETC,en fin todo mundo,e da miña `parte espero que quedarades satisfeitos pois como dixen en varias ocasions eime de presentar e desir quen son ,e FINXENO , menos o SOCO QUE NON O VIN.grasias a todos e a CAMARIÑAS.EU. CUA CUA
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # festa rachadarubiasexy 03/08/2008 20:13
que bonitas fotos mima diego fas majas e estamos ben todos mima cantas fotos grasias atodos por animar a esta festa estubo todo mui ben bueno abur estan bonitas todas rubia
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
0 # lucia018 03/08/2008 21:26
PaSAMALO moi ben a verdad que foi un dia inolvidable!!
Pos deberia aber mas festiñas asiii
Aber si se pode pasar tan ben o dia da cena que eu non faltaren por nada jejeje!
E animarse todo o mundo!!
jejej
Moitos
B
I
K
O
S
*****************Lucia*****************
Responder | Denunciar ante o administrador
juanillo
0 # juanillo 03/08/2008 22:41
que ben o pasastedes,si señor,aljún ainda estará pajando as consecuensias.. ............... .....
Responder | Denunciar ante o administrador
Salaño
0 # Salaño 03/08/2008 23:36
Vaia festaza vos currástedes!!, que envexa de non poder estar ahí!!...

Guapísimas mantida e gelinita!!

só podo dicir que ¡viva camariñas e os camariñáns!.

Sodes aljo grande sí señor...
Responder | Denunciar ante o administrador
fabio
0 # fabio 04/08/2008 10:02
MIMADRIÑA QE PERRO FESTA ARMASTEDS NO ARNELA,ESTA BEM QE A FISERADES PA DARLLE ASI SEMAJANTE HOMENAGE AS TRES QE MARCHAN AORA PA CANARIAS,BUENO SEFA TA BEM,PERO QERO QE SEPAS QE EU ESTE VRAN SA TUBEN FALANDO CONTIJO,JAJAJ.U N SALUDO A TODAS!!
Responder | Denunciar ante o administrador
JABA
0 # EXITO DE AUDIENSIA!!JABA 04/08/2008 12:11
A verda,verda de la buena,a festa non pudo salir millor!!!foi todo un exito de audiencia,"non eramos 500,pero cerca deles"......hai ke agradeser a GELINITA,a boa actitude ke tubo e ten kos usuarios da pajina,da un gran ejemplo de levar un negocio de hosteleria...ti ñan ke aprender outros dela.....O AMBIENTE DE CAMARIÑAS AGRADESERIAO!Pi ru,Pau and company son UNIKAS,pa armar farra....pasein o xenial!
Responder | Denunciar ante o administrador
taller
0 # taller 04/08/2008 12:30
Bella, la mantitta, danzarina molto bella, mmm...la damma piu bella della festa di camarignas.eu!! !
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 04/08/2008 19:55
Elcano, non sei que es ou si estuvestes na festa, pero pasámolo criminal ojalá o pasemos así o día 22 nos 4 ventos.
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
0 # diegoalfr 15/08/2008 15:40
Outra das cousas que nunca olvidarei será esta festa: a festa no Bar Arnela. Nunca tan ben o pasara, nunca vin tal ambiente de camaradería e complicidade entre todos os asistentes a esta festa. Todo fui perfecto, todo xenial. Algún día, cando pasen moitos anos, acordarémonos de todo esto e, entre risas e morriña, lembrarémonos do que supuxo ter unha web como camarinas.eu, unha web que sacou o millor dos camariñáns e de camariñas en so un ano. Un ano que eu nunca poderei olvidar.
Responder | Denunciar ante o administrador