18 de xullo: Ambiente sardiñeril

A Sardiñada das Festas do Carme 2008 vista pola nosa redactora Lucía Carril Ageitos
A Sardiñada das Festas do Carme 2008 vista pola nosa redactora Lucía Carril Ageitos

A inconfundible fragancia embriagadora da masacre sardiñeril esparcíase lenta, gaseosa, demoledora, na tarde de hoxe por tódolos recunchos dunha somnolienta e soleada vila de Camariñas traída dende a apartada Praia de Area da Vila por un vento amainado. Porque hoxe era o 18 de xullo, día final das Festas do Carme e día de Sardiñada popular dende hai xa uns cuantos anos, amén de ser tamén o aniversario de certo acontecemento que mellor non nombramos non vaia ser que algún nos vaia acusar de vaya usted a saber que, o que iba a ser xa o que nos faltaba e que unido o da bandeira norteamericana faría que nos expulsasen do país literalmente a gorrazos (e algunha patada tamén). En fin, axena a todas estas polémicas un tanto absurdas a nosa redactora Lucía bríndanos outra reportaxe co seu toque femenino característico.

Sardiñada en Area da Vila

Pois en fin, esto acabouse. Pero aínda quedaba unha boa traca final: a da Sardiñada.  E dado que novamente o noso director tiña unha voda, nesta ocasión na Coruña, e un dos redactores decidío primeiro tostarse na Praia da Pedrosa e despois ir tomar uns chiquitos ao Arnela, outra vez a mellor embaixadora de camarinas.eu, a nosa redactora Lucía, tivo que prantarse soíña na Area da Vila para brindarvos esta reportaxe de excepción. Ante a actitude lamentable destes dous tipejos, xa hai unha corriente de opinión entre os accionistas e sponsors da web que propugna a Lucía como nova directora. En fin, esperemos acontecementos.

Por outra banda, dende as primeiras horas da tarde deste venres 18 de xullo puido verse un constante peregrinar de camariñáns dende todos os recunchos da nosa vila cara a Area da Vila, onde a Comisión de Festas tiña todo preparado para que todo aquel que quixese se dese unha boa enchenta de sardiñas e viño do país totalmente gratis, tal e como corresponde a unha festa eminentemente popular como son as Festas do Carme. E todo elo amenizado pola musica xenial da "Charanga Mecánica", que cas súas dúas baterías móviles producían unha música de claro acento percusionista e timbaleril.

Un recorda cando hai uns poucos anos os bobos catastrofistas de sempre (en especial recordo un artigo de Manuel Rivas en El País) decían que esto da sardiña acabábase irremediablemente, ¡estaba en perigo de extinción! Pois ca cantidade de Sardiñadas que levamos xa este ano,ninguén o diría, en fin non estaría mal que a nos, pobres ignorantes, alguen nolo explicase (ou lle pedise responsabilidades oas bobos anteriormente citados). Con todo, hoxe Camariñas vivío outro día de explosión popular colectiva que reforza os nosos lazos como pobo distinto, peculiar na súa idiosincrasia. Como non podía ser doutra maneira, vai ter razón a nosa querida e intelixente usuaria Sefa (Rubiasexy) cando di: ¡¡Viva Camariñas, non hai terra como ela!!

Comentarios   

trintadousventos
+1 # trintadousventos 18/07/2008 23:23
o traballo que estades a facer a pesar de estar en festas e de quitar o sombreiro ..a chaqueta a camisa e hasta os calzons..bravo por vos e tamen por esa redactora que fichastedes.... . como sempre un dez.
Responder | Denunciar ante o administrador
fabio
+1 # fabio 19/07/2008 13:20
EU TUBEN HONTE ALI E TUBO TODO MUI BEM,AS SARDIÑAS TABAN MUI BOAS,E UNMA COUSA MUI BOA QE SE FAJA TODOSSOS ANOS A SARDIÑADA DAREA DA VILA.TAMEN A REPORTAGE TA MUI BEM,ASI CAMDO NOM PODADES IR BOS SA BAI ELA.
Responder | Denunciar ante o administrador
JABA
+1 # SARDIÑADA PERFECTA!JABA 22/07/2008 21:15
Xenial,toda a festa do Carmen en general,A comision superou kon creces as espetatibas.tod o perfecto,a charanga fui un puntaso e o do chirinjito e sorteo do cabaliño tamen,¡¡enorabo a comision,en espesial a meu primacho JOSE O ARGENTINOOO!!
Responder | Denunciar ante o administrador