2.7372262773723 1 1 1 1 1 Rating 2.74 (137 Votes)

250 persoas na Cea do Carmen 2008

 

A comisión de festas na Cea do Carmen 2008
A comisión de festas na Cea do Carmen 2008

 

Estaban os organizadores desta cea moi nerviosos e é que non era para menos. Poucas veces se organizara un evento semellante para financiar as festas máis grandes do Concello de Camariñas. Pero este ano todo é distinto porque a esta idea hai que sumarlle a iniciativa de camarinas.eu de donar todo o diñeiro recaudado en publicidade á comisión de festas. Por iso parece que este ano todos imos de cabeza para organizar as mellores Festas do Carmen posibles. Pulsa na foto para ver un video e unha ampla galería con máis de 100 fotos do evento.

Unha boa iniciativa para as Festas do Carmen

A cena baile comezou pasadas as 9 e media da noite e discorreu nun clima de festa e ledicia ata pasadas as 3 da mañán onde aínda se podían ver aos últimos mohicanos pegándolle o bailoteo postrero. O Grupo Latinos, composto por catro viejas glorias da música pachanguera, fixo que a xente non poidera parar de bailar. Os meneos cadenciosos que alí se viron hipnotizaron a un redactor que non volveu a ser o mesmo no que restaba de noite.

Decíamos que os membros da comisión andaban nerviosos, porque como ben sabemos en camarinas.eu, non é fácil organizar e ter todo ben disposto e amarrado nunha cea deste tipo. Sobre todo na de onte na que se achegaron ata o pavillón municipal unhas 250 persoas con gañas de tomar un bo piscolabis e pasalo ben. O menú, elaborado polo Restaurante Villa de Oro, estaba composto de merluza rebozada con ensalada e carne asada con guarnición. Despois viñeron o postre e os cafés. Ademáis no lateral do pavillón estaba o bar da comisión para todos aqueles que quixeran tomar os consabidos chiquitos e cubatas de rigor, practicamente obligatorios nunha cita deste tipo alo menos para o sector masculino da población.

Despois da comida sorteouse unha pintura ao óleo cedida por Albito Diéguez e unha foto do Faro de Camariñas donada por Diego Alonso Freire. Non hubo máis donacións. Unha vez sorteadas ámbalas donacións, prosegueu a festa ao son da veterena e xa de por sí autoxubilada orquesta Latinos. Bueno, desde camarinas.eu sólo queda felicitar á comisión das festas do carmen por esta iniciativa. Norabóa.

{multithumbs}

Comentarios   

manitas
0 # manitas 18/05/2008 18:47
a festa estuvo cojonuda e os da comision portaronse como ten que ser un autentica comision,como di Diego a festa foi grande e larga,solo chamoume un pouco que non oubera mais xente de camariñas,porqu e una festa como e a do carmen debiamos colaborar un pouco mais,que non se enfade nadie que unha opinion personal.
Responder | Denunciar ante o administrador
O SOCO
0 # O SOCO 18/05/2008 19:20
Noraboa os da comision por esta iniciativa, noraboa a Diego por elaborar esta notisia despois da enchenta de onte.... jajajajja. noraboa a Albito e outravez a Diego polas suas donacions. (lastima que non colaborase mais xente) e noraboa a todos os participantes deste acto, que me dades una envidia que me corroe, espesialmente vendo as fotos de "los mio cochinos" LUIS e NEL enchendose como porquiños. Eu de jrande quero ser como eles.
Responder | Denunciar ante o administrador
Pion
0 # Pion 18/05/2008 19:27
hola a todos,queria darlle a miña enorabuena os da comision,que sigan asi que seguron que van a faser unha festa muy boa,e tamen darlle as grasias a albito e como non a diego por colaborar "que embidia mimadre"pero sana eh, un bico para todos
Responder | Denunciar ante o administrador
PIRUCA
0 # PIRUCA 18/05/2008 20:08
FELICITAR A COMISIÓN DE FESTAS POR ESA INICIATIVA E TAMÉN A DIEGO E A ALBITO POLAS DONACIÓNS E POR TODO,SODES SOLOS,JAJA.
QUE ALEGRÍA ME DOU VER A PARTE DA MIÑA FAMILIA,MIÑA TÍA SUSA,TÍO NEL,TÍA ROSA,TÍO LUIS,DEBOROCHA, LAUROBA,O ROSKI,DESI,CRIS ,JABA,GABI,ANIL LA,TONO,EN FIN, A TODOS.DA GUSTO VER A TANTA XENTE DO POBO XUNTA.
Responder | Denunciar ante o administrador
pepe rey
0 # pepe rey 18/05/2008 20:16
Hola camariñans menuda en chenta puxestedes faxedes majas en enoraboa patodos da comision e que fajan boa festa an que eu non estarei por eses mares que todos o pasen ben casua familia e amigos,chau
TERNEUZA(HOLANANDA)
Responder | Denunciar ante o administrador
BIRROTE
0 # BIRROTE 18/05/2008 20:25
noraboa os da comision a ver si seguides facendo as cousas asi de ben e sobre todo a xente do pobo que sexa unida para ter unhas grandes festas
Responder | Denunciar ante o administrador
pepe rey
0 # pepe rey 18/05/2008 20:27
Boas nuites a todos quero darlle a miña enoraboa a esa comision de festas por faser esa en chenta e que todos eses comensales o pasaran ben astas tantas da madrugada,pafas er esa digestion,fased es majas comision espero que teñades unha festa mui boa e que todos o pasedes ben en compañia de toda a faqmilia,chau

Terneuza(Holanda)
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # festarubiasexy 18/05/2008 23:06
darlle a miña enoraboa as comision de festas do carme si señor xente noba sefa e os pedros fuerteventura
Responder | Denunciar ante o administrador
JABA
0 # JABA 19/05/2008 16:31
¡¡¡SON OS MASIMOOOOS!!!a comision deste ano, trae consijo aires frescos,ideas ,iniciativas,ja nas de facer unhas boas festas;pero sin a colaboracion da xente d pueblo, pouco se pode faser,asike hai ke arrimar o lombo e colaborar kon todos eles.A cena,todo un exito,decir kizais,ke fomos moitos,pero pudemos ser mais,esta na mans de todos nos facer este ano unhas festas INOLVIDABLES.GR ASIAS A TODO O EKIPO K FORMAN PARTE NA COMISION.UN SALUDO.
Responder | Denunciar ante o administrador
cristinita
0 # Vivan os camariñans!!!cristinita 19/05/2008 21:28
Que alegria ver a un pueblo unido por unha tradicion como o e a nosa festiña do CARMEN!!!ken me dera haber podido ir,vese k o estan pasando ben,COMO UNHA GRAN FAMILIA.Felicid ades a comision de festas.
Responder | Denunciar ante o administrador
santabaia
0 # Envidia sanasantabaia 19/05/2008 23:08
A verdade e que me dades moita envexa,pero claro esta,non faredes mais sen a miña presenza.bicos CARMIÑA
Responder | Denunciar ante o administrador