- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 04 Xullo 2008 04 Xullo 2008
Actividades para o verán da Asociación de Empresarios

Cartel da Festa da Sardiña
A asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas comeza mañá sábado a súa particular andadura de actividades que teñen previsto organizar para este verán. Estas comezarán coa "Festa da Sardiña" que se realizará este sábado 5 de Xullo a partir das 6 e media da tarde. Os asistentes a dita festa poderán degustar as sardiñas en 5 formas distintas de preparación: en empanada, conserva, rebozadas, asadas e tamén con cachelos. A esta festa gastronómica hay sumarlle outra prevista para o 16 de agosto adicada ao Berberecho.
Esperemos que o tempo axude a esta nova directiva e poidan desenvolver estas actividades con todo éxito. Nos estaremos alí para facer unha reportaxe e, de paso, probar as nosas sardiñas en todas as preparacións. Despois daremos o veredicto de cal foi a preparación que máis nos gustou. Desde camarinas.eu animamos a todos os nosos usuarios e lectores a que acudan a esta orixinal "Primeira Festa da Sardiña".
Pulsa na foto para ver o resto de actividades que a Asociación de Empresarios ten previsto organizar para este Verán 2008.
Actividades da A.E.P.T. de Camariñas para este verán 2008
- Primeira Festa da Sardiña: 5 de Xullo
- O barco Chasula pola Ría: Este barco fará varias rutas pola Ría de Camariñas. Unha das principales será entre Camariñas e Muxía.
- Colaboración coa Feira do Encaixe: A Asociación de Empresarios terá unha especial colaboración co encontro de palilleiras que organizará o Concello de Camariñas entre os días 8, 9 e 10 de agosto.
- Festa do Berberecho: A Asociación de Empresarios organiza outra festa gastronómica máis, esta vez adicada ao berberecho e está prevista para o día 16 de agosto.
- Novos sorteos semanais: aínda que xa están en marcha a Asociacion de Empresarios planea novos concursos para promover o comercio e a hostelería no noso Concello.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.