A Comisión do Carmen homenaxeou aos emigrantes

 A Cena do Emigrante foi un completo éxito de público
A Cena do Emigrante foi un completo éxito de público

Camarinas.eu, a web que non da abasto a publicar noticias, publica hoxe unha exclusiva que aconteceu o pasado xoves 24 de xullo cando a nova e exitosa Comisión de Festas que organizou as recentes Festas do Carme de Camariñas quixo homenaxear aos emigrantes que colaboraron desinteresadamente (como todos os camariñáns) na organización das maravillosas e espléndidas Festas adicadas á Patrona dos mariñeiros.

Pero as Festas do Carme, as festas mariñeiras máis grandes de toda esta Costa Atlántica, non podían marchar sen antes dedicarlle unha cena a todos os emigrantes camariñáns que tanto colaboraron na súa organización, e  por elo este xoves 24 de xullo concentráronse no restaurante "Os 4 Ventos" un gran número de emigrantes camariñáns  que están a pasar as súas merecidas vacacións na nosa vila. Así, como culminación ao seguimento máis impresionante e intensivo que tivo a nosa Festa do Carme de Camariñas en toda a súa historia por un medio de comunicación, queremos pechar este seguimento coa publicación da "Cena do Emigrante 2008", o seu merecido broche de ouro.

Camarinas.eu, ¡sempre co Carme!

E é que nesta última noticia das nosas Festas do Carmen camarinas.eu quere dar a mostrar que esta web estará sempre apoiando á festa máis grande do concello e, como non, aportará todo o que estea nas súas mans para facer, si cadra, máis grande a nosa Festa do Carme. Este ano nunca houbo tal cobertura do Carme como a que fixo camarinas.eu: os redactores tivemos que estar coa cámara ao lombo as vintacatro horas do día, ir á procesión marítima cunha lancha (a unidade marítima de camarinas.eu costeada por Soto do Arnela) para sacar fotos de todos os barcos, deixar de ir a comer coas nosas familias para poder amosarvos as fotos prohibidas, polas noites estar atentos aos fuegos de artificio para gravalos e mostrárvolos e un largo etcétera para que todos os camariñáns que están fora e dentro da súa terra poideran vivir o Carme como se estiveran en Camariñas. Unha labor que nos gustou, unha labor que facemos altruistamente, unha labor que nunca nadie fixo e todo elo para facer de Camariñas o que é hoxe en día: o centro de atención desta Costa Atlántica. O centro de todo e o centro de nada. Aínda así, e despois de todo este traballo hai algúns que nos miran de reollo e non nos saúdan. Bueno, eche o precio que temos que pagar e aínda por enriba que nos chamen bobos e nos recriminen dentro dos seus cochasos e diante de todo o mundo (seguramente para darse a ver). Cando pase eu polo lado desta xente só teño catro palabras que dicirlles e son estas: ¡¡Viva Camariñas e Viva o Carmen!!

{multithumbs}

Comentarios   

mantida
0 # mantida 31/07/2008 09:31
vexo que a xente estaba muy animada, e o conto non e pa menos, xa qwue os nosos gemelos cantantes donde os haxa sejuro que o fixeron ben.
Responder | Denunciar ante o administrador