Unha procesión a tombo libre

A procesión marítima, alma das Festas do Carme de Camariñas
A procesión marítima, alma das Festas do Carme de Camariñas

Pois efectivamente, cunha bandeira norteamericana na popa que facía que o Cirros, posiblemente o buque máis odiado e vilipendiado da historia das procesións da Virxe do Carme, parecera un deses luxosos yates de calquera dos exclusivos e exquisitos Clubs Náuticos da Costa Este dos USA, así foi como camarinas.eu, a reina non dos mares pero sí das webs, cubrío o día grande das nosas festas facendo un treito marítimo ata Muxía que ven marcado pola forza do vento do nordeste e que fixo que todos andivéramos literalmente a tombos. Pulsa na imaxe para ler a noticia e ver unha avalancha fotográfica de tan magno acontecemento.

Unha procesión a tombo libre

Ben provistos de todo o necesario para evitar unha singladura marcada pola sede, catro grumetes e un capitán subiron a bordo do Cirros na mañán do mércores 16 de xullo para cumplir cun rito que é a esencia mesma do milenario pobo de Camariñas: a Procesión por mar, todo un ano que se agota en apenas dúas horas que fan latir o corazón dun camariñán a 180 pulsacións por minuto. Se non é así, ou non eres camariñán, ou non tes sangue no corpo.

O primeiro revés sufrímolo nada máis zarpar cando o grumete chegado de Camelle, temendo pola súa integridade física ante unha viaxe  que se presentaba con tintes bastante suicidas, deserta da nosa nave en plena ruta polo máis seguro ao seu parecer buque "Carballo". Repostos da decepción, emprendemos a marcha cara a Muxía con puntas de velocidade en ocasións cercanas aos 250 cabalos, que fan que a ruta se cubra nun lapso de tempo mui reducido, ca parada obrigada  para tirar as coroas de flores ao mar no medio da ría. Xa en Muxía, e tras esquivar unha acometida furiosa para arrebatarnos a bandeira, metade en serio, metade en broma do noso querido amigo O Roco, comenza entón a auténtica madre de tódalas batallas: o retorno a Camariñas, cun furioso e despiadado vento nordeste embestindo de frente. Así o puidemos comprobar tras o paréntesis de Merexo, emprendendo un regreso a marchas reducidas marcado polos salseirasos. O barco que marcha en línea ao noso carón, o Carballo, pilotado polo Chileno, un patrón bravo e experimentado (almirante na reserva de camarinas.eu), parece en ocasións un torpedo subacuático que emerxe das olas como un titán. Con todo, e gracias a nosa Virxiña do Carme, finalmente chegamos sanos e salvos a terra e literalmente empadados (por dentro e por fóra). Despois, xa amarrados ao pantalán só quedaba recoller a bandeira norteamericana para devolvela intacta e inmaculada a quen nola confiara e recibir a chamada de agradecemento de George W. Bush, un Presidente agradecido por semejante homenaxe á súa gran nación.

Comentarios   

Javi
0 # Javi 18/07/2008 05:08
Gracias diego
Responder | Denunciar ante o administrador
Kalaña
0 # Kalaña 18/07/2008 06:13
viva camariñaaass!!
viva o carmeeenn!!
Responder | Denunciar ante o administrador
gelinita
0 # gelinita 18/07/2008 12:55
Gracias a Diego e compañia por o esforso quie fasedes para que todos podamos ver estas fotos tan bonitas.Parese que todos fomos por mar.enhorabuena .
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # viva camariñas ,e,urubiasexy 18/07/2008 12:59
mi ma que fotos tam bonitas eu nun fun por mar pero bendo estas fotos asta parese que tamen fun estan empresionantes grasias diego e compañia un traballo maravilloso rubia
Responder | Denunciar ante o administrador
Salaño
0 # Salaño 18/07/2008 17:04
¡¡que grande camariñas!!!, ¡¡¡que grandes os Camariñáns!!!

Que envidia que teño... agora estou vendo esta reportaxe dende o despacho de santiago, papando unha calor de mil demonios, cunhas ganas de ir a vila máis maravillosa de toda a costa...e aínda por riba poñedes esta galería de fotos tan festeiras...

...a vida eche unha...

jajaja, felicidades polas festas e por ser como sodes e por todo...

¡¡¡viva camariñas!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
Pion
0 # Pion 18/07/2008 17:13
grasias diego por estas fotos,porque os que estamos fora puxestesnos un pouquiño na prosesion e en camariñas enoraboa por este traballo
Responder | Denunciar ante o administrador
corvo
0 # corvo 18/07/2008 19:14
grasias DIEGO E TODO TEU EQUIPO polo traballo que fasedes ,einda que sean as festas e perdades un pouco de tempo con nos pa enseñarnos o millor de GALICIA,UN SALUDO PA TODOS ,E BOA CONTINUASION DAS FESTAS.GRASIAS
Responder | Denunciar ante o administrador
JABA
0 # A PROSESION....ES O SI E TRADISION!!JABA 25/07/2008 19:45
Ke molladura lebei.....pero paseino pipa!!a prosesion en barco e o mellor de toda festa!aunke pa subir nun barco hai ke faser MALABARISMOS... !
Responder | Denunciar ante o administrador